O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 30 de setembro de 2013

Fantástica visita ás Illas Cíes

O. Villar | Na fin de semana do 20 ao 22 de setembro un grupo do IES Carlos Casares visitamos o P.N. Illas Atlánticas, concretamente as illas do Norte e do Medio, no arquipélago de Cíes.


A experiencia de durmir en tenda, os cálidos paseos aos faros, os xogos e o baño na praia, a lectura de poemas ao solpor, a astronomía a ras de ceo ou excepcional ambiente do que desfrutamos permanecen aínda moi vivos nas nosas retinas.



Avaliación inicial de competencias

J. Fouz | Como cada inicio de curso, estanse a realizar as probas de avaliación inicial de competencias: matemática, lingüística, relación co medio, social e cidadá... As imaxes corresponden as probas de competencia TICD, adaptadas aos diferentes cursos, cunha serie de buscas de información na rede e nun diccionario. Cada alumno-a realiza a mesma do curso pasado para ter unha análise da súa evolución. Trátase de avaliar a súa destreza no uso destas ferramentas didácticas e busca de información.


mércores, 25 de setembro de 2013

Premio IES Carlos Casares - Fundación Endesa

Por sexto año se convoca el Premio IES Carlos Casares - Fundación Endesa de redacción científica sobre Energías Limpias y Ahorro Energético. Se adjuntan las bases para consultar las condiciones del Premio, dotado este año con 750€ para el trabajo ganador. Ante cualquier duda puede escribirse a la dirección josemariaperezlopez@edu.xunta.es, del profesor José María Pérez. Mucha suerte a todos los participantes.

xoves, 5 de setembro de 2013

Micromovie solidaria

Comezamos este curso cunha boa nova: a edición final da Micromovie Solidaria realizada no IES Carlos Casares no marco do proxecto Rede de Centros Escolares Solidarios. Parabéns a todo o alumnado voluntario e mediador que participou na súa rodaxe e unha aperta especial a Ramón e Ximena, que compartiron esta experiencia con nós dende o outro lado da cámara.