O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

martes, 28 de xuño de 2011

Festivais de abril e fin de curso

Velaquí tedes uns vídeos que resumen as actuacións dos últimos festivais que fixemos: o de Música, Danza e Teatro ("Ti si que vales") feito en abril, e o de Fin de Curso (Xuño) Tamén podedes ver as imaxes do festival de fin de curso a continuación.

Clic aquí para ver máis fotos do festival de fin de curso

luns, 27 de xuño de 2011

Consello escolar de final de curso

IES. Na tarde de hoxe reuniuse o Consello Escolar do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, na última sesión oficial antes das vacacións de verán. Esta reunión foi, tamén, despedida dos conselleiros Eduardo Sagüillo, Pablo Sánchez, Pablo Alonso, Roi Ortiz, Álvaro Bermúdez e Licesio González, aos que desexamos moita sorte para o futuro, alá onde se atopen. Foi día tamén de incorporacións: nomeado hoxe polo Concello de Viana, presentouse Francisco Aragón como novo conselleiro representante municipal.

Fotografía: Patricia García

mércores, 22 de xuño de 2011

Lipdub finalista do Olloboi 2011

Ilda Luaces, Viana do Bolo. O Lipdub I love rock'n roll, de 4º da ESO, quedou como finalista no Premio do Público do Certame Audiovisual Galego Olloboi 2011: http://rodaxe.info/

Aínda que finalmente non resultou gañador, todo o camiño ata chegar aquí é un premio, tanto para os participantes coma para a cantidade de votantes que se mobilizaron para apoialo.¡Gracias a tod@s! Crear algo así en grupo non sempre foi sinxelo, pero si gratificante e motivador. Animádevos a darlle forma ós vosos produtos audiovisuais e a mostralos ó público, e continuemos axitando a creatividade do IES Carlos Casares.

luns, 20 de xuño de 2011

Un peche de etapa inesquecible

Foi a despedida, pero, a natureza e o mar, os cormoráns ou as estrelas, a literatura ou as gaivotas, brindáronnos a oportunidade mellor que temos para poder reter na nosa mente aqueles momentos que non podemos, nin queremos, esquecer. 


Momentos que contruén a vida das persoas, sexan alumnos ou alumnas ou sexan profesores; ao fin, un grupo humano que cruzou o camiño da vida durante seis ou sete anos. Aquí queda a lembranza compartida dunha fin de semana, dun final de etapa no IES Carlos Casares de Viana do Bolo, no Parque Nacional das Illas Atánticas, nas Illas Cies, os días 17, 18 e 19 de xuño de 2011.

Acceso ás galerías de imaxes: Illas Cíes 01, Illas Cíes 02.
Vídeo: "A última viaxe xuntos"
Fotografías: Gael, Estela, Luis.

Intercambio co IES Agra de Orzán (A Coruña) II

Andrea Sánchez, A Coruña. Os días 8 e 9 de xuño fomos todos os de 2º da ESO á Coruña, onde o pasamos xenial. O primeiro día fomos ao instituto, onde nos prepararan un festival de música e danza para nós sós. Comemos alí e fomos paseando polo Estadio do Deportivo da Coruña e a praia de Riazor.

Todo o grupo

Ás 18:30 machamos cara ao albergue de Gandarío, onde nos levamos a sorpresa de compartilo cun grupo de 6º de primaria do Barco. En canto ceamos fomos á praia mollar os pés e facer o parvo, e o pasamos xenial. De novo no albergue puxemos os pixamas e sacáronme do cuarto para cantarme o “cumpreanos feliz” e regalarme unha divertida tarxeta con dedicatorias.

venres, 17 de xuño de 2011

Resuelto el Certamen de Fotografía Matemática "7.11 FM"

El jurado falló hoy este premio de fotografía, ya en su séptima edición

Ovidio Villar, Viana do Bolo. El jurado del VII Concurso Internacional de Fotografía Matemática, este año bajo el nombre 7.11 FM, acaba de establecer los trabajos fotográficos galardonados en esta edición. Este certamen, convocado por el Departamento de Matemáticas del IES Carlos Casares de Viana do Bolo, alcanzó este año proyección internacional gracias a la participación de alumnado tanto de Viana como de Bermejo (Bolivia), en donde se ubica nuestra escuela hermanada la Unidad Educativa Timoteo Rondales.

Después de intensas deliberaciones, provocadas por la gran cantidad de instantáneas presentadas a concurso y la calidad de las mismas, el jurado, compuesto por miembros del Departamento de Matemáticas del Carlos Casares, ha decidido otorgar los siguientes premios:

1er PREMIO: "Circunferencia con centro en yema"

Autora: Adriana Mancilla Frías, UE Timoteo Rondales (Bermejo)


2º PREMIO: "Estas son unhas das palabras que significan m8 (moito) para as persoas"

Autora: María Blando Setién, IES Carlos Casares (Viana do Bolo)


3er PREMIO: "Bolos tradicionais: ocio e moita matemática"

Autor: Javier Sánchez Alonso, IES Carlos Casares (Viana do Bolo)

Todos los trabajos presentados a concurso se pueden ver o descargar haciendo clic en este vínculo. La entrega de premios y diplomas tendrá lugar la seman próxima durante el festival de música y danza de final de curso, en la Casa da Cultura de Viana do Bolo.

Felicidades a todas y todos los participantes así como a las demás personas que han hecho posible este certamen.

xoves, 16 de xuño de 2011

Aulas ecolóxicas

Luis Fernández, Ourense. Un grupo de rapazas e rapaces de 1º de Bacharelato do noso IES veñen de presentar, nun congreso en Ourense, un traballo referente ao análise das aulas máis ecolóxicas do Carlos Casares. Algúns dos factores analizados foron o ter as luces apagadas de non ser precisas ou ter abertas as fiestras estando acesa a calefacción.

mércores, 15 de xuño de 2011

Festival de música e danza de fin de curso

Ilda Luaces, Viana do Bolo. Achégase o final deste curso 2010-2011, e o vindeiro martes 21 de Xuño terá lugar o derradeiro festival musical na Casa da Cultura de Viana. Despois dun curso de traballo, esta mostra de diferentes disciplinas na que colaboran tanto alumn@s como profesor@s será unha celebración e unha festa pre-vacacións. ¡Sorte a todos e desfrutade dela!

Intercambio co IES Agra de Orzán (A Coruña)

Liliana Carro, Viana do Bolo. Os pasados días 2 e 3 de xuño estiveron connosco un grupo de 1º da ESO do instituto Agra de Orzán, na Coruña, de intercambio lingüístico e para compartir experiencias co noso grupo de 1º da ESO.












O primeiro día recibímolos no noso instituto, ensinámoslles o centro e presentámonos, despois comemos todos xuntos no comedor. Pola tarde achegámonos á morrena glaciar de Chaguazoso, onde subimos ata arriba de todo polas pedras, e ao museo etnográfico de Vilariño de Conso; pasamos unha tarde divertida coñecendo nova xente.
O venres regresaron ao instituto e fixemos unha pequena sesión de teatro, baile e contos, antes de saír ao patio e xogar un pouco. Despois de comer de novo no comedor marcharon, e despedímonos deles ata o ano que vén, cando será aos alumnos e alumnas de Viana a quen lles toque ir aló.