O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

martes, 17 de xaneiro de 2017

Vines contra o racismo

A pasada semana contamos de novo coa presnza de María e Roi co alumnado de 1º de ESO, desta volta para crear unha serie de "vines" contra o racismo. Aquí podedes ver algún dos momentos desta sesión...



Preparando o Entroido

Hoxe un grupo de rapazas e rapaces do noso instituto achegáronse ao castelo de Viana para facer soar os bombos, as aixadas e as gadañas. O obxectivo, promocionar o entroido da comarca a través do fulión e os boteiros, veráse conseguido cando este evento, recollido para RTVE, sexa emitido proximamente no programa "Aquí la Tierra".


Jorge Domínguez Couso, responsable da asociación "Fulións Rurais" de Viana do Bolo e membro da Comisión do Entroido 2017 agradeceu ao noso alumnado a súa participación, ao tempo que os animaba a pensar que "sodes o piar das nosas tradicións, tratádeas con sentimento e cariño porque a esencia da nosa cultura é conservala como nos aprenderon os nosos ancestros".


Olimpíada de Biloloxía

Alba. Laura e Irea veñen de participar na Olimpíada de Bioloxía 2017, celebrada na Facultade de Bioloxía da USC (Santiago de Compostela). Ademais de ser unha magnífica experiencia para vindeiros eventos, permitiu a estas tres alumnas de 2º de Bacharelato visitar un laboratorio da Facultade.