J. Lamas | O alumnado do ciclo medio de atención a persoas en situación de dependencia vén de elaborar unha serie de materiais orientados á prevención de riscos laborais máis frecuentes entre os e as profesionais do sector.
Utilizando soportes diferentes e complementarios, tralo análise das lesións máis comúns entre este colectivo profesional, elaborouse unha pequena campaña de sensibilización cuxo obxectivo é a prevención e a posta en valor da xeración de contornas de traballo seguras e saudabeis.
O primeiro dos materiais, realizado a través da plataforma prezi, aborda a problemática das posturas repetitivas, un dos máis frecuentes motivos de incapacidade temporal no sector.

Link á presentación
O seguinte material baixo lema “tu salud es lo primero” achéganos unha serie de consellos utís a ter moi en conta no eido da ergonomía e hixiene postural.

Por último achegarémonos a través do spot “se o teu corpo non queres danar, déixate aconsellar” a algúns titoriais de boas prácticas relacionados coas posturas forzadas e a toma de consciencia da aplicación dos principios básicos de mecánica corporal.
Dende o IES Carlos Casares, entendemos a atención e o coidado das persoas en situación de dependencia como un vieiro de ida e volta, no que a saúde do profesional xoga un papel central nesta área da intervención sociosanitaria.