O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 28 de febreiro de 2011

Memoria de entroido

Liliana Carro Estévez, Viana do Bolo. A coordinadora de Equipos de Dinamización da Lingua Galega das comarcas de Verín e Viana organiza unha exposición de fotos recollidas polo alumnado dos centros de ensino. Esta exposición estará no noso centro do 25 de febreiro ao 4 de marzo, data en que se repartirá polos bares de Viana para que todo o mundo poida gozar destas imaxes, memoria do noso pasado, que dan mostra da riqueza cultural do Entroido desta zona.

venres, 25 de febreiro de 2011

Quen vos coñece!

Foto: J. Fouz
Ovidio Villar Marcos, Viana do Bolo. Xa sonan os fulións, dende hai días. Bombos e aixadas enchen o aire de sons. Comezan a aparecer os primeiros disfraces, que preceden a outros moitos que se animarán a desfrutar dunha boa tradición durante os días que van de Xoves de Compadres (onte) ata a queima do Lardeiro e a Lardeira o Martes de Entroido.

xoves, 24 de febreiro de 2011

Primeiro director da Secundaria de Bermejo

Ovidio Villar Marcos, Viana do Bolo. Chámase Arcil Arroyo, e de seguro que lembrades a súa visita a Viana. En breve será nomeado director da Escola Secundaria da Unidade Educativa Timoteo Rondales, de Bermejo (Bolivia). Os nosos parabéns!


Accede á información completa no blog bermejoviana.wordpress.com

martes, 22 de febreiro de 2011

7.11 FM

Departamento de Matemáticas, IES. 7.11 FM no es una emisora de radio.

7.11 FM es la séptima convocatoria, la de 2011, del Certamen de Fotografía Matemática que el Departamento de Matemáticas del IES Carlos Casares convoca desde hace ya siete años. Lee las bases del concurso y ¡anímate a participar!

Sobre esta línea, trabajos premiados en la edición anterior (clic sobre la imagen para ampliar)
1. Se abre la convocatoria para el alumnado de los centros educativos U.E. Timoteo Rondales de Bermejo (Bolivia) e IES Carlos Carares de Viana do Bolo (Ourense).

2. Motivo del concurso: capturar alguna escena que se pueda relacionar con algún concepto matemático.

3. La fecha límite para la entrega de trabajos es el 30 de abril de 2011.

4. Los trabajos, junto con los datos personales, se enviarán a la dirección de correo electrónico ochoupin@gmail.com.

5. Se establecen tres premios: 1º, una cámara fotográfica digital; 2º un marco digital; 3º, una memoria USB.

6. El fallo del jurado, compuesto por miembros del Dpto. de Matemáticas del IES Carlos Casares, así como los trabajos premiados, serán publicados en esta revista digital en la última semana de mayo.

7. La entrega de premios tendrá lugar durante las actividades celebradas con motivo del final del curso.

Modelo de Parlamento Europeo

Sergio García, Clara Ortega e Inés Ortega, Oviedo. O alumnado de 1º de Bacharelato do IES Carlos Casares de Viana do Bolo vén de participar no concurso Modelo Parlamento Europeo. O concurso consiste, nunha primeira fase, en realizar un traballo sobre un dos catro temas propostos: O Paro Xuvenil, a Legalidade da Prostitución, os Organismos Transxénicos e a Igualdade Laboral. Se eres escollido, pasas a seguinte fase: a fase autonómica. No noso caso, esta realizouse en Oviedo (Asturias) durante os días 14, 15 e 16 de febreiro.

Na Sesión Autonómica de Asturias participamos 60 alumnos de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, agrupados, en primeira instancia por delegacións (a nosa, a de Ourense, formada por nós mesmos e por Jairo Muraday, alumno do IES Ramón Menéndez Pidal de A Coruña) compostas por catro alumnos, un con cada tema. Así mesmo, cada un de nós pertencía a unha comisión, composta por 15 alumnos de cada unha das delegacións asistentes. Estas comisións tiñan como principal obxetivo elaborar unha resolución, é dicir, un documento composto por propostas que se poderían realizar para acatar ou reducir o tema correspondente. As resolucións debían estar rematadas o día 15 ás 14h. Ese mesmo día pola tarde, reunímonos toda a delegación coa nosa profesora acompañante, Manuela Enríquez, para ler as resolucións de cada comisión, explicar os puntos dubidosos e, por qué non, ir comezando o debate!

