O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 8 de setembro de 2011

Formación recoñecida pola EOI

IES Carlos Casares, Dirección. O IES Carlos Casares, a través do programa CUALE da Xunta de Galicia, ofrece a posibilidade ao alumnado de Bacharelato, de obter titulación oficial da Escola Oficial de Idiomas, asistindo a 4 horas máis de ingles á semana, en horario de tarde. Este sistema comeza en Viana do Bolo, a partires do inicio do curso 2011-12.

sábado, 27 de agosto de 2011

Talleres estivais

Ovidio Villar. As actividades seguen ao outro lado do Atlántico. Durante este mes de agosto, estanse a desnvolver numerosas actividades na Unidade Educativa Timoteo Rondales, en Bermejo SC (Bolivia), destinadas ao alumnado de secundaria ao abeiro do proxecto educativo que o centro boliviano e o IES Carlos Casares de Viana levan a cabo.

Entre outros, estanse a desenvolver obradoiros de xénero e afectividade. É de vital importancia traballar estes aspectos na procura dun mundo no que todas e todos teñamos as mesmas oportunidades, ao tempo que se reducen problemas sociais coma o maltrato ou a violencia de xénero.

domingo, 14 de agosto de 2011

Última hora dende Bolivia

Os programas de cooperación avanzan a bo ritmo

Podes seguir toda a actualidade do proxecto de cooperación Viana do Bolo - Bermejo nos seus posts. As dúas últimas novas xa están dispoñibles:

Proxecto de bibliotecas

sábado, 6 de agosto de 2011

O galardón que faltaba por entregar

Bermejo recibiu o primeiro premio do 7.11 FM

Os voluntarios e voluntarias do IES Carlos Casares de Viana entregaron o 1º PREMIO do Certame de Fotografía Matemática que convoca anualmente o Departamento de Matemáticas do IES. O profesor Adrián López, fixo entrega do diploma á alumna de Bermejo SC (Bolivia) Adriana Mancilla Frías, polo excelente traballo "Circunferencia con centro en yema".

Adriana Mancilla Frías (Bermejo SC, Bolivia)

No seguinte enlace, podedes ler toda a información sobre esta nova e unha entrevista á propia Adriana. Parabéns!

mércores, 3 de agosto de 2011

Pola mellora da calidade da educación

O IES Carlos Casares de Viana do Bolo vén de ser seleccionado para participar nos plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación para o curso 2011/2012 (Orde do 13 de maio de 2011, DOG do 27).


A finalidade do proxecto elaborado polo instituto vianés é mellorar a lectura, interpretación e análise de datos estatísticos, gráficos e mapas, traballando así, entre outras, a competencia matemática, a lingüística ou a dixital. Para iso, máis da metade do profesorado elaborará unha serie de materiais que serán utilizados, previa avaliación, como  materiais de traballo e apoio na ESO o vindeiro curso.

domingo, 31 de xullo de 2011

25 de Xullo en Bolivia

Interesante xornada a celebrada o pasado 25 de Xullo en Bermejo, na que a nosa escola irmá celebrou o día de Galicia.

Podes ler esta nova completa e seguir outras actividades no blog do Proxecto Viana do Bolo - Bermejo, sen máis que facer clic no seguinte vínculo:

clic aquí

xoves, 21 de xullo de 2011

No paraíso natural Illas Atlánticas

Emotivo e, coma sempre, xenial, o vídeo o que desta volta nos amosa Etela: "A última viaxe xuntos", que non derradeira, lembra a estadía do grupo de 2º de Bacharelato no Parque Nacional das Illas Atlánticas, o pasado mes de xuño.


venres, 15 de xullo de 2011

Cooperación

Dos profesores del IES Carlos Casares, Adrián López y Luis Fernández, una alumna de That´s English de Viana, Ainara Garea y la voluntaria del centro Judith Gamallo viajan esta semana a Bolivia para realizar diferentes acciones de cooperación internacional en la UE Timoteo Rondales de Bermejo. A través del blog Viana-Bermejo se informará de las principales actividades.

Visita á Escola Galega de Consumo

Luis Fernández, Santiago de Compostela. Nos últimos días de clase do mes de xuño, un grupo dee alumnado de PROA, ESO e Bacharelato visitaron a Escola Galega de Consumo (Instituto Galego de Consumo), en Santiago de Compostela.  Visitaron o centro e participaron nun obradoiro de compra por Internet e publicidade, e visitaron o supermercado. A EGC e o IES Carlos Casares de Viana levan nove cursos de relación, grazas aos traballos de educación para o consumo que se realizan no instituto.