O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

mércores, 27 de febreiro de 2013

Isto si que é ritmo!

Alba R. - Federico M. | O luns 25 tivo lugar a primeira das dúas sesións adicadas á proxección de documentais para os grupos da ESO. Nesta ocasión tocoulles a 1º e 2º, e o título elexido foi "Esto es ritmo". O vindeiro pase terá lugar o próximo luns 4 de marzo para os alumnos-as de 3º e 4º, e o documental a proxectar será "Comprar, tirar, comprar".

O obxectivo é utilizar este medio como ferramenta para a reflexión e a transmisión dunha serie de valores que pensamos son importantes para nós como persoas e cidadáns. E que mellor forma de coñecer o resultado que escoitar a opinión de Alba Rodríguez de Zugasti, de 2º da ESO: "Creo personalmente que este documental é verdadeiramente interesante, xa que nos transmite valores que debemos adaptar a nós: como a importancia que ten o de ser doutro país, doutra cor, doutra relixión... e sen coñecerse de nada poder compenetrarse de tal maneira que se poida facer un baile fascinante ou simplemente compoñer música. Este documental tamén nos reflicte a vida de rapaces que viven nunha clase baixa, que non teñen motivación para facer nada, e que, a través da danza e esforzándose, poidan convertirse nunha clase de persoas diferentes a que eran antes". Pois escoitando isto, parece que vamos ben encamiñados. Moitas grazas, Alba.

martes, 26 de febreiro de 2013

San Valentín

Ovidio V. | Xa pasou o San Valentín, pero o amor segue no ambiente. Amor no sentido máis amplo da palabra: cariño, afecto, respeto. Levoume uns días ler todas as cartas que rapazas e rapaces escribistes, e que aínda están expostas na entrada do IES, e non poido senón felicitarvos polo marabilloso traballo que fixestes, pola emoción coa que narrades os vosos sentimentos e pola paixón que todas e cada unha das cartas desprenden. Exposición moi recomendable para todo o público.


Cross

A semana pasada un grupo de alumas e alumnos do IES Carlos Casares participou no provincial de Cross en Verín. Logo dunha xornada chea de emoción, o noso alumnado volveu a Viana para compartir anécdotas coa súa aula respectiva. Os nosos parabéns polo derroche de enerxía e boa carreira, e por especial "1º Clasificado Cadete Masculino".

Joely, Iago, Borja, Diego, Juan e Jonathan.

mércores, 20 de febreiro de 2013

Expo Meteoro

Dende a xornada de hoxe e ata o vindeiro un de marzo, permanecerá na entrada do instituto a exposición temporal "Expo Meteoro", cedida polo CEIDA e con contidos sobre climatoloxía. No deixedes de visitala.

Campaña Roadshow Movistar Galicia 2013

Ovidio V. | Na xornada de onte desenvolveuse no IES Carlos Casares unha actividade enmarcada dentro da Campaña Roadshow Movistar Galicia 2013. No salón de actos Xesús R. Jares, o alumnado do primeiro ciclo da ESO tivo a oportunidade de traballar un obradoiro centrado na seguridade en internet, o uso das redes sociais ou a navegación por páxinas de interese xeral. Queremos agradecer a Mª Elena Penelas Álvarez, relatora, a súa presenza no noso centro para o desenvolvemento desta interesante actividade.

venres, 15 de febreiro de 2013

IV Semana da Orientación

A vindeira semana terá lugar no IES Carlos Casares a IV Semana da Orientación, con actividades informativas e talleres tanto para o alumnado como para as famlias. Non faltes!

mércores, 13 de febreiro de 2013

Traballos en EPV

Ovidio V. | Os traballos que o alumnado de ESO vai realizando na área de Educación Plástica e Visual vanse sucedendo nos corredores. Esta semana son os cestos feitos reutilizando xornais os que despiden ás máscaras. Excelentes traballos todos eles.

