Onte, 9 de xullo, almorzabamos coa feliz noticia da elección por parte da RAG da figura de Carlos Casares para o próximo Día das Letras Galegas 2017.
Para o noso Instituto ábrese, pois, un reto á hora de celebrar e recoñecer a importancia da súa figura, e dalgún xeito, reivindicala, e compensar o agravio que sufrira por parte das autoridades locais durante a ditadura franquista. Será unha labor de toda a comunidade educativa, non só dun pequeno grupo de profesorado ou alumnado, e, dalgún xeito, Viana do Bolo, deberá ser protagonista especial destes eventos. Noraboa a súa familia e a Fundación Carlos Casares, e dende xa, contan con nós para facer máis grande o vindeiro Día das Letras.
O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
domingo, 10 de xullo de 2016
mércores, 6 de xullo de 2016
Dúas imaxes, dúas miradas matemáticas
Vén de fallarse o Certame Internacional de Fotografía Matemática IES Carlos Casares. O Xurado do certame declarou gañador do Primeiro premio a Gael Ferreiro, do IES Carlos Casares, polo seu traballo "Circunferencias infinitas con unión en cruz".
Pola súa parte, os internautas votaron o traballo "Curvas en la noche", de Martín González, do CCEE Reyes Católicos de Bogotá, outorgándolle o Premio Especial do Público.
Circunferencias infinitas con unión en cruz |
Pola súa parte, os internautas votaron o traballo "Curvas en la noche", de Martín González, do CCEE Reyes Católicos de Bogotá, outorgándolle o Premio Especial do Público.
Curvas en la noche |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)