O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
luns, 28 de novembro de 2016
Impresoras 3D
Acabamos de probar o este kit de impresión 3D recén chegado ao centro. En breve estará operativo para construir modelos de aplicación na aula. A impresión tridimensional ofrece múltiples posibilidades: figuras xeométricas, ortopedia, mapas de relevo...
Obradoiros de xénero
Sara estivo con nós de novo para achegarnos á prevención da violencia de xénero... Nas imaxes aparecen as actividades programadas para a ESO en colaboración co CIM Viana do Bolo...
Non á violencia, ti decices o cambio
Acaban de editalos rapazas e rapaces de 4º da ESO coa súa profesora de galego...
Entregadas as mochilas viaxeiras
Acaban de recibilas alumnas e alumnos de 1º de ESO. Nelas van libros, filmes... e algunha que outra sorpresiña...
Montaxe de robots
A Consellería acaba de enviar varios kits de robótica aos centros. O modelo de robot enviado ten tres posibilidades de montaxe, manéxase co móbil mediante bluetooth e grazas a un software específico é posible programalo para realizar diferentes accións. Na imaxe aparecen José Fouz e Ovidio Villar, profesores de Educación Plástica e Matemáticas no IES Carlos Casares, que están a realizar no Barco de Valdeorras un curso de formación específico para esta actividade, e en breve a poñerán en práctica co alumnado nas aulas.
venres, 25 de novembro de 2016
25 N
Hoxe foi un día para lembrar a todas aquelas vítimas da violencia de xénero, para non baixar a garda e para ver que todos e todas estamos unidos para conseguir o mesmo obxectivo: nin unha menos, hoxe e sempre.
mércores, 23 de novembro de 2016
Noticias revoltas
Ovidio V. | Durante a xornada de hoxe visitounos María Lobo (AGARESO) para traballar co alumnado de 1º de ESO neste proxecto anual. Hoxe tocaba gravar unha nova inspirada nunhas determinadas imaxes pero cunha voz en off que dera a volta á noticia, intercambiando roles, analizando estereotipos e practicando a empatía. #EpdLAB
Este programa educativo permite ao alumnado traballar en tres liñas importantes: a cooperación entre as persoas como eixo dunha educación en valores, a análise da actualidade e as novas tecnoloxías.
Este programa educativo permite ao alumnado traballar en tres liñas importantes: a cooperación entre as persoas como eixo dunha educación en valores, a análise da actualidade e as novas tecnoloxías.
Roedores
O Concello de Viana do Bolo vén de ofertar de forma gratuíta a obra de teatro "Roedores", con tintes non sexistas e como alegato á igualdade de oportunidades. A aula de 1º de ESO tivo a oportunidade o día 21 de asistir ao teatro na Casa da Cultura de Viana do Bolo.
Cross en Tintores
A pasada semana, o equipo de cross formado por alumnado do CEIP Bibei e
do IES Carlos Casares conseguiu dous prezados trofeos no campionato
provincial de cross en Tintores (Verín, Ourense). Parabéns!
martes, 22 de novembro de 2016
Visita a Galiciencia 2016
Marcos & Gabriel (3ºESO) e Joely, Angel, Adrián, Álvaro & Rubén (1ºBac).
Hoxe 17 de novembro os grupos de 3º de ESO e 1º de bacharelato fomos a
visitar Galiciencia, a maior feira das Ciencias de Galicia, a San Cibrao
das Viñas. De camiño paramos a comer en Allariz. Ao chegar separáronnos
en dous grupos: nun dos grupos os de 3º de ESO e no outro os de 1º de
bacharelato.
Na carpa puidemos ver uns
experimentos que facían alumnos doutros centros. De todos os que había o
que máis nos gustou foi no que se cultivaban microorganismos nuns
recipientes chamados placas Petri que conta con alimento para os
microorganismos, o experimento consistía en poñelas en diversos lugares
do seu instituto e logo observaban o tipo de microorganismos que crecía
en cada unha delas. O experimento estivo moi ben e ademais déronnos unha
placa para facelo na casa ou no noso instituto. Tamén vimos un
experimento dun robot que se poñía nas clases que esquivaba obstáculos e
que se os alumnos falaban moito avisaba ao profesor.
Tamén nos deron unha charla de “As matemáticas na natureza” onde un dos temas tratados foi a lei de Fibonacci e fixemos pompas de xabrón.
