O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

domingo, 9 de novembro de 2014

CEAM Viérnoles, día 5

Carlos | A última mañá de estancia no CEAm comezou tendo que facer as maletas e logo de almorzar tivemos dous talleres que dirixiron os profes de Viana e Cortegana. O taller que propuxeron os de Cortegana era un dominó do cambio climático, consistía nun xogo de catástrofes que podían aparecer por culpa do cambio climático e estivemos barallando distintas opcións para diminuír o quecemento global. Acto seguido fixemos un xogo para aprender a que colector debería ir cada material.

O taller que dirixiron Jose e Monse chamábase “Xogo dos cubos solidarios”, repartíronnos en grupos asignándonos un pais (Canadá, Chile, Filipinas e Etiopía), e co material que nos daban (non o mesmo a cada un) tiñamos que facer cubos. Con este xogo se reflictían as distintas oportunidades nos países. Falamos de que é inxusto que unha persoa por nacer en España, Canadá, Alemania teña maior número de oportunidades que outra persoa que nacese en Etiopía ou Filipinas e que non é de todo xusta a frase de “Son o que son por nacer onde nacín”.
Despois disto e da comida tocou a despedida logo de cinco días xuntos cos rapaces e rapazas de Cortegana e a promesa de seguir en contacto a lo menos a través do Whatsapp.

Durante a estancia do CEAm algúns compañeiros nosos fixeron de reporteiros fotográficos e blogeiros, o resultado podédelo ver no seguinte enlace (http://ceamcantabria.blogspot.com.es/)

sábado, 8 de novembro de 2014

II Encontro da Rede de Centros

Ovidio V. | Onte o noso centro participou, en Santiago de Compostela, no II Encontro da Rede de Centros Escolares Solidarios, programa enmarcado no Plan Proxecta e cuio máximo expoñente é a acción do voluntariado a través dos centros educativos. O IES Carlos Casares, como entidade de voluntariado que é, promove neste intre diferentes eidos de axuda e cooperación entre todos os membros da comunidade educativa, especialmente entre o alumnado. Algúns deles son Voluntariado de Biblioteca Escolar, TIC e Aulas Ecolóxicas, Equipo de Mediación Escolar, Voluntariado para Eventos Deportivos e para a Cooperación Internacional a través do Proxecto Viana-Bermejo.


Alumnado voluntario do IES Carlos Casares a caróndo seu stand

Detalle do stand
A xornada foi inaugurada pola Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen posteriormente adicou uns intres a analizar a realidade dos centros nunha conversa máis  informal co profesorado. Logo houbo tempo para coñecer a fondo os diferentes traballos levados a cabo por todos os centros participantes, tanto no curso pasado, co visionado de micromovies ou spots, coma neste curso, grazas á interacción entre alumnado e profesorado procedentes dos distintos puntos da xeografía galega.

Borja, durante a presentación do spot "Faite voluntario, é un agasallo"

Aproveitando a ocasión, presentouse tamén o logotipo da rede, e mesmo se comezaron a planificar algunhas accións a levar a cabo nos centros durante o mes de decembro. A xornada rematou cun exitoso worldcafe para o profesorado e un mercado de troco de obxectos entre rapaces e rapazas participantes.

Sergio, do Equipo de Comunicación do encontro, durante a clausura do mesmo

CEAM Viérnoles, día 4

Hernán, Jorge, Samuel e Zaira | Hoxe xoves fomos a ver o Parque Natural de Saja-Besaya. Caracterizado por ser un bosque mixto caducifolio que ten como árbores principais os carballos máis abundantes na parte máis baixa e faias (cos seus froitos chamados “faiuchos”) abundantes nas partes altas. Na zona do río vimos o bosque de galería composto por abelaira, salgueiros, freixos... Polo camiño atopamos diferentes especies de musgos, liques (algúns son bioindicadores de aire limpo), setas, acivros moi desenvolvidos, había exemplares como árbores nos que as follas máis altas deixaban de ter pinchos e o seu borde era máis liso. Como é un bosque natural os troncos das árbores mortas non se retiran porque serven de hábitat e alimento a outros seres vivos (liques, musgos, escaravello, paxaros carpinteiros...).


Vimos tamén un lugar onde os xabaríns se dan baños de barro e os troncos das árbores onde logo se rascaban para desparasitarse (estaban cheos de barro).
Ao final da subida a pleno sol chegamos aos restos dun pobo abandonado chamado Rozas. Xa na baixada que fixemos un pouco máis rápido algúns estivemos aprendendo a imitar o son dos paxaros coas mans. Pola tarde, tivemos dous talleres: Environmental Impact e unha simulación sobre un posible proxecto de construción dun campo de golf en parte dos terreos do Parque Natural das Dunas de Liencres que fomos a ver onte.


