O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

domingo, 31 de xullo de 2011

25 de Xullo en Bolivia

Interesante xornada a celebrada o pasado 25 de Xullo en Bermejo, na que a nosa escola irmá celebrou o día de Galicia.

Podes ler esta nova completa e seguir outras actividades no blog do Proxecto Viana do Bolo - Bermejo, sen máis que facer clic no seguinte vínculo:

clic aquí

xoves, 21 de xullo de 2011

No paraíso natural Illas Atlánticas

Emotivo e, coma sempre, xenial, o vídeo o que desta volta nos amosa Etela: "A última viaxe xuntos", que non derradeira, lembra a estadía do grupo de 2º de Bacharelato no Parque Nacional das Illas Atlánticas, o pasado mes de xuño.


venres, 15 de xullo de 2011

Cooperación

Dos profesores del IES Carlos Casares, Adrián López y Luis Fernández, una alumna de That´s English de Viana, Ainara Garea y la voluntaria del centro Judith Gamallo viajan esta semana a Bolivia para realizar diferentes acciones de cooperación internacional en la UE Timoteo Rondales de Bermejo. A través del blog Viana-Bermejo se informará de las principales actividades.

Visita á Escola Galega de Consumo

Luis Fernández, Santiago de Compostela. Nos últimos días de clase do mes de xuño, un grupo dee alumnado de PROA, ESO e Bacharelato visitaron a Escola Galega de Consumo (Instituto Galego de Consumo), en Santiago de Compostela.  Visitaron o centro e participaron nun obradoiro de compra por Internet e publicidade, e visitaron o supermercado. A EGC e o IES Carlos Casares de Viana levan nove cursos de relación, grazas aos traballos de educación para o consumo que se realizan no instituto.

martes, 28 de xuño de 2011

Festivais de abril e fin de curso

Velaquí tedes uns vídeos que resumen as actuacións dos últimos festivais que fixemos: o de Música, Danza e Teatro ("Ti si que vales") feito en abril, e o de Fin de Curso (Xuño) Tamén podedes ver as imaxes do festival de fin de curso a continuación.

Clic aquí para ver máis fotos do festival de fin de curso

luns, 27 de xuño de 2011

Consello escolar de final de curso

IES. Na tarde de hoxe reuniuse o Consello Escolar do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, na última sesión oficial antes das vacacións de verán. Esta reunión foi, tamén, despedida dos conselleiros Eduardo Sagüillo, Pablo Sánchez, Pablo Alonso, Roi Ortiz, Álvaro Bermúdez e Licesio González, aos que desexamos moita sorte para o futuro, alá onde se atopen. Foi día tamén de incorporacións: nomeado hoxe polo Concello de Viana, presentouse Francisco Aragón como novo conselleiro representante municipal.

Fotografía: Patricia García

mércores, 22 de xuño de 2011

Lipdub finalista do Olloboi 2011

Ilda Luaces, Viana do Bolo. O Lipdub I love rock'n roll, de 4º da ESO, quedou como finalista no Premio do Público do Certame Audiovisual Galego Olloboi 2011: http://rodaxe.info/

Aínda que finalmente non resultou gañador, todo o camiño ata chegar aquí é un premio, tanto para os participantes coma para a cantidade de votantes que se mobilizaron para apoialo.¡Gracias a tod@s! Crear algo así en grupo non sempre foi sinxelo, pero si gratificante e motivador. Animádevos a darlle forma ós vosos produtos audiovisuais e a mostralos ó público, e continuemos axitando a creatividade do IES Carlos Casares.

luns, 20 de xuño de 2011

Un peche de etapa inesquecible

Foi a despedida, pero, a natureza e o mar, os cormoráns ou as estrelas, a literatura ou as gaivotas, brindáronnos a oportunidade mellor que temos para poder reter na nosa mente aqueles momentos que non podemos, nin queremos, esquecer. 


Momentos que contruén a vida das persoas, sexan alumnos ou alumnas ou sexan profesores; ao fin, un grupo humano que cruzou o camiño da vida durante seis ou sete anos. Aquí queda a lembranza compartida dunha fin de semana, dun final de etapa no IES Carlos Casares de Viana do Bolo, no Parque Nacional das Illas Atánticas, nas Illas Cies, os días 17, 18 e 19 de xuño de 2011.

Acceso ás galerías de imaxes: Illas Cíes 01, Illas Cíes 02.
Vídeo: "A última viaxe xuntos"
Fotografías: Gael, Estela, Luis.

Intercambio co IES Agra de Orzán (A Coruña) II

Andrea Sánchez, A Coruña. Os días 8 e 9 de xuño fomos todos os de 2º da ESO á Coruña, onde o pasamos xenial. O primeiro día fomos ao instituto, onde nos prepararan un festival de música e danza para nós sós. Comemos alí e fomos paseando polo Estadio do Deportivo da Coruña e a praia de Riazor.

Todo o grupo

Ás 18:30 machamos cara ao albergue de Gandarío, onde nos levamos a sorpresa de compartilo cun grupo de 6º de primaria do Barco. En canto ceamos fomos á praia mollar os pés e facer o parvo, e o pasamos xenial. De novo no albergue puxemos os pixamas e sacáronme do cuarto para cantarme o “cumpreanos feliz” e regalarme unha divertida tarxeta con dedicatorias.