mércores, 16 de febreiro de 2011

Viana - A Coruña, xornada de museos

Miguel Robleda Jiménez, A Coruña. O pasado venres 4 de Febreiro de 2011 o alumnado de 3º e 4º da ESO foi á cidade da Coruña. O alumnado de 4º foi visitar o Museo de Belas Artes, no que se amosaba a pintura de Goya, un excelente pintor. Pola tarde dito alumnado foi visitar o Museo Seoane, no que causou sensación ese elevador vertical. Pola súa banda, o alumnado de 3º foi a ver o “Acuarium Finisterrae”, tamén coñecido como a Casa dos Peixes. A seguinte parada foi a Domus, onde se amosa a cara divertida da ciencia. A última parada foi o Observatorio da Casa das Ciencias, onde se proxectaba un pequeo filme sobre astronomía. Tamén se amosaban xogos relacionados coa ciencia. A visita de 3º foi máis entretida.

sábado, 12 de febreiro de 2011

II Semana da Orientación (resumindo)

Ovidio Villar Marcos, Viana do Bolo. Este vídeo recolle os mellores momentos da II Semana da Orientación no IES Carlos Casares de Viana do Bolo. Para calquera consulta ou dúbida, para refrescar algo do que se dixo ou para falar do teu futuro, non dubides en consultar ao Departamento de Orientación do centro.

xoves, 10 de febreiro de 2011

Clausura da II Semana da Orientación

Ovidio Villar Marcos, Viana do Bolo. A xornada de onte pechou a II Semana da orientación cunha mesa redonda na que se analizaron as diferentes posibilidades do alumnado á hora de tomar unha decisión sobre o seu futuro. Un dos aspectos no que máis incidiron a maioría dos ponentes foi o grao de satisfacción que tal decisión poida garantir o día de mañá. Esta terceira xornada de ponencias, orientada de cara ás familias, foi clausurada polo presidente da ANPA, Pablo Guerra.

"Amigos de Informática" ten tirón

Ovidio Villar Marcos, Viana do Bolo. Este club mola!. Cada vez son máis as persoas que se interesan pola reutilización e reciclaxe de equipos obsoletos. Desta vez foi Pablo Afonso Álvarez, de 4º ESO B (na imaxe), quen pasou a formar parte de "Amigos de Informática", grupo que, xunto aos coordinadores TICD do centro, xestiona os equipos informáticos antigos que hai neste. Na xornada de onte, o grupo seguiu traballando con componentes útiles, conseguindo que comecen a funcionar os primeiros equipos "híbridos", compostos de pezas reutilizadas.

mércores, 9 de febreiro de 2011

Museos Científicos Coruñeses MC²

Brais Seoane, Alejandro Villasante e José Manuel Martínez, A Coruña. O pasado venres 4 de febreiro o alumnado de 3º da ESO do IES Carlos Casares de Viana do Bolo realizou unha viaxe temática á cidade de A Coruña. En primeiro lugar, visitaron o Acuarium Finisterrae, onde puideron ver varios tipos de peixes, focas, e incluso tiveron a oportunidade de falar cun buzo.

Ver máis fotos
A continuación, foron á Domus, onde xantaron e, a continuación, puideron estudar distintos aspectos de anatomía: articulacións, comparación do tamaño de corazóns de diferentes mamíferos...

Finalmente, visitaron a Casa das Ciencias e o seu Planetario, onde aproveitaron para traballar con varios trebellos científicos e ver unha proxección sobre o planeta Terra e o Universo.

martes, 8 de febreiro de 2011

II Semana da Orientación, xornada inaugural

Carlos Ferreiro González, Viana do Bolo. Hoxe luns, 7 de febreiro, foi inaugurada polo noso inspector de área, D. José Luis Vázquez, a II Semana de Orientación do IES Carlos Casares. A quenda desta xeira matinal estaba adicada ao alumnado de Bacharelato, e contamos coa presencia de profesorado das universidades de León, Vigo, Santiago de Compostela e Europea de Madrid. Pola tarde adicamos unhas breves charlas específicas sobre as carreiras de Xornalismo, Fisioterapia e Enxeñería Industrial... A preocupación polas PAU foi un dos indicadores recurrentes, aínda que o profesor Luis Hervella, da USC, tratou de "desmitificar" as probas lembrando que "o índice de aprobados rolda o 90 %".

sábado, 5 de febreiro de 2011

¡"A plena voz"!

