O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

mércores, 24 de novembro de 2010

Biodiversidade e Cinema

"Biodiversidade e Cinema". Éste é o título dun interesantísimo certame convocado polo Departamento de Xenética da USC e ao que varios rapaces e rapazas do noso instituto presentaron traballos aos que podedes acceder ao final deste post. Logo de visualizar, entre outros, os filmes "O Oso", "The Cove", "Avatar" e "Erin Brockovich", os diferentes grupos, que comprenden alumnado de 3º de ESO a 1º de Bacharelato, debateron sobre a relación dos filmes co coidado da biodiversidade no noso planeta, chegando a unhas conlclusións que non debedes deixar de ler.
Ler o traballo sobre o filme "Erin Brockovich" (grupo "Os Cromáticos")

Toda a información sobre este fenomenal certame (participantes, premiados, vídeo resume...), a golpe de clic en:
www.biodiversidadeecinema.org

Agardamos unha nova convocatoria!

Por Ovidio Villar

mércores, 17 de novembro de 2010

Rutas científicas por Valencia

Un grupo integrado por alumnado de 1º e 2º de bacharelato e dous dos seus profesores participan durante esta semana nunha Ruta científica pola Comunidade Autónoma de Valencia. Este proxecto, compartido co IES Ramón J. Sender de Fraga (Huesca), está financiado polo Ministerio de Educación e a Xunta de Galicia.


Dende o Choupín seguimos a ruta día a día (actualiza esta entrada).

O día a día, por Luis Fernández López

Rutas científicas, por Andrea Hervella Vicente

Memoria final da actividade

martes, 16 de novembro de 2010

IV Certame de relato curto “A vida éche un conto”

"Outono", Ansemil
Despois de xa tres edicións deste certame quizais poidamos falar xa de consolidación. Sen dúbida se trata dun concurso que cada ano goza de máis popularidade e, por que non dicilo, tamén de máis calidade. Como na pasada edición seguimos a insistir en ampliar a nosa oferta e facer que este certame traspase os muros do Instituto IES Carlos Casares de Viana. É, por iso, que esperamos a túa participación. Si, a túa! Non mires para o lado! Saca o escritor que levas dentro e lánzate a encher cuartillas cibernéticas. Seguro que non sabes do que es capaz. Agardámoste!!!
Bases da convocatoria.

luns, 15 de novembro de 2010

Magosto 2010

Unha vez máis o outono tiznou os rostros dos que compartimos chourizos e bullotes a carón do lume.

Se queres ver as demáis instantáneas só tes que facer clic no seguinte enlace:

álbume MAGOSTO 2010


Fotografías: Ansemil, José Fouz.

venres, 12 de novembro de 2010

III Premio IES Carlos Casares - Fundación Endesa


Ya está convocada la tercera edición del Premio IES Carlos Casares - Fundación Endesa  sobre energías limpias y ahorro energético. Este año el concurso se ha abierto a nuestros vecinos zamoranos y leoneses. El plazo de presentación de los trabajos expira el 10 de mayo de 2011. El premio será entregado el viernes 3 de junio en un acto que tendrá lugar en el Aula Magna Xesús R. Jares de nuestro instituto. Suerte para todos los participantes. Si eres alumno de Bachillerato o de Formación Profesional puedes participar en la tercera edición del Premio IES Carlos Casares - Fundación Endesa y ganar 500 €. Debes hacer una redacción sobre energías limpias y ahorro energético. Consulta las bases. Buena suerte.


Xa está convocada a terceira edición do Premio IES Carlos Casares - Fundación Endesa sobre enerxías limpas e aforro enerxético. Este ano o concurso abriuse ós nosos veciños zamoranos e leoneses. O prazo de presentación dos traballos expira o 10 de maio de 2011. O premio será entregado o venres 3 de xuño nun acto que terá lugar na Aula Magna Xesús R. Jares do noso instituto. Sorte para todos os participantes. Se es alumno de Bacharelato ou de Formación Profesional podes participar na terceira edición do Premio IES Carlos Casares - Fundación Endesa e gañar 500 €. Debes facer unha redacción sobre enerxías limpas e/ou aforro enerxético. Consulta as bases. Boa sorte.



Por José María Pérez