O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

martes, 13 de xuño de 2017

Conecta Cultura 2017

Este curso, coa idea de aprender máis sobre o mundo que nos rodea e para saber máis cousas acerca de como vivir nesta aldea global que é o mundo, sumerxímonos nun novo proxecto, ao que lle deron o nome de Conecta Cultura.
Xa só con ese nome podemos ver de que se trata: de aunar, de conectar as diferentes culturas para poder así compartir e aprender uns de outros.
Coa idea de axudarnos a ver o mundo e a como aprender uns dos outros, viñeron Hafdala, Antía e Belén, dende Vigo, en tres sesións diferentes.
Na primeira sesión, o 12 de xaneiro con Antía e Hafdala, aprendemos o que son a multiculturalidade, pluriculturalidade e interculturalidade. Tamén nesta primeira sesión nos explicaron o que é un plan de acollida e por que é importante ter un no centro.
Na segunda sesión, o 26 de xaneiro tamén con Antía e Hafdala, afondamos no plan de acollida, como ten que ser, que fases ten que incluír, cando hai que preparalo... e a importancia de incidir no común, non nas diferenzas. Tamén este día nos falaron de competencias e incompetencias.
Finalmente, a terceira sesión, o 9 de febreiro, na que coñecemos a Belén, que foi a que acompañou a Hafdala esta vez, nos presentaron a guía didáctica que están a elaborar para traballar co alumnado e que trata temas como a acollida, o respecto á diversidade, os dereitos humanos, os refuxiados, etc.
Aproveitando unha desas tres sesións, Hafdala e Belén falaron co alumnado de 1 ESO acerca das migracións, e co alumnado de 4 ESO acerca da situación do Sáhara.
Despois desas visitas iniciamos nós o traballo nas aulas (é este un proxecto a longo prazo que esperamos que nos resulte moi útil) preparando un plan de acollida para alumnado que vén de fóra co que sentamos unhas pautas para que todo o alumnado que se incorpore ao centro dende fóra se sinta querido e non estea illado.
Ademais, para ver como funciona e como se aplica ese plan de acollida, realizamos dous vídeos nos que o puxemos en práctica, aquí os tedes:


Ningún comentario:

Publicar un comentario