O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

mércores, 29 de xuño de 2016

Xermolón: Comendo con sentidiño en Viana


Monse Ulloa e Vera García. Dentro de Xermolón, outro dos plans Proxecta nos que participou o noso centro durante este curso 2015-2016 o alumnado da ESO traballou sobre a importancia da alimentación. A continuación amosamos algúns exemplos dos traballos.
Manexaron a roda de alimentos: elaboraron murais en francés, e traballaron coa roda en lingua inglesa para EDI co que se reforzou ademais da parte de ciencias vocabulario nas diferentes linguas.


Realizáronse enquisas sobre hábitos alimenticios e costumes no almorzo, e o alumnado de 1º de ESO desfrutou dun almorzo saudable ou “Healthy Breakfast” en colaboración co departamento de inglés (como xa se informou no Choupín ver).


Aprenderon a extraer información das etiquetas dos alimentos (elaborando gráficos sobre porcentaxe de nutrintes, deseñaron etiquetas para produtos inventados,...).




Reflexionaron sobre os hábitos alimenticios no consumo de produtos da cafetería, os novos superalimentos, a importancia dos legumes na dieta (co galo que o 2016 é o Ano Internacional dos Legumes).
O alumnado de 3º de ESO de Cultura Clásica reflexionou como variou a nutrición desde a época dos romanos.




luns, 27 de xuño de 2016

Visitamos unha central no río Bibei

O pasado 22 de xuño o alumnado de 2º da ESO visitou a Central Hidroeléctrica de San Sebastián, ubicada nun recóndito paraxe do río Bibei. En todo momento arroupados polas explicacións de Álvaro e Ernesto, comprenderon un pouco mellor conceptos como tubería forzada, alternador, turbina ou alivio. A visita incluiu tamén o acceso á presa asociada á central, un tramo augas arriba.


sábado, 25 de xuño de 2016

Galardón no Plan Proxecta

Na mañá deste sábado 25 de xuño, 4 alumnos de 1º de ESO do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, recibiron o Segundo Premio na categoría de Educación Secundaria do Concurso Scratch Galicia Aprendo Programando, enmarcado neste Plan Proxecta da Conselleria de Educación.


Os estudantes Gael Ferreiro, Tania RodrÍguez, Yoel Rodríguez e Alejandro García, dirixidos polo seu titor e profesor de Matemáticas, Juan López, deseñaron un xogo interactivo, a partires de destrezas de programación informática, baseado nun percorrido polo Camiño de Santiago, que concluía, tras superar probas de habilidade, coa chegada á Catedral. O acto de entrega tivo lugar no Auditorio de El Corte Inglés en Santiago e supón un pulo á promoción do uso didáctico das TIC, que o centro vianés leva desenvolvendo nos últimos anos.

Prensa (O Sil)

luns, 20 de xuño de 2016

Salvavidas 2016


V. García y M. Ulloa | Dentro do programa “Salvavidas” do Plan Proxecta no curso 2015-2016 traballouse con alumnado de segundo ciclo de ESO e Bacharelato. Ao longo deste curso os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO recompilaron e espuxeron na clase novas sobre a doazón e transplantes recollidas en diferentes medios de comunicación.

 
O alumnado de 1º de Bacharelato nas materias de Bioloxía e Xeoloxía e Cultura Científica ademais de recoller e comentar novas tamén realizou e espuxo diferentes traballos sobre: tipos de transplantes, pasos que “segue” un órganos desde que hai posibilidades de doalo ata a súa recepción, España e como exemplo da xestión de doazón e transplantes a través da ONT. 

 
 
Este alumnado tamén desenvolveu un debate con dúas posturas enfrontadas ante a doazón, esta actividade resultou interesante porque algúns tiveron que defender posicións coas que non estaban de acordo.
Debido a problemas de axenda este ano non tivemos a oportunidade de ter a charla sobre doazón que como todos os anos veñen darnos, esperamos que no vindeiro curso poidamos escoitar en primeira persoa testemuñas dun transplantado e de como funciona e se coordinan en Galicia as doazóns e transplantes de órganos.

luns, 13 de xuño de 2016

Programando

Aquí podemos ver aos alumnos de 1º ESO traballando no proxecto “Programando en Viana!” coa ferramenta Scratch (https://scratch.mit.edu).








