Coloca os dedos en posición (fai click no vínculo e fíxate que cada dedo ten asociadas determinadas teclas segundo a cor) e teclea as letras que van saíndo.
Non mires aos dedos!
Por Ovidio Villar Marcos.
O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
martes, 6 de xullo de 2010
sábado, 26 de xuño de 2010
VI mostra de TEaTRo
Para nenos e nenas, para os non tan nenos nin tan nenas, para os maiores, para os chistosos, para os calados, para os alegres, para os inconformistas, para os que aman a tarima, para os que non se atreven a subir a ela, para os que viñeron de lonxe, para os que viñeron aínda de máis lonxe, para as músicas, para as matemáticas, para os tecnolóxicos, pour les françaises, para os lingüistas, para quen filma, para quen sobe e baixa camiñando, para quen atopa taxi, para os taxistas, para as costureiras, para as do catering...
para quen ri e para quen chora, para os clásicos, para as vangardas, para quen se apura, para quen suspira, para os prudentes ao volante, para quen nos dá bos consellos na estrada, para os que din stop accidentes, para as Carapuchiñas, para os lobos, para as rás, para quen desfila, para quen dirixe a quen desfila, para quen comeza a escribir teatro, para os mimos, para as luces, para as sombras, para todas e cada unha das persoas que fixeron posible esta VI Mostra de Teatro. Para María. Para un aniño máis. Para a VII.
Por Ovidio Villar Marcos.
Por Ovidio Villar Marcos.
mércores, 9 de xuño de 2010
Nova promoción de Bachareles IES Carlos Casares 2010
Despídese de nos cun ata pronto unha nova promoción de 2º de Bacharelato. Comeza agora unha nova etapa na súa vida na que lles desexamos o mellor. Ata pronto. Ata sempre
Lección de saída (Prof. Carlos Ferreiro)
Por Ovidio Villar Marcos.
Premio Endesa - IES Carlos Casares
A prensa galega recolle a nova do acto de entrega do galardón Endesa - IES Carlos Casares.
Clic no link.
Clic no link.
martes, 8 de xuño de 2010
Proxectos TIC 2.0

martes, 1 de xuño de 2010
Que tes pensado facer en xuño?
Para todos os gustos. Desfruta do mes de xuño co IES Carlos Casares de Viana do Bolo (Ourense)
"Fiadeiro - Café Literario"
IES Carlos Casares
9 de xuño, ás 11:00 horas, na Biblioteca do IES
"VI Mostra de Teatro Escolar Viana do Bolo" (ver programa)
17, 21 e 23 de xuño, de 20:00 a 21:30 horas, xornadas para todo o público
IES Carlos Casares
Do 2 ao 30 de xuño, de 09:00 a 20:00 horas, no corredor da Aula Magna Xesús R. Jares
IES Carlos Casares
9 de xuño, ás 11:00 horas, na Biblioteca do IES
"VI Mostra de Teatro Escolar Viana do Bolo" (ver programa)
Casa da Cultura
Do 14 ao 23 de xuño, de 10;00 a 14:00 horas, xornadas para escolares17, 21 e 23 de xuño, de 20:00 a 21:30 horas, xornadas para todo o público
sábado, 29 de maio de 2010
Fallado o VI Concurso de Fotografía Matemática
O xurado do VI Concurso de Fotografía Matemática, composto polos membros do Departamento de Matemáticas do IES Carlos Casares de Viana do Bolo (Ourense), decidiron outorgar os galardóns aos seguintes participantes:
Estas e máis fotos estarán expostas no IES a semana que vén e ata fin de curso. Grazas a todos os participantes, pois facedes deste certame unha cita ineludible coa fotografia e coas matemáticas.
1º premio: "Paralelas musicais ao infinito" (Pablo Alonso)
2º premio: "Algunhas palabras compostas pódense formar con letras e números" (Pablo Pérez)
3º premio: "As fraccións representámolas ata con mandarinas" (Nuria Basteiro)
Estas e máis fotos estarán expostas no IES a semana que vén e ata fin de curso. Grazas a todos os participantes, pois facedes deste certame unha cita ineludible coa fotografia e coas matemáticas.
martes, 25 de maio de 2010
Fallado o II Premio Fundación Endesa - IES Carlos Casares


O acto de entrega do premio terá lugar o venres 4 de xuño, na Aula Magna Jesús R. Jares, ás 13:00h. Asistirán a este acto diversos membros de ENDESA, entre eles don José Antonio Galván Fernández, Responsable de la Unidad Territorial Ponferrada de la Unidad Producción Hidráulica Noroeste de Endesa Generación S.A.
venres, 21 de maio de 2010
Fantástica viaxe cultural a Barcelona
Na derradeira semana de Marzo 50 alumnos e alumnas de Bacharelato, acompañados de catro profesores do centro (Carlos Ferreiro, Federico Méndez, Monse Ulloa e Mª del Carmen Varela) desfrutamos de catro días de visita cultural a Barcelona. Estivemos aloxados no albergue Pere Tarrés na zona da Diagonal, despois dunha longa e cansada viaxe. O primeiro día visitamos a área de Montjüic onde nos guiaron a través da historia da arte no Museo Nacional de Arte de Catalunya. Esa tarde rematamos cun paseo e unha boa e merecida cea.
O mércores, logo da noite “toledana” que tivemos grazas ao grupo almeriense coñecimos o Museo da Ciencia de Cosmocaixa, na falda do Tibidabo onde faláronnos da historia da materia e percorrimos un muro xeolóxico. Pola tarde uns visitaron as Ramblas, Catedral, Sagrada Familia e Barrio Gótico e outros tivemos a sorte de gozar dunha vitoria do Barça fronte o Osasuna no Camp Nou. O día seguinte, os asistentes ao estadio foron sorprendidos gratamente cun xantar en Como en Casa de Fermín, templo gastronómico culé que quedou inmortalizado nunha fotografía co presidente Joan Laporta; moitos lembrarán sempre certas conversacións futbolísticas na sobremesa.
Moitos alumnos e alumnas acudiron tamén a toda unha semana de teatro, no que coñeceron a experiencia do café-teatro pouco habitual en Galiza. Algunhas alumnas e profesores acompañantes lembrarano tamén pola fauna urbana do Barrio do Rabal.
A mañá do xoves destacou por unha longa camiñata no entorno do Parque Güell onde Federico nos explicou as orixes deste proxecto de Gaudí, alí fixemos a foto xeral de grupo como recordo da excursión.
Na última noite houbo certa relaxación horaria tras a dura negociación de Pedro con Carlos. Era preciso aproveitar os lazos de unión entre Viana e Almería.
Na mañá do venres logo dun pequeno enfado nos diriximos a Port Aventura e gastamos os derradeiros folgos nunha xornada de lecer no parque caracterizada polo bo tempo que nos permitiu desfrutar das atraccións acuáticas e das colas para algunha delas.
A viaxe tocaba ao seu fin pero restaba outra longa viaxe por estradas aragonesas, sorianas, etc., que se nos pasaron entre doces soños.
Ás 8 da mañá do sábado chegamos a Viana para durmir horas e horas aínda que sorprendentemente moitos recuperaron a forma na noite do sábado para contar nos pubs as anécdotas da viaxe.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)