O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

sábado, 23 de agosto de 2014

Un certame, dúas realidades culturais

Esta mañá reencontrárone na Praza Maior de Viana do Bolo Luis Fernández (Rector do CCEE Reyes Católicos de Bogotá) e Ovidio Villar (Vicedirector do IES Carlos Casares de Viana do Bolo). A excelente relación entre as dúas entidades educativas, promovida a partires da incorporación de Luis Fernández ao centro colombiano hai dous anos, fotaleceuse hoxe un anaco máis logo da entrega dos premios do X Certame Internacional de Fotografía Matemática, obtidos por un alumno e unha alumna do Reyes Católicos.


Este non é o primeiro encontro entre Viana e Bogotá. En xaneiro de 2013, ambos centros sentaban na Aula Xesús R. Jares do IES Carlos Casares as bases para unha relación con futuro.