O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 17 de setembro de 2015

Donación de equipos

La ONGD madrileña Alma Cooperación colabora en proyectos de educación y desarrollo en India, Perú, Líbano y España. Esta ONGD, a través de Carlos Rodríguez, ha querido donar cinco ordenadores, 32 monitores y diverso material informático, lo cual nos ha permitido mejorar nuestras instalaciones y servicio educativo. Desde O Choupín queremos agradecer a Carlos y a Alma Cooperación su gesto hacia el IES Carlos Casares.


Ampliación da aula de Informática

Ovidio V. | Inmersos esta semana na presentación dun novo curso, tamén comeza este para a renovada aula de Informática. Dito espazo, que contaba con 18 terminais operativos, pasará a albergar 24 postos individuais, podendo así cubrir de forma máis eficiente as necesidades de todos os cursos.


martes, 15 de setembro de 2015

Premio de Fotografía Matemática

O pasado 9 de setembro, no CCEE Retes Católicos de Bogotá, o noso director, Carlos Ferreiro, entregou, en presenza do Rector Luis Fernández e do Xefe de Dpto. de Matemáticas do centro hispano-colombiano, o lalinense Xosé María Facal, o Premio Especial do Público do XI Concurso Internacional de Fotografía Matemática, convocado polo IES Carlos Casares.


O galardón recaiu no alumno de 2º de Bacharelato Martín Rodrigo González Walter, co traballo titulado "La parábola tranquila". O auditorio contou coa presenza do profesorado do centro e do alumnado de máis idade, e ambos directores salientaron a importancia da difusión e participación nos concursos e eventos culturais a nivel internacional. Na vindeira edición e moi probable que participe tamén o Colegio Distrital de Usaquén-Instituto Pedagógico Nacional, escola de carácter público veciña ao Reyes Católicos.

Este acto coroa unha intensa semana de eventos culturais comúns, que onte incluiu a presentación da novela histórica de Javier Moro, A flor de piel, que narra a epopeia da expedición que a principios do século XIX introduciu en Hispanoamérica a obra vacina da viruela, a través dun grupo de nenos orfos procedentes de Madrid e A Coruña, coidados e guiados por unha galega, Isabel Zendal. Esta obra trataremos de traballala este ano no centro nunha actividade interdisciplinar de LIteratura Castelá e Bioloxía.

luns, 14 de setembro de 2015

II Xornadas de Mediación en Bogotá

Os  días 10 e 11 de setembro, Carlos Ferreiro, como director e representante do IES Carlos Casares, impartiu en Bogotá as II Xornadas de Mediación Xesús R. Jares, acompañado polos profesores María Sánchez e Rubén Pajares, do CCEE Reyes Católicos da capital colombiana.


Para o noso centro foi unha honra estar representados neste curso e ter a ocasión de levar á Mediación a alumnado dos colexios públicos bogotanos Divino Maestro, Agustín Fernández e Unión Colombia, que se atopan enclavados nunha área moi desfavorecida da zona norte da cidade.


Merece especial mención, o feito de que as sesións se impartiron na Fundación Amiguitos Royal, unha entidade que coida e protexe a nais embarazadas e menores en risco de desnutrición. Na Fundación puidemos ver como un grupo de profesionais, dirixidos por María del Pilar Gómez, adicaban as mellores atencións, sorrisos e coidados a estes rapaces.


Non quero pasar sen agradecer a Pilar o trato exquisito e agarimoso, e a Luis Fernández, Rector do Reyes Católicos, o noso querido Luis, a ocasión de afrontar esta fermosa tarefa xunto a escolas que deben previr situacións de desamparo e violencia por situacións económicas inxustas e dramáticas. Foi para min, para os que alí estivemos unha experiencia vital impresionante.

domingo, 13 de setembro de 2015

Formación para a mediación escolar

O Director do IES Carlos Casares, Carlos Ferreiro, e o Rector do CCEE Reyes Católicos de Bogotá (Colombia), impartiron o pasado mércores 2 de setembro na Universidad Católica de Colombia, na sede de Bogotá e o luns 7 de setembro na sede da Cooperación Española de Cartagena de Indias, sendas charlas de formación sobre Mediación Escolar, convidados por varias institucións do país andino, como son as citadas, ademáis da UNESCO, da Universidad de Cartagena de Indias, a Fundación Universitaria da Área Andina e a Embajada de España. Esas sesións foron adicadas a alumnado universitario de postgrado, no caso de Bogotá, e a profesorado e directivos e asesores de Primaria e Secundaria na sede caribeña de Cartagena.
Esta actividade impártese de xeito altruista e voluntario por parte do noso centro, e estas II Xornadas son continuación das que a nosa secretaria Susana Fernández ditou en maio tamén en Colombia.

Por outra banda, na pasada semana esta presenza do noso director en Viana completouse coa asistencia e participación en actividades culturais, como a presentación da Semana Cultural de Escritores Españoles, a presentación do libro Donde la Tierra Firme Termina, de Enrique Gomáriz Moraga, o la entrega de Los Premios de Literatura Infantil y Juvenil Barco de Vapor en Colombia.
A nosa actividade en Colombia rematará coa celebración os días 10 e 11 de setembro dun curso de mediadores para alumnado dunha área desfavorecida de Bogotá, patrocinada pola Fundación Amiguitos Royal, que tratará de suxerir métodos de diálogo e resolución pacífica de conflictos nun entorno marcado en moitas ocasións pola violencia social e económica.
Esta a ser pois, unha presenza activa e destacada do noso centro en Colombia, cunha representación que pode ter visos de continuidade.

xoves, 3 de setembro de 2015

Premio TIC á creación audiovisual

Paula, Víctor e Nerea, de 2º de Bacharelato, obtiveron o Premio Especial do Público no certame Explícoche Matemáticas 2.0, que organiza a Fundación Educabarrié e a Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Aquí están así de felices cos seu agasallos.


No seguinte enlace podedes ver o vídeo gañador do premio.

http://mateblog.educabarrie.org/obras/xeometria-na-area/