 
Nas seguintes ligazóns podes ver (e xogar!) aos dous proxectos que presentaron para o concurso “Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch" organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, CPETIG (http://aprendoprogramando.cpetig.org/presentacion/), baixo a temática “O Camiño de Santiago”:
Desexámoslles a todos e todas... BOA SORTE PARA O CONCURSO !!!

domingo, 12 de xuño de 2016

Contra o cancro de ovario

Hoxe 12 de xuño celebrouse en Viana do Bolo a Carreira Solidaria contra o cancro de ovario. Preto de 60 participantes deron a volta ao Cabo da Vila por unha boa causa, recadar fondos para loitar contra esta silenciosa enfermidade. Organizou Concello de Viana, colaborou IES Carlos Casares.


xoves, 9 de xuño de 2016

Nova promoción no ciclo de APSD

Hoxe gradúase unha nova promoción do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia. En total, seis alumnas que rematan os seus estudos, formadas para a súa incorporación inmediata ao mercado laboral. Sorte!


Excursión al colegio Bibei

A. Leal | Fuimos al colegio Bibei a montar en la bici y en patinetes y karts. Bajamos en bici por la calle San Roque hasta llegar al colegio Bibei. Entramos por la puerta de atrás, al llegar allí aparcamos las bicis y nos mandaron ir con los patines, y luego fuimos a las distintas actividades (circuito en bici, circuito en patines, circuito en karts, primeros auxilios, también aprendimos a vivir la realidad que a los trabajadores de emergencias le pasa con los heridos.Y montamos en la moto y el coche de la Guardía Civil y también en el camión de los Bomberos.


Cuando acabamos nos dieron una merienda con frutas y pastelitos. Estuvimos charlando los de 1º ESO con los de 6 º de Vilariño de Conso y del Bibei.

martes, 7 de xuño de 2016

Medindo

O alumnado de Matemáticas I de 1º de Bacharelato está esta mañá medindo os abetos que dan sombra á zona de porche traseira do noso instituto. Grazas á construción dun teodolito vertical, e sen máis que lapis e papel, miden a altura destas árbores de dúas formas diferentes: accedendo ao pé das mesmas e supoñendo que o acceso a tal punto é imposible. Unha actividade esencial de medición básica utilizando a trigonometría vista na aula.


Grazas, María!

A semana pasada xuntámonos para celebrar a merecida xubilación da nosa compañeira María, logo de tantos anos no centro. Desexámoslle o mellor nesta nova etapa e agradecémoslle o seu traballo cun pequeno cariño con sabor a Viana.


luns, 6 de xuño de 2016

Shakespeare in love


Un gran día para unha gran titora

M. Ulloa | Esta “gran amiga” quere homenaxear a unha gran titora Uxía Bermúdez que leva tres anos apoiando, sendo unha pesada, preocupándose (ás veces case tanto ou máis que eles mesmos) e defendendo sempre aos “seus nenos”. Para que todos teñamos un recordo deste gran día e das súas palabras: “Ya que lejos de mí vas a estar, guardar, niños, un gentil pensamiento a la que un día os quiso contar un cuento”.


Healthy breakfast

O pasado luns día 30 de maio, dentro do plan proxecta Xermolón, preparamos un “healthy breakfast” (almorzo saudable) en 1 ESO na hora de inglés. Primeiro fixemos un repaso á roda dos alimentos e, despois de comprobar que todos sabían en inglés os nomes do que ían comer… a almorzar todos! Zume de laranxa recén exprimido, fresas, kiwis, plátanos, peladillos, cacao, pan, queixo e peituga de pavo son os ingredientes que escollemos para este almorzo saudable.



Porque pincha aquí...

Vídeo de Órdago a los políticos. + Investigación contra o cancro de ovarios. Alumnado do IES "invitan" aos líderes políticos a apoiar esta campaña.
Porque queremos unha escola implicada nos temas sociais. No nos conformamos, queremos darlle voz a este cáncer silencioso.
Nós estamos unidos. Ahora tócavos a vós
Colabora con nós cun minivídeo de 5 sg. Porque pincha aquí!

Esta é a versión 4, con recoñecidos líderes políticos que se sumaron xa...

Vídeos de Ciclo Tecnic@s de atención a personas en situación de dependencia


Carreira solidaria


mércores, 1 de xuño de 2016