No taller de inglés analizamos as accións do home causantes de impactos e os tipos de impacto segundo a consecuencia (positive or negative) e segundo o alcance (local, regional and global), cunha presentación. Logo por parellas contestamos nos ordenadores unha preguntas e despois todos expuxemos diante do grupo vestidos con chaquetas e fulares mentres nos gravaban (os vídeos están colgados no blog do CEAm (http://ceamcantabria.blogspot.com.es/). No taller de simulación dividíronnos en 4 grupos: construtores, políticos, habitantes da zona e ecoloxistas. Cada un defendeu a súa opinión con argumentos a favor e en contra sobre a construción do campo de golf e logo votamos. Saiu que non. O día rematou coa festa onde primeiro Carlos fixo un monólogo e logo bailamos.


mércores, 5 de novembro de 2014

XV Concurso Hispanoamericano de Ortografía

Miguel A., recollendo un merecido agasallo
Bruno L. | O día 22 de Outubro os alumnos Miguel Angél Meléndez, Diego Oliveira e Bruno López, acompañados polos profesores Carlos e Monse, viaxamos por segunda vez en dúas semanas ao XV Concurso Hispanoamericano de ortografía celebrado en Santiago de Compostela. O noso representante era Miguel Ángel, ao que notamos moi ilusionado e contento por dispoñer da oportunidade de representar ao instituto e facelo o mellor posible. Os seus compañeiros fomos animar ao noso amigo coa ilusión de pasar un gran día e quedar o mellor clasificado posible. E así foi, pasamos un gran día todos xuntos. Tamén quero facer especial mención ao papel desenrolado polos profesores acompañantes, que se portaron xenial en todo momento, facendo a viaxe máis amena e contribuíndo a que fose un día perfecto. O resultado non foi o mellor, esta vez non gañamos, pero a verdade é que había moita xente, a mellor de Galicia e xa por ese feito de estar aí entre os quince mellores de Galicia xa é un trunfo para Miguel e tamén para todos os demáis, incluindo o centro e os compañeiros. Cando o concurso rematou, fomos ao centro onde nos agardaba unha gran sorpresa, pois a nosa ex-profesora de lingua castelá, esperábamos nunha cafetería para tomar un placenteiro chocolate con churros en boa compaña. Por suposto non podían faltar as anécdotas. Diego e eu, mentres o noso compañeiro competía, tiñamos unha hora e propuxémonos chegar ao centro comercial que quedaba a 5km, e fomos por Santiago sin ninguna indicación ca sorte de acertar á primeira!!!

Bruno, Miguel A. e Diego, alumnos de 2º de Bacharelato

Tamén mencionar o ligue de Miguel, que coñeceu a unha rapaza moi simpática e... a ver que pasa!!! En canto aos profesores, comentar a velocidade á que nos levou Monse pola autovía en accións temerarias a 70 km/h e eramos adiantados polos camións!!! E en relación a Carlos, comentar o seu sufrimento polo Deportivo da Coruña e a súa loita por gañar algún partido. En conclusión, un gran día, coa mellor compaña posible!!! Estamos moi agradecidos.

Galería completa de imaxes

xoves, 30 de outubro de 2014

CEAM Viérnoles, día 3

Tomé e Iago G. | O terceiro día comezou compartindo no almorzo cos nosos amigos de Cortegana a bica que trouxemos. Hoxe estivemos todo o día fóra. Pola mañá fomos ao Parque Natural das Dunas de Liencres na desembocadura do río Pas onde nos explicaron os tipos de dunas que hai e a vexetación deste ecosistema con exemplos de plantas autóctona, alóctona, endémica, invasora.

Rematamos a mañá cun paseo pola praia buscando cunchas e mollando os pés.

A seguinte parada foi Santander, no parque que rodea ao Palacio da Magdalena comimos e vimos un minizoo onde había leóns mariños, focas e pingüíns e logo fomos ao Museo Marítimos do Cantábrico (MMC), a entrada do mesmo destacan 2 grandes esqueletos que colgan do teito o dun rorcual (cetáceo con barbas) e dun cachalote (cetáeo con dentes) e despois vimos moitas variedades de animais no acuario: tiburóns, raias, róbalizas, peixes rocha, estrelas de mar de dous tipos (algunha que estaba rexenerando o seu brazo), coral amarelo, tomate de mar, anémona sobre un cangrexo ermitán (exemplo de inquilinismo que estudiamos en clase de Ciencias)...No museo tamén vimos unha peculiar sardiña que tiña cabezas e un calamar xigante.


De seguido paseamos cara o embarcadoiro a coller o barco que cruzou a bahía xa de noite e nos levou ata Somo onde nos estaba esperando o bus para traernos de regreso ao CEAm.


