Tomé e Iago G. | O terceiro día comezou compartindo no almorzo
cos nosos amigos de Cortegana a bica que trouxemos. Hoxe estivemos todo o
día fóra. Pola mañá fomos ao Parque Natural das Dunas de Liencres na
desembocadura do río Pas onde nos explicaron os tipos de dunas que hai e
a vexetación deste ecosistema con exemplos de plantas autóctona,
alóctona, endémica, invasora.
Rematamos a mañá cun paseo pola praia buscando cunchas e mollando os pés.
A seguinte parada foi Santander, no parque que rodea ao Palacio da
Magdalena comimos e vimos un minizoo onde había leóns mariños, focas e
pingüíns e logo fomos ao Museo Marítimos do Cantábrico (MMC), a entrada
do mesmo destacan 2 grandes esqueletos que colgan do teito o dun rorcual
(cetáceo con barbas) e dun cachalote (cetáeo con dentes) e despois
vimos moitas variedades de animais no acuario: tiburóns, raias,
róbalizas, peixes rocha, estrelas de mar de dous tipos (algunha que
estaba rexenerando o seu brazo), coral amarelo, tomate de mar, anémona
sobre un cangrexo ermitán (exemplo de inquilinismo que estudiamos en
clase de Ciencias)...No museo tamén vimos unha peculiar sardiña que tiña
cabezas e un calamar xigante.
De seguido paseamos cara o embarcadoiro a coller o barco que cruzou a bahía xa de noite e nos levou ata Somo onde nos estaba esperando o bus para traernos de regreso ao CEAm.
Na cea tivemos a oportunidade de saborear a paletilla ibérica que viaxou
desde Cortegana para saborear os dous centros como parte do
intercambio. O día rematámolo vendo a película “Entre lobos”. E xa pasou
un día máis...