Ilda Luaces Torre, Viana do Bolo. ¡"A plena voz"!, o recén nacido blog do Coro de Viana do Bolo e A Gudiña bota a andar. Aínda en construción pero con moitas ganas de encherse de ideas e cantigas; botade unha ollada e colaborade coas vosas opinións, suxestións...


Podes entrar no blog dende este post ou dende o link da sección "NO NOSO IES..."

xoves, 3 de febreiro de 2011

Wiki para estudantes de inglés

Equipo de redacción O Choupín. Para participar nesta nova wiki para estudantes de inglés, non tedes máis que poñervos en contacto con Mercedes Garrido, profesora de inglés no IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

http://wikienglishforspanishstudents.wikispaces.com/

Novo club no IES Carlos Casares

Miguel Robleda Jiménez, Viana do Bolo. O día 3 do mes de Febreiro de 2011 comeza a primeira reunión do club “Amigos de Informática”. Os alumnos-as, voluntarios, que inician son: Breixo Tomé (4º ESO B), Axel Romero (4º ESO B), Miguel Robleda (4º ESO B, e secretario do club) e Inés Ortega (1º BAC).


O traballo realizado neste día é:

1.- Escoller unha aula-obradoiro para realizar as tarefas (xestión co equipo directivo).
2.- Trasladar os equipos a ese aula.
3.- Ver as posibilidades dos equipos obsoletos de partida (16) para tratar de conseguir que funcionen.

martes, 1 de febreiro de 2011

Modelo de Parlamento Europeo

Manuela Enríquez Rodríguez, Viana do Bolo. Tres alumnos de primero de bachillerato viajarán los días 14, 15 y 16 de febrero a Oviedo (Asturias). Los trabajos realizados por Clara Ortega, Inés Ortega y Sergio García les permitirán visitar la Junta General del Principado de Asturias.

Sergio, Inés y Clara (respectivamente de izquierda a derecha en la imagen) actuarán como representantes de la delegación de Ourense en el programa 'Modelo de Parlamento Europeo', que promueve la Fundación San Patricio desde el año 1994. Su objetivo es familiarizar a los jóvenes con el funcionamiento de la Unión Europea y de un parlamento. Los participantes realizaron trabajos sobre temas preestablecidos (“El paro juvenil”, “¿Cómo alcanzar la igualdad laboral real entre hombres y mujeres” y “Productos agrícolas modificados genéticamente”).

Los mejores delegados serán seleccionados para la fase nacional, que se desarrollará en Madrid y que permitirá acceder a la final, en el Parlamento Europeo.

¿Onde estarán... os "chicOS do coro"?

Ilda Luaces Torre, Viana do Bolo. Si, e digo chicOS, ¿por que? A estas alturas de curso, o coro escolar formado no IES Carlos Casares, conta cunha proporción de 1 rapaz fronte a 12 rapazas.  ¿Como é isto...? A conclusión rápida sería pensar que os nenos do centro non teñen un especial gusto por cantar e as nenas si. Pero o tema non é tan simple.  "Cantar é cousa de nenas" é unha afirmación semellante a "Os homes non choran" e "As mulleres non xogan ó fútbol".


¡Rapaces, rompamos con esas fronteiras sen sentido que a sociedade nos impón! ¡Rachémolas! Dentro de cada un de nós hai un cantante, un bailarín, un músic@, un artista, un deportista que está desexando expresarse. Dádelle voz, deixádeo cantar, ¡a música anima o espírito e enche o sentir! ¿Quen dixo que os homes non cantan?, cantan, bailan e soñan, igual que as mulleres, e á vez de distinta maneira. Por iso nos necesitamos os uns ós outros, para enriquecernos cos nosos diferentes modos de facer e ser.