Na cea tivemos a oportunidade de saborear a paletilla ibérica que viaxou desde Cortegana para saborear os dous centros como parte do intercambio. O día rematámolo vendo a película “Entre lobos”. E xa pasou un día máis...

mércores, 29 de outubro de 2014

CEAM Viérnoles, día 2

Alba L. | O noso segundo día en Viérnoles comezou con tres talleres pola mañá: un onde aprendimos a identificar árbores polas súas follas, outro no que descubimos que é un fractal e exemplos que podemos atopar na natureza (unha folerpa de neve, as árbores, o noso sistema circularorio...) e outro onde aprendimos a identificar bioindicadores (macroinvertebrados) para determinar a calidade da auga dun regato que pasa polo CEAm.


Xa pola tarde fomos a ver o museo de Altamira onde nos ensinaron a Neocueva que é unha replica das famosas covas de Altamira que para a súa conservación están pechadas ao público, nela nos ensinaron obxectos que usaban os nosos antepasados, e as pinturas que realizaban no teito das covas (material e técnica empregado, animais representados como bisontes, cabalos...). Despois fomos a Santillana del Mar onde fixemos un Rally fotográfico, un xogo onde había que ir visitando edificios importantes e casa peculiares (con escudo) e logo resolver unhas preguntas; ao rematar deixáronnos un pouco de tempo para ir comprar algún recordo.


Despois de cear tocaba presentar os nosos centros e localidades. Puidemos comprobar que temos algunha cousas en común como a matanza dos cerdos (“guarros” como se chaman na zona de Cortegana) e o feito que o Entroido/Carnaval sexa unha das festas máis importantes. Descubrimos tamén a cantidade de obxectos que se poden fabricar con corcho.

martes, 28 de outubro de 2014

CEAM Viérnoles, día 1

Julia e María | Hoxe medios durmidos partimos de Viana ás 6 da mañá cara a Cantabria a unha convivencia cuns rapaces e rapazas de Huelva. Foi unha viaxe moi longa e ás 12 chegamos ao noso destino, Viérnoles.


Cando chegamos repartimos as habitacións e fixemos as camas (para algún e algunha a primeira vez que a facía), explicáronnos as normas do CEAm (Centro de Educación Ambiental) e fomos a comer. No comedor cada un de nós temos as tarefas repartidas.
Despois de comer fomos a pasear polo monte Dobra onde vimos moitas árbores: carballos, abeleiras, freixos... e plantacións de eucaliptos, xa que Torrelavega (que está ao lado) ten unha papeleira. Amosáronnos tamén 2 típicas casas cántabras: unha casa-cabaña (con rochas sillares e mamposteria, madeira e tellas) e unha casa rica (con rocha de sillares, escudo e solana).


Logo de sacarnos unha foto de grupo ao pé do Eucaliptón (árbore singular protexida que mide máis de 50 m e ten 13 m de perímetro) que se atopa a carón do recinto do CEAm fomos merendar e tivemos tempo libre. Antes de cear Elsa, da fundación Oso Pardo, veu darnos unha interesante charla sobre esta especie que está en perigo de extinción, contounos onde vive, que come, o coidado das cría... e amosounos indicios que se buscan para detectar a súa presenza (pegadas, excrementos, arañazos e mordiscos nas árbores, restos de pelo) e as actividades do home que a perxudican.

Para rematar o día fixemos uns xogos de presentación con música e un bingo para coñecer máis aos novos compañeiros. Logo deste día intenso marchamos a durmir sen protestar.

sábado, 25 de outubro de 2014

CEAM Viérnoles 2014

A próxima semana 25 alumnos e alumnas de 2º da ESO do IES Carlos Casares de Viana acompañados polos profes Jose e Monse imos realizar unha estadía no Centro de Educación Ambiental (CEAM) en Viérnoles (Cantabria).

Serán 5 días ode convivieremos con outros 25 alumnos e alumnas e dous profes do IES San José de Cortegana (Huelva).


Entre as múltiples actividades que nos teñen programadas están: a visita á réplica da cova de Altamira, un rallie fotográfico por Santillana del Mar, rutas polo Monte Dobra, polos Parques Naturais das Dunas de Liencres e do Saja-Besaya e pola bahía de Santander, un paseo en barco a Pedreña/Somo, a visita ao Museo Marítimo do Cantábrico (MMC), talleres de inglés, simulación, folla e árbores, taller do río...

Tamén teremos tempo para xogar, ver cine, presentar o noso centro e a noso entorno e costumes aos nosos compañeiros por unha semana. E a última noite... festa para despedirnos.

Todos os días un grupo de rapaces enviará unha crónica ao Choupín.


That's English!

Esta semana comezou o programa That's English no IES Carlos Casares. Nunha amena presentación na Biblioteca do centro, alumnado e profesorado tiveron ocasión de departir sovre o inicio deste novo curso.