O IES Carlos Casares de Viana participou nunha sesión de formación do profesorado dun grupo de traballo sobre convivencia no IES Leliadoura de Ribeira (A Coruña), o pasado luns 16 de abril. Durante dúas horas demos un repaso á senda da convivencia do centro, incidindo nos tres eixos da mediación escolar, o voluntariado e a cooperación internacional e educación para o desenvolvemento.
O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
martes, 17 de abril de 2012
Ecosistemas
José M. Martínez, Andrea Pérez | Esta semana, o alumnado de 4º de PDC do IES Carlos Casares de Viana estivemos a realizar un mural dos ecosistemas terrestres e acuáticos da zona. Recortes de letras do xornal para facer os titulares e debuxos persoais en folios para as imaxes dos animais e plantas de cada ecosistema.
![]() |
| De esquerda a dereita: Andrea, José M., Brais, Roberto, Jonathan e Alex durante a realización do mural |
luns, 16 de abril de 2012
Fotografía Matemática 2012
Ovidio Villar | Onte 15 de abril remataba o prazo para o envío de instantáneas ao certame 12.FM de fotografía matemática convocado polo Departamento de Matemáticas do Carlos Casares. No seguinte enlace poden verse as imaxes que entran a concurso nesta edición do concurso. As votacións para o Premio Especial do Público poderán realizarse a través deste blog, do 23 ao 30 de abril, sen máis que facer clic aquí. O fallo do xurado publicarase nesta mesma revista o 15 de maio. Sorte!domingo, 15 de abril de 2012
Mostra do ensino Galicia 2012
Formación e competencias na nova sociedade. A Coruña.
J. Fouz | As TICs no ensino.
Congreso. Conferencias e obradoiros para profesorado sobre innovación metodolóxica e tecnolóxica no ensino.
Motivación e TICs.
Redes sociais na educación.
Redeiras. Rede social da Conselleria edu.
Integración das TICs na práctica docente.
Obradoiros: 5 a escoller sesión tarde.
J. Fouz | As TICs no ensino.
Congreso. Conferencias e obradoiros para profesorado sobre innovación metodolóxica e tecnolóxica no ensino.
Motivación e TICs.
Redes sociais na educación.
Redeiras. Rede social da Conselleria edu.
Integración das TICs na práctica docente.
Obradoiros: 5 a escoller sesión tarde.
xoves, 12 de abril de 2012
mércores, 11 de abril de 2012
Taller de RCP
Viana, Carlos F. | Nesta mañá do 11 de abril, o alumnado de 3º e 4º de ESO tiveron a ocasión, co gallo do Día Mundial da Saúde, de recibir formación de Reanimación Cardio Pulmonar (RCP) a cargo de Alejandra Cid e Leo, da Cruz Vermella de Verín e A Gudiña, no que é xa unha colaboración habitual de este organismo co noso centro. A sesión tivo unha duración de 2 horas para 3º e unha hora de repaso para 4º, e trata de artellar unha competencia que pode salvar vidas e axudar a consolidar a responsabilidade persoal na Educación para a Saúde. Grazas, polo tanto á Cruz Vermella, que continuará a colaborar con nós, nestas e noutras actividades.
| Un momento da fase práctica |
Entrega dos premios do Campionato de "ra"
Viana, Carlos F. | No primeiro recreo deste 11 de abril, foi entregado o premio á parella campeona do I Torneo de Xogo da Rá do IES Carlos Casares, organizado polo Departamento de Educación Física e enmarcado dentro do Grupo de Traballo pola Coeducación, , do que forman parte varios profesores e profesoras do centro e que trata de fomentar xogos non sexistas e con participación mixta . Entregaron o premio Susana Fernández, Secretaria do centro, e Pablo Cuervo, profesor de EF. OS gañadores foron Iris Martínez e Axel Villasante, de 1º de ESO, que se mostraron intratables durante todo o torneo, sen perder unha soa partida. Noraboa aos gañadores...
| Susana entrega o premio a Axel, e Pablo fai o propio con Iris |
domingo, 1 de abril de 2012
Portugal 2012
José María Pérez | Os alumnos de bacharelato do noso instituto chegaron hoxe sábado de volta da viaxe de fin de curso, na que foron acompañados de Bieito, Carlos e Jose. A cargo de todos nós na estrada estivo Alfonso, que nos acompañou tamén en diversos momentos da saída didáctica. Todos chegamos a casa cansados, pero felices de ter convivido uns días en Portugal e de coñecer mellor este país e as súas xentes.
| Foto de grupo (clic aquí para ver a galería completa) |
Saímos de Viana o mércores á mañá, facendo a nosa primeira parada para visitar Coímbra. Nesta bela cidade puidemos disfrutar das súas facultades, que visitamos, e do ambiente universitario que se respira na beira do Mondego. Despois encamiñámonos a Lisboa, chegando xa de noite á capital e aloxámonos no noso albergue, onde fomos tratados con gran amabilidade desde o principio. A pousada estaba situada en Almada, xusto despois de atravesar a ponte 25 de abril sobre o río Tejo. Unha das cousas que máis nos sorprendeu agradablemente a todos foi poder admirar desde o balcón das habitacións a saída da lúa sobre a desembocadura do río e sobre Lisboa.
venres, 30 de marzo de 2012
Premio Extraordinario de ESO ao vianés Iván Borges
O alumno Iván Borges Rodríguez recibiu hoxe en Santiago de Compostela un premio extraordinario de educación secundaria obligatoria ao esforzó e superación persoal, concedido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. O acto de entrega estivo presidido por Jesús Vázquez, conselleiro de Educación, e Gerardo Conde Roa, alcalde de Santiago de Compostela.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


