Nova sesión do Querote + co alumnado de 3° de ESO. Desta volta tratamos
sobre as prácticas sexuais que conlevan e non conlevan risco de
embarazo.
O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
martes, 17 de abril de 2018
mércores, 11 de abril de 2018
Que ciclo queres estudar en Viana?
Dende o IES Carlos
Casares, desexariamos sondear os intereses que poidan existir na vila
e na bisbarra con respecto á implantación dun novo ciclo medio
modular de formación profesional.
Como sabedes, o ciclo de Atención
á Dependencia, logo de 11 anos, está en vías de agotamento, polo
que nos gustaría contar cunha participación ampla de persoas
interesadas en cursar algún tipo de estudos profesionais. Por agora,
tennos chegado, de xeito informal, certo interese polo ciclo de
Farmacia, pero o que vos pedimos é que a través do enlace seguinte
nos indiquedes, xa de forma oficial, esta ou outras preferencias. O
link estará aberto ate o 30 de abril, xa que se quixesemos tentar a
implantación para o vindeiro curso, o tempo apremia. En todo caso,
e de non ser posible, o voso interese sería unha referencia para o
curso 2019/20.
A vida éche un conto...
Convocado o certame de relato "A vida éche un conto". Aquí podes ver as bases:
https://drive.google.com/file/d/1-_yTn4DpMhFp_aj3-sdseITu0CK8LD_K/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1-_yTn4DpMhFp_aj3-sdseITu0CK8LD_K/view?usp=sharing
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)