O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
venres, 5 de febreiro de 2010
Namorad@s
mércores, 3 de febreiro de 2010
Semana da Orientación
Durante os días 9 e 10 de febreiro terán lugar no IES Carlos Casares de Viana do Bolo (Ourense) unha serie de conferencias todas elas no eido da orientación profesional de cara ao noso alumnado. Universidade? Ciclos formativos? Que me convén máis? Teño dúbidas?Destinatarios: alumnado de ESO e Bacharelato e as súas familias.
Organiza: Dpto. de Orientación
luns, 1 de febreiro de 2010
Ao fío do imposible
O vindeiro venres 12 de febreiro teremos a oportunidade de desfrutar en Viana do Bolo de dúas interesantes conferencias impartidas por Sebastián Álvaro, montañista, escritor e director do coñecido e recoñecido programa "Al filo de lo imposible". Visita a montaña vianesa un escalador de primeira.No IES Carlos Casares ás 11:30 h.: "30 AÑOS DE AL FILO"
Na Casa da Cultura ás 19:00 h.: "GESTIÓN DEL RIESGO: SHAKELTÓN, EL AVENTURERO PERFECTO"
Para desfrutar.
luns, 18 de xaneiro de 2010
Recoñecemento dos clubes de lectura
A Xunta de Galicia vén de outorgar a contía de 800 € ó clube de lectura "O Gato Samuel", do noso centro.
mércores, 13 de xaneiro de 2010
Festival solidario
Vivindo o proxecto Viana - Bermejo.
E todo por solidariedade, todo por xustiza. Grazas a todos e todas, no contexto dunha cidadanía global na que vianeses e bermejeños comparten os mesmos dereitos humanos.
Poucos días antes do Nadal tivo lugar, na Casa de Cultura de Viana do Bolo, e organizado polo Vountariado do IES Carlos Casares de Viana, o II Festival Solidario con Bermejo (Bolivia), en presenza da representante da ONG “Escuelas de la Tierra”, a profesora boliviana Yaneth Rivero Rivero, quen permaneceu en Viana do Bolo durante mes e medio.
Na hora e media de duración do festival, coordinado e presentado polo voluntario do instituto Óscar López Mendaña, a música e o teatro fixeron desfrutar a unha sala chea de veciños e veciñas de Viana, Vilariño e A Veiga. O grupo de teatro, o alumnado de música, os rapaces de PROA, o alumnado de Ciclo Formativo de Atención Sociosanitaria... foron desfilando pola tarima entre os aplausos dos asistentes.
Ao logo do acto, que rematou cun chocolate quente, recaudouse o suficiente para que dous alumnos ou alumnas da UE Timoteo Rondales de Bermejo poidan iniciar estudos na universidade a partir do mes de febreiro. Foron 1000 euros os que se recolleron na furna solidaria e coa venta de rifas. Cincocentos euros son o custo da matrícula e o aloxamento na cidade de Santa Cruz (Bolivia) dun estudiante ao longo dun curso académico. As bolsas son destinadas a alumnado con interese e capacidade que non ten maneira de estudar se non é coas bolsas de “Escuelas de la Tierra”. É unha inversión en solidariedade e futuro, porque cada bolseiro adica tres horas de voluntariado á súa comunidade axudando nos estudos a rapaces e rapazas máis novos.
E todo por solidariedade, todo por xustiza. Grazas a todos e todas, no contexto dunha cidadanía global na que vianeses e bermejeños comparten os mesmos dereitos humanos.
sábado, 12 de decembro de 2009
A nosa nova imaxe
Todo muda. Co tempo precisamos dalgún cambio. E "O Choupín" non é unha excepción. Vimos de estrear nova imaxe e novo enderezo, aínda que o antigo seguirá temporalmente a existir e dende el un link a este. Todas as entradas de outubro de 2009 e posteriores aparecerán xa neste blog. Como acceder ás entradas anteriores a outubro de 2009? Moi sinxelo: na columna da dereita tes links a todas as seccións do antigo blog da revista. Tamén hai outras novidades. Xa dende hai tempo temos novo enderezo electrónico. Lembrámoscho: ochoupin@gmail.com. Para todas as consultas, opinións ou algo que nos queiras contar aquí nos tes.
Tamén agora che ofrecemos a posibilidade de unirte ó noso grupo de seguidores. Observa a columna da dereita e localiza o link para darte de alta. Anímate, que cantos máis "choupíns" sexamos mellor.
Grazas por lernos, por estar aí.
Equipo de redacción Revista Dixital "O Choupín"
xoves, 10 de decembro de 2009
As matemáticas teñen conto?
Departamento de Matemáticas vén de convocar o I Certame de Contos Matemáticos IES Carlos Casares. Para participar nel, escribe un conto baseado nalgún concepto matemático e envíao a ochoupin@gmail.com antes do 15 de xaneiro de 2010. Poderás gañar un fantástico MP4. O fallo do xurado publicarase neste blog.
martes, 17 de novembro de 2009
Proxectos 2.0.
Recentemente o noso instituto, xunto con outros catorce centros de toda Galicia, foi premiado na convocatoria da Xunta de Galicia de axudas a proxectos de investigación, dinamización e innovación educativa das tecnoloxías da información e da comunicación (Proxectos 2.0) para o curso 2009-10. Comeza a nosa andaina.
luns, 16 de novembro de 2009
Intercambio coa República Checa
Era un 17 de outubro. Cinco e media da mañá, pero non importaba, íamos lexos, moi lexos. Primeiro, a Madrid. Dende ahí, avión a Praga, República Checa. E, finalmente, ahí estabamos os doce españois, os tres checos que viñeron a recibirnos e máis o chofer. Felices, exultantes, faltaba pouco. Xa chegabamos... Brno, destino final, esa cidade da cal non sabiamos moi ben nin cómo pronunciar o seu nome. Baixamos do bus. Máis checos, os nosos checos, popularmente chamados recíprocos. Canda un marcha á que sería a súa casa nos vindeiros quince días.
Ó cabo de dous días, todos xuntos de novo no Instituto Checo-Español de Brno-Bystrch. Preséntanos ao grupo de alumnos da sección bilingüe española. Saúdos, primeiras clases e primeiras impresións. E así pasan os días. Rápido, demasiado para o noso gusto. Visitamos cidades eternas, covas escuras e Macdonald's de carreteira. Comemos sen pan nin servilleta, probamos o té, soportamos a Kofola e puxemos a proba o noso nivel de inglés. Bailamos no Rubicón, descansamos no Sherezada, degustamos StaroBrno, e compramos en Vankovka. A nosa anfitriona mostrounos o mellor dela, Praza da Liberdade, Axuntamentos Vello e Novo, Mercado de Legumes, Catedral.O diccionario define a palabra exótico como algo "Extranxeiro, peregrino, raro". A miña definición queda incompleta. Maravilla: "Cousa que se admira, prodixio." Isto xa está mellor. Unha viaxe maravillosamente exótica.
Clara e Inés Ortega (4º ESO B)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

