O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 20 de outubro de 2014

As laranxas máis laranxas...

J. Seoane | No IES Carlos Casares de Viana do Bolo, un grupo de rapaces e rapazas de primeiro e segundo de ESO saíu de excursión a Ourense para ver unha obra de teatro: "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas". A obra trataba dun limoeiro que, unha mañá, dera unhas enormes laranxas. A primeira laranxa tocada polo protagonista estoupou, a segunda contoulle un conto a Anxa, e regaloulle un instrumento musical a cada persoa, agás un rapaz que sempre tiña fame, e a quen lle deu un anaco de laranxa para que o comera. Esta obra tiña moitas partes musicais, nas que se combinaban moitos instrumentos diferentes, como o kazoo, o tamboril o bombo ou o acordeón.

No Teatro Principal (imaxe: N. da Cruz)

No autobús foi unha longa viaxe, sobre tres horas ida e volta, e con nós viaxaron alumnos de 1º de ESO do Instituto da Gudiña.

venres, 17 de outubro de 2014

Género y masculinidades para reforzar la equidad de género

InteRed-Galicia está desarollando cursos intensivos de formación en género y masculinidades con estudiantes y el profesorado de los IES de Chapela de Vigo y Carlos Casares de Viana Do Bolo, como parte de su estrategia de reforzamiento de la equidad de género que viene realizando desde el año 2010.

Una de las actividades con 1º de ESO en el IES Carlos Casares

En 2014 estos cursos se dan en marco del proyecto “Redes educativas para la sostenibilidad de la Vida”, subvencionado por la Cooperación galega de la Xunta de Galicia. En 2014 los cursos en estos IES están siendo facilitados por Walberto Tejeda y José Rutilio Delgado, del Equipo de Masculinidades de Centro Bartolomé de Las Casas de El Salvador C.A. y por Paz Cainzos, persona que acompaña permanentemente el trabajo de InteRed en la zona.

Enquisa de actualidade

Na xornada de hoxe, o alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC realizou unha enquisa sobre diferentes  hábitos e condutas relacionadas coa sexualidade.


Desta interesante enquisa, desprenderase información tan relevante como valores de respeto e tolerancia, realidade sobre igualdades (ou desigualdades) de xénero ou prácticas como o sexting, que ben seguro todas e todos queremos eliminar da vida cotiá. Estivo a realizar esta actividade no noso IES Patricia Ruído, da Universidade de Vigo (Ciencias da Educación - Ourense), e a quen moi posiblemente vexamos de novo en Viana.

sábado, 4 de outubro de 2014

O que Abalar uniu...

Hoxe casaron dúas persoas ben queridas pola comunidade educativa de Viana do Bolo. Pepe e Rosa, docentes do IES Carlos Casares e do CEIP Bibei respectivamente, deron un paso no que dende esta revista lles desexamos toda a felicidade do mundo. Parabéns, compis!

venres, 3 de outubro de 2014

Avaliación 0

Ovidio V. | Onte xoves, pola tarde, desenvolveuse no IES Carlos Casares a Avaliación Cero en competencias. A avaliación de 1º de ESO foi compartida cos compañeiros e compañeiras dos centros de primaria de Viana do Bolo, Vilariño de Conso e A Veiga, a quen agradecemos a súa presenza dada a importancia que ten para nós o bo coñecemento do novo alumnado do centro.

Francisca Rodríguez, Directora do CEIP Bibei (segunda pola esquerda), durante unha intervención

As probas, que tiveron lugar a pasada semana, miden o nivel de competencia lingüística, matemática, dixital, social e cidadá e en interacción co mundo físico do alumnado da ESO.

mércores, 1 de outubro de 2014

Moulin Rouge

Uxía F., Joëly F. | O pasado venres 19 de setembro fomos ver un musical chamado Moulin Rouge, interpretado polos alumnos e alumnas do IES Taboada Chivite de Verín. Desfrutamos moito véndoos actuar. Ao finalizar o espectáculo, comemos un snack e regresamos ao instituto.


martes, 30 de setembro de 2014

Voluntariado TIC 2014-15

J. Fouz | Con renovadas ilusións comezan os voluntarios as Abalar TIC o novo curso. Uns con máis experiencia, os de 2 curso; para outros é o primeiro ano no ies Carlos Casares. Son Guillermo, Tomé, Hernán, Cosme, Carlos (titor de apoio TIC dos de 1º de ESO), María, Iago, Rodrigo de 2º de ESO, e Lara, Míriam e Noé de 1º de ESO.

Voluntariato TIC de 1º de ESO

Voluntariado TIC de 2º de ESO

Voluntariado TIC de 3º de ESO

Unha das súas primeiras e moi útiles colaboracións foi o apoio nas probas de competencia dixital realizadas no Centro a todo o alumnado de Secundaria Obrigatoria. Distribución, supervisión e substitución de equipos, resolución de dúbidas ou atrancos coa páxina da aula virtual, ou tests, foron as súas tarefas nestas probas anuais. Colaborarán, tamén este curso, na distribución dos miniportátiles, dado o diferente número alumnado por aula, e a súa rotulación e rexistro, así como en resolver pequenas incidencias TIC de pizarras e portátiles, son, conexións á rede... levando o control das mesmas.

xoves, 18 de setembro de 2014

Apertura do curso escolar 2014-15

O IES Carlos Casares tivo a honra de estar representado, por medio do seu Director, na inauguración oficial do curso escolar 2014-2015, que tivo lugar este martes, 16 de setembro, no CEIP Ben-Cho-Shey, de Pereiro de Aguiar-Ourense, coa presenza das SSMM os Reis.

A Raíña dona Letizia con directores do rural ourensán

No sinxelo acto, o Director do Ben-Cho-Shey, Antón Gómez, fixo unha defensa da importancia da escola pública como garante da equidade e a igualdade de oportunidades, incidindo aínda máis no valor das escolas rurais, como divulgadoras dunha visión amplia e global do mundo. O acto pechouno o rei Felipe VI, que recalcou aspectos como a necesidade dunha educación adaptada á realidade social e da valoración da figura dos docentes como elemento chave na transmisión de valores.

Finalmente o acto pechouse cunha interpretación musical do tema "O son da auga" de Luar na Lubre, a cargo de varios alumnos de primaria de Pereiro de Aguiar e rematou cun pequeno aperitivo no que os monarcas departiron informalmente cos convidados.

luns, 8 de setembro de 2014

Misión cumplida

Paloma Vargas e Juan Manuel Rivero xa recibiron os seus merecidos premios polos traballos fotográficos que presentaron ao X Certame Internacional de Fotografía Matemática, que convoca anualmente o IES Carlos Casares. Luis Fernández, de volta a Bogotá, foi o portador dos diplomas e os agasallos, entregados finalmente polos membros do departamento de Matemáticas do CCEE Reyes Católicos.


Fonte orixinal