Nesta fin de semana do 5 al 7 de mao, tivo lugar en Guadarrama (Madrid) o
VII Encuentro de Docentes en Educación para el Desarrollo, organizado
pola AECID, baixo a temática "Convivencia Pacífica".
Coa asistencia de
Monse Ulloa, Luis Crende e Carlos Ferreiro, foi unha xornada de
reencontro entre amigos no que se tratararon temáticas das Migracions e
os falsos estereotipos que dificultan a interrelacion entre as persoas.
Impresionante foi o testemuño de Mamadou Día, escritor, activista e
educador senegalés ao transmitirnos a sus odisea para chegar a España
nun caiuco, en busca ducha vida mellor, e tras varios anos, a volta a
sua vila en Senegal para emprender un proyecto de desenvolvemento e
educación para evitar que outros se lancen a unha viaxe arriscada como a
sua. Ao final das xornadas, tamen se anunciou a inminente publicación
de un Cómic didáctico sobre os ODS 2030, tanto para Primaria como para
Secundaria, nos que o centro tivo a honra de participar na elaboración,
de mans do noso director. Novamente agradecemos a AECID e MECD,
personalizados en Pilar Deben, Álvaro Saiz, a confianza en nos, e
estendemos o cariño a Susana e Noelia polo bo trato que sempre nos
dispensan.
O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
luns, 8 de maio de 2017
Inauguración do Ano Casares
A inauguración oficial do Ano Casares será este xoves 11 a aula Xesús R. Jares do noso IES, ás 11 da mañá e co seguinte programa:
martes, 2 de maio de 2017
Premio no Ano Casares
Desbordados e agradecidos pola ampla participación, INFORMAMOS que o
fallo do xurado do Concurso de Relatos "A vida éche un conto" do IES
Carlos Casares farase público o vindeiro xoves 11 de maio no Acto
Inaugural do Ano Casares. A partir de aí, porémonos en contacto cos
gañadores e finalistas, para a entrega de Premios que terá lugar nos
Actos de Clausura, o venres 19 de maio na Aula Magna Xesús R. Jares do
noso centro.
domingo, 30 de abril de 2017
Conversa con Xabier Quiroga
O pasado venres visitou o noso centro o autor de, entre outras moitas novelas, "Era por setembro" e "Izan o da saca".
O alumnado dos clubes de lectura do instituto asistiu a unha conversa marabillosa á luz dunha candea prendida durante todo o acto... Quiroga falou das orixes das súas novelas e do que para el é escribir, respondeu ás atinadas preguntas dos seus lectores e lectoras e adicou preto dunha hora a asinar exemplares e a conversar con todos nós. Un encontro literario ameno, un luxo para os sentidos.
O alumnado dos clubes de lectura do instituto asistiu a unha conversa marabillosa á luz dunha candea prendida durante todo o acto... Quiroga falou das orixes das súas novelas e do que para el é escribir, respondeu ás atinadas preguntas dos seus lectores e lectoras e adicou preto dunha hora a asinar exemplares e a conversar con todos nós. Un encontro literario ameno, un luxo para os sentidos.
luns, 24 de abril de 2017
VIII Semana da Orientación
Estase a celebrar a oitava Semana da Orientación.
Un montón de Universidades e de Centros educativos están conosco.
A súa claridade de exposición, a xovialidade coa que se expresan , fai moi agradable informarse de aquelo que tanto nos interesa
mércores, 19 de abril de 2017
Día da Paz 2017
Recentemente se puido celebrar unha das actividades do Día da Paz no CEIP Bibei, á que foramos convidados e que no seu momento se suspendera pola climatoloxía. Bonita xornada para o noso alumnado de 1º de ESO!
Adiccións II
Hoxe tiveron lugar no IES Carlos Casares dúas interesantes conferencias sobre novas tecnoloxías e substancias perigosas, respectivamente para o 1º e o 2º ciclo da ESO. Agradecemos a Pilar Trabazo a súa presenza, interese e bo facer na continuación dos obradoiros iniciais, que tiveron lugar o pasado mes.
venres, 7 de abril de 2017
Premios Campionato Local de Bádminton
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