Mascara representando un demo
Cestos de papel

domingo, 10 de febreiro de 2013

Roteiros literarios

Nuria B. | A verdade é que Celanova é unha vila fermosa, non unha fermosura desas que ves, te olvidas e xa, senón daquelas que cando ves aínda que sexa un minuto te quedas recordando para sempre. A saída a Celanova e Ourense foi moi productiva para ampliar os nosos coñecementos; non soamente aprendemos cousas sobre autores e sobre o libro "A Esmorga" senón tamén cousas curiosas que lle aconteceron ás Burgas cando ocorreu o terremoto de Lisboa; o guía contounos que cando tivo lugar ese terremoto durante uns días deixou de saír auga da fonte, e para estudar o que acontecera nas Burgas viñeron científicos de todos os lugares.


O grupo en Ourense


Pola mañá en Ourense, tivemos o roteiro da Esmorga, un libro do escritor Eduardo Blanco Amor, vivimos o libro e estivemos por todas as zonas nas que se ambientaban os persoaxes. Mentres estabamos no roteiro da Esmorga visitamos un Belén moi grande, con todas as representacións dos pastores, dos nenos, etc., un belén moi detallista na miña opinión. Cando rematamos o roteiro da Esmorga tivemos un tempo libre que aproveitamos para comer e coñecer máis Ourense. Pola tarde fomos a Celanova, onde visitamos a casa dos poetas, ampliamos os nosos coñecementos sobre os poetas "Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro".


Unha biblioteca ben fermosa

En Celanova lemos algúns poemas destes autores, visitamos o mosteiro e o instituto de Celanova, que está dentro do mosteiro, unha parte deste é o instituto, pero non é un instituto calquera, é un instituto como se fora de película, misterioso. O mosteiro de Celanova un lugar precioso, moi ben coidado, peculiar, etc. A todo o mundo que poida,  recoméndolle que pase por Celanova, coñecerá os seus encantos. Nós tivemos a sorte de ir de alí co instituto, unha sorte da que non todos gozan.

Galería completa de imaxes

martes, 5 de febreiro de 2013

Campionato de cross en Ourense

Pablo C. | O alumnado do noso centro participou no campionato de croos celebrado en Ourense o pasado sábado. Damián Anta quedou primeiro, representado ao seu clube o A.D.A.S. Este ano, como novidade, o noso IES participou xunto con outros centros (o colexio Bibei, e centros de Verín) a través de Agrupación Deportiva Monterrey. Do centro asistiron ao evento alumnado de primeiro e segundo curso, quedando clasificada a Agrupación Deportiva Monterrey no terceiro posto, nas categorías cadete feminino e masculino. O alumno Juan Bembibre acudirá ao Campionato galego que se celebrará o vindeiro día 23 deste mes en Guitiriz, e dámoslle todos os nosos parabés. Ánimo, Juan!

O alumnado do Carlos Casares en diferentes momentos da xornada

luns, 4 de febreiro de 2013

Día da Paz 2013

Ovidio V. - José F. | A coordinadora do Equipo de Mediación Escolar do noso IES, Susana Fernández, abriu a mañá cunha reflexión que todas e todos deberiamos facer a diario: a violencia xenera violencia. En palabras do propio Gandhi, ollo por ollo e o mundo quedará cego.

Galería fotográfica completa aquí

No Salón de Actos Xesús R. Jares, que leva o nome do vianés ao que sempre lembramos na conmemoración deste día, estivemos 5º e 6º de Primaria do CEIP Bibei e os catro niveis de ESO do IES Carlos Casares. Ambos centros celebramos conxuntamente esta xornada, sobre o escenario, levando ao público a nosa forma de ver a realidade. Foi unha actividade multiformato, xa que houbo tempo para o teatro, a música e a lectura, en pequenos actos executados marabillosamente polo alumnado dos dous centros.

A paz é un concepto que non debe quedar só sobre o papel. Debe saír á rúa e mergullarse entre a xente de todo o mundo, e a xente facela súa. Non hai máis que ler un xornal ou ver un telediario para saber que nos queda moito camiño por percorrer, aínda que esta mañá realmente demos un bo paso adiante.

venres, 1 de febreiro de 2013

Disfraces

Ovidio V., Pablo C. | Non hai máis que observar a vida do centro estes días para saber que se achegan unhas das datas máis agardadas: o Entroido. Caretas nos corredores, disfraces nas aulas... Desfrutade, que aínda queda o mellor.

O alumnado do Ciclo Formativo de "Atención a persoas en situación de dependencia"