O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

sábado, 26 de xuño de 2010

VI mostra de TEaTRo

Para nenos e nenas, para os non tan nenos nin tan nenas, para os maiores, para os chistosos, para os calados, para os alegres, para os inconformistas, para os que aman a tarima, para os que non se atreven a subir a ela, para os que viñeron de lonxe, para os que viñeron aínda de máis lonxe, para as músicas, para as matemáticas, para os tecnolóxicos, pour les françaises, para os lingüistas, para quen filma, para quen sobe e baixa camiñando, para quen atopa taxi, para os taxistas, para as costureiras, para as do catering...

para quen ri e para quen chora, para os clásicos, para as vangardas, para quen se apura, para quen suspira, para os prudentes ao volante, para quen nos dá bos consellos na estrada, para os que din stop accidentes, para as Carapuchiñas, para os lobos, para as rás, para quen desfila, para quen dirixe a quen desfila, para quen comeza a escribir teatro, para os mimos, para as luces, para as sombras, para todas e cada unha das persoas que fixeron posible esta VI Mostra de Teatro. Para María. Para un aniño máis. Para a VII.

Por Ovidio Villar Marcos.

mércores, 9 de xuño de 2010

Nova promoción de Bachareles IES Carlos Casares 2010



Despídese de nos cun ata pronto unha nova promoción de 2º de Bacharelato. Comeza agora unha nova etapa na súa vida na que lles desexamos o mellor. Ata pronto. Ata sempre

Lección de saída (Prof. Carlos Ferreiro)

Por Ovidio Villar Marcos.

Premio Endesa - IES Carlos Casares

A prensa galega recolle a nova do acto de entrega do galardón Endesa - IES Carlos Casares.
Clic no link.

martes, 8 de xuño de 2010

Proxectos TIC 2.0

Recentemente un grupo de profesores e voluntarios do IES Carlos Casares de Viana do Bolo (Ourense), coordinado polo profesor Ovidio Villar, vén de rematar o proxecto TIC que desenvolveron neste curso: "Incorporación do encerado dixital á práctica docente no tratamento das oito competencias básicas da ESO, no Bacharelato e na Formación Profesional". Froito das moitas horas de traballo adicadas ao mesmo, naceron cinco completas actividades para encerado dixital que xa son accesibles dende a aula virtual da nosa web (accede facendo clic aquí)

martes, 1 de xuño de 2010

Que tes pensado facer en xuño?

Para todos os gustos. Desfruta do mes de xuño co IES Carlos Casares de Viana do Bolo (Ourense)



Exposición "VI Concurso de Fotografía Matemática"
IES Carlos Casares
Do 2 ao 30 de xuño, de 09:00 a 20:00 horas, no corredor da Aula Magna Xesús R. Jares

"Fiadeiro - Café Literario"
IES Carlos Casares
9 de xuño, ás 11:00 horas, na Biblioteca do IES

"VI Mostra de Teatro Escolar Viana do Bolo" (ver programa)
Casa da Cultura
Do 14 ao 23 de xuño, de 10;00 a 14:00 horas, xornadas para escolares
17, 21 e 23 de xuño, de 20:00 a 21:30 horas, xornadas para todo o público