No salón de actos do Parque
Tecnolóxico escoitamos outra charla tamén a cerca das matemáticas e a
súa utilidade con exemplos prácticos do mundo que nos rodea. Centráronse
na historia dos números, nas súas crenzas (666, o número do demo), na
historia do xadrez que posúe un gran achegamento ás sucesións
matemáticas, na estatística (co Manuscrito Voynich) e o bonito
achegamento que sucede entre as matemáticas e a música (cun exemplo
visual para observar a forma das ondas que que se xeran cos distintos
xéneros musicais; todo isto provocado nun tubo denominado Tubo de Rubens).
Ao acabar marchamos cunha libreta e dúas piruletas e coa mente chea de cousas e experimentos aprendidos...
Un recordo de Búbal
Para que quede constancia no centro da nosa semana no programa PRUEPA en
Búbal o derradeiro día alí como parte do noso proxecto comezamos a
facer uns murais que rematamos xa ao noso regreso engadíndolle fotos
para que os nosos compañeiros podan ver un anaquiño da nosa experiencia e
nós a lembremos cando pasemos polos corredores.
luns, 21 de novembro de 2016
Viaxeiras
Temos unha maleta viaxeira na biblioteca, cargada de cómics para ti. E temos mochilas viaxeiras para os clubes de lectura... con sorpresa... Valo perder?
luns, 14 de novembro de 2016
venres, 11 de novembro de 2016
venres, 4 de novembro de 2016
Sábado 22: O regreso a casa logo dunha gran experiencia
Cosme, Guille e Raquel. Finalmente o sábado tocou a canción a
mesma hora de sempre, para algúns o despertar foi máis duro, fixemos a
cama para os futuros ocupantes e almorzamos.
Despois de despedírnonos dos nosos novos amigos e compañeiros madrileños e facernos unha foto grupal para o recordo, cargamos as maletas no bus e emprendimos a longa viaxe de once horas que nos esperaba ata Viana. En Burgos paramos para comer e coñecer un pouco do centro da cidade.
Chegamos a Viana ás nove da noite a reunirnos cos nosos familiares despois dunha semana afastados.
Búbal, ...unha gran experiencia.
Despois de despedírnonos dos nosos novos amigos e compañeiros madrileños e facernos unha foto grupal para o recordo, cargamos as maletas no bus e emprendimos a longa viaxe de once horas que nos esperaba ata Viana. En Burgos paramos para comer e coñecer un pouco do centro da cidade.
Chegamos a Viana ás nove da noite a reunirnos cos nosos familiares despois dunha semana afastados.
Búbal, ...unha gran experiencia.
Venres 21: Poñendo nota á nosa semana en Búbal
Hoxe é o ultimo día de tajos en Búbal, segundo os nosos profesores
fixemos un bó traballo durante estas mañás de duros traballos
(xardinería, leña, animais, valados, comedor...). Logo Carmen púxonos
nota ao noso comportamento e aproveitamento da estancia e déronnos boa
nota, e nós tamén fixemos comentarios sobre o que máis nos gustou, o que
cambiariamos,...
Xa pola tarde rematamos o noso proxecto de centro sacando conclusións en grupos e deseñando unhas cartulinas sobre as nosas vivencias neste paraxe a carón dos Pirineos que colocaremos nos corredores do instituto cando lle engadamos algunhas fotos. Antes de tomar a merenda lles contamos algo máis aos nosos compañeiros madrileños sobre os nosos concellos, o Entroido, …
Ao final da tarde tocou escribir dedicatorias nuns petos a compañeiros e profes e que nos quedarán como recordo desta semana. Despois da cea tiñamos festa na igrexa, ainda que non foi moi animada, ata que tocou marchar á cama porque mañá espéranos unha longa viaxe.
Xa pola tarde rematamos o noso proxecto de centro sacando conclusións en grupos e deseñando unhas cartulinas sobre as nosas vivencias neste paraxe a carón dos Pirineos que colocaremos nos corredores do instituto cando lle engadamos algunhas fotos. Antes de tomar a merenda lles contamos algo máis aos nosos compañeiros madrileños sobre os nosos concellos, o Entroido, …
Ao final da tarde tocou escribir dedicatorias nuns petos a compañeiros e profes e que nos quedarán como recordo desta semana. Despois da cea tiñamos festa na igrexa, ainda que non foi moi animada, ata que tocou marchar á cama porque mañá espéranos unha longa viaxe.
xoves, 3 de novembro de 2016
Patinando
J. Fouz. O alumnado de 3º de ESO puido practicar patinaxe sobre pista de xeo artificial o venres pasado. Proposta do Concello de Viana do Bolo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)