O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 16 de maio de 2013

"GAME OVER", le film

Betty | Les élèves de l'I.E.S. CARLOS CASARES  ont réalisé un court-métrage pour participer aux XXVe Rencontres Lycéennes de Vidéo (RLV) à Bagnères-de-Bigorre (France). Notre film a été sélectionné parmi plus de 200 courts-métrages présentés. Dû à la sélection, il a pu être visionné pendant les RLV du 9 au 11 mai pour opter aux prix et mentions spéciales. Malheureusement, on n'a pas eu autant de chance!!! ...mais cela nous donne la possibilité d'envoyer quelques élèves pour une Rencontre Européenne en Italie au mois de juillet. Amusez-vous bien là-bas!!!
 

De todas e todos

"É cousa nosa" é un proxecto que iniciamos no IES Carlos Casares para promover a observación, a reflexión e a actuación nun tema tan importante como é o coidado da nosa contorna.


Vivimos nun mundo tremendamente sucio, así se reflicte nas instantáneas publicadas nun post desta mesma revista o pasado luns. Queremos cambiar? Estamos realmente dispostos e dispostas a cambiar? Ata onde chegaremos? A estas e a outras preguntas deu resposta o noso alumnado a través dun pequeno test, o cal resumimos en estatísticas a continuación. Cabe destacar a resposta positiva e a iniciativa dalgúns grupos en concreto, como pode ser 2º da ESO, que nos  transmite a importancia de ter vontade para resolver unha problemática tan importante para a cidadanía como é o respeto e coidado do medio ambiente. 

Para ver correctamente cada gráfico, fai clic sobre el.

Resultados 1º ESO


Resultados 2º ESO


Resultados 3º ESO


Resultados 4º ESO


Resultados 1º Bacharelato


Resultados 2º Bacharelato


Quen voluntariamente quixo, axudou a limpar o IES e arredores de todo tipo de lixo. A clave é sinxela: tira o menos posible, e unha vez de tiralo, custa o mesmo tiralo no sitio que lle corresponde.

Viaxe a Ourense e Santiago

Luis C. | Os pasados días 7 e 8 de maio, os alumnos de 1º e 2º de ESO fixemos unha saída a Ourense e Santiago. O primeiro día vimos o casco antigo de Ourense, no que queriamos destacar as diferencias entre as rúas de antes e as de agora, as diferencias na construcción, nos materiais... Vimos a Praza Maior cos soportais e a súa utilidade, as Burgas, e xantamos na Alameda despois de pasar pola praza de abastos.

Foto de grupo no xornal El Correo Gallego
Nas cubertas da Catedral (galería completa de imaxes)

Pola tarde chegamos a Santiago e paramos no campus universitario. Fomos paseando e desfrutamos de atraccións das festas da Asunción. Dirixímonos ao albergue, onde durmimos xunto con pelegríns que estaban facendo o Camiño. Pola mañá visitamos as cubertas da Catedral, e a mesma Catedral, despois o Correo Galego, e pola tarde o MUPEGA. Ao redor das 19 h emprendemos a volta e ás 22h estabamos de novo en Viana. Pasámolo ben e aprendemos cousas, todos contentos.

IV ENCONTRO DE ALUMNADO MEDIADOR EN LUGO

Susana F. | A pasada fin de semana tivemos a oportunidade de participar no IV encontro de alumnado mediador na cidade de Lugo organizado no marco do programa municipal “Vivir Xuntos. Convivir”. O Encontro contou coa presenza de alumnado de varios centros da provincia e de un por cada unha das tres provincias restantes (Teis de Vigo, Fisterra e Viana do Bolo). A iniciativa centrada na temática da educación emocional, permitiunos compartir experiencias con alumnado e profesorado de outros centros, así como mellorar a nosa competencia como mediadores e mediadoras.
 
Foto de grupo (clic aquí para ver a galería completa)

mércores, 15 de maio de 2013

luns, 13 de maio de 2013

É cousa nosa

Mira o que nos rodea


Festa da Vendima 2012, Punxeiro


Contenedores na Festa da Vendima para... para que?


Camiñando dende Viana a Mourisca, á beira do camiño


Camiñando dende Viana a Mourisca, non se respeta nin o silencio



Camiñando dende Viana a Mourisca, escombros



No noso propio instituto

No noso IES, unha aula


No noso IES, unha mesa de aula (nin rezando...)


No noso IES, tras do pavillón


No noso IES, tras do pavillón


No noso IES, malgastando pasta de papel
No Salón de Actos, logo dunha actividade

E non foi un grupo illado quen ensuciou, fomos todas e todos

xoves, 9 de maio de 2013

Le 9 Mai, Le Jour De L'Europe: Luxembourg

On doit signaler qu'on ne parle pas seulement le français en France!!! C'est pour cela, que cette année, dans notre établissement, on a dédié le Jour de l'Europe au LUXEMBOURG, un tout petit pays francophone, où l'on parle français aussi!!!


Debemos sinalar que non soamente se fala o francés en Francia. Este ano celebramos o Día de Europa con Luxemburgo, un pequeno país francófono, onde tamén se fala o francés.


mércores, 8 de maio de 2013

Le corps

Betty | Les élèves de Français de 1º E.S.O. apprennent les parties du corps. On utilise le matériel de classe, mais d'une façon différente à la traditionnelle, comme vous pouvez voir sur les photos!!!


Ils obéissent les ordres du professeur et ils doivent toucher les parties du corps qu'on leur demandent. La chanson est une autre activité pour voir s'ils comprennent les parties du corps et savoir suivre les indications de la chanson.

Lipdub

Ovidio V. | O pasado luns pola tarde o centro estaba totalmente transformado. Ninguén era quen parecía nin parecía quen era. E é que realizar un lipdub non é fácil, sobre todo tendo en conta a organización milimétrica coa que hai que contar ao gravar nunha soa toma a acción de cerca de dúas centas persoas. O alumnado de 1º de Bacharelato, coordinado pola profesora de música Ilda Luaces, leva a traballar meses neste fenomenal proxecto que, por outra parte, conseguiu reunir a todo o persoal do IES nunha única actividade. Agardamos ver o resultado final en breve. Parabéns!


Link á noticia no blog de Canto e Expresión Corporal do noso IES