O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

domingo, 30 de abril de 2017

Conversa con Xabier Quiroga

O pasado venres visitou o noso centro o autor de, entre outras moitas novelas, "Era por setembro" e "Izan o da saca".


O alumnado dos clubes de lectura do instituto asistiu a unha conversa marabillosa á luz dunha candea prendida durante todo o acto... Quiroga falou das orixes das súas novelas e do que para el é escribir, respondeu ás atinadas preguntas dos seus lectores e lectoras e adicou preto dunha hora a asinar exemplares e a conversar con todos nós. Un encontro literario ameno, un luxo para os sentidos.


luns, 24 de abril de 2017

VIII Semana da Orientación

Estase a celebrar a oitava Semana da Orientación.
Un montón de Universidades e de Centros educativos  están conosco.




A súa claridade de exposición, a xovialidade coa que se  expresan , fai moi agradable informarse de aquelo que  tanto nos interesa

mércores, 19 de abril de 2017

Día da Paz 2017

Recentemente se puido celebrar unha das actividades do Día da Paz no CEIP Bibei, á que foramos convidados e que no seu momento se suspendera pola climatoloxía. Bonita xornada para o noso alumnado de 1º de ESO!


Adiccións II

Hoxe tiveron lugar no IES Carlos Casares dúas interesantes conferencias sobre novas tecnoloxías e substancias perigosas, respectivamente para o 1º e o 2º ciclo da ESO. Agradecemos a Pilar Trabazo a súa presenza, interese e bo facer na continuación dos obradoiros iniciais, que tiveron lugar o pasado mes.


Maquetas de Tecnoloxía

Interesantes reproducións... Tecnoloxía, deseño, orixinalidade e inspiración!













venres, 7 de abril de 2017

Premios Campionato Local de Bádminton

Clasificación 1º ESO

1º Pablo Macía
2º Javier
3º David
4º Mateo

Clasificación do resto do IES

1º Juan Bembibre
2º Yoel
3º Christian
4º Martín

Parabéns!!