Esta semana tivo lugar no IES Carlos Casares de Viana do Bolo unha reunión de presentación entre o instituto e a Fundación Cipri Gomes,
que leva un tempo desenvolvendo proxectos do máximo intererese para o
futuro de Viana do Bolo. Ciprinao Gomes Esteves, presidente da
Fundación, explicou á secretaria e ao director do centro cales son os
fins e liñas de actuación da entidade. Víronse posibilidades de
colaboración no futuro e analizouse a posibilidade de que exista un
centro de tecnificación deportiva no antigo instituto de Viana, hoxe
utilidado pola Fundación. Moito ánimo, que será moi bo para todas e
todos.
O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
venres, 31 de agosto de 2012
venres, 17 de agosto de 2012
Parabéns do Conselleiro
O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús
Vázquez Abad, vén de dirixirse ao IES Carlos Casares de Viana do Bolo
para felicitar á comunidade educativa por ter resultado finalista no
Premio á Acción Maxistral 2012 pola comunidade de Galicia. A fase final
terá lugar en setembro.
sábado, 4 de agosto de 2012
O IES Carlos Casares finalista no Premio á Acción Maxistral
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)