O alumno Iván Borges Rodríguez recibiu hoxe en Santiago de Compostela un premio extraordinario de educación secundaria obligatoria ao esforzó e superación persoal, concedido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. O acto de entrega estivo presidido por Jesús Vázquez, conselleiro de Educación, e Gerardo Conde Roa, alcalde de Santiago de Compostela.
O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
venres, 30 de marzo de 2012
domingo, 25 de marzo de 2012
Competencias e Comunicación
Dous profesores do IES Carlos Casares, Luis Fernández e Ovidio Villar, veñen de participar como ponentes, os pasados 23 e 24 de marzo, en dúas actividades organizadas polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). Na primeira delas, un curso de formación para equipos directivos celebrado na Escola Galega de Administración Pública(EGAP), o IES Carlos Casares estivo acompañado polo CPI de Castroverde e o CEIP do Valadouro. Baixo o formato de mesa redonda centrada nos proxectos de mellora de calidade da educación, os profesores do centro vianés suliñaron a importancia de traballar as competencias na aula dun xeito real e integrado. A segunda das actividades, no marco das III Xornadas de Comunicación Lingüística e celebrada no CIFP Politécnico de Santiago, foi unha excelente plataforma de achegamento entre as áreas lingüísticas e as científicas así como de reivindicación da diversificación curricular coma un interesante futuro para o mundo educativo.
link na rede
link na rede
xoves, 22 de marzo de 2012
Mediación escolar
O xoves 21 de marzo pola noite, o IES Carlos Casares de Viana participou na presentación do equipo de mediación escolar a toda a comunidade do Centro Residencial Docente de Ourense (Residencia da Universidade Laboral), ao que formamos durante os meses de xaneiro e febreiro deste ano. O director dese centro, Bernardino Pérez, na cea na que se entregaron os diplomas, animou a todos os residentes a usar o servizo. Ata alí se desplazaron Susana Fernández, Luis Crende e Luis Fernández.
Día mundial da auga
David Ponte. Nesta época de sequía na que nos atopamos cobra unha maior importancia, se cabe, a celebración do día mundial da auga. Hoxe é un día para reflexionar e concienciarnos do vital que é a auga e do mal trato que lle damos a este RECURSO do que depende a humanidade, e a vida en xeral. Os alumnos de 3º da ESO do instituto realizaron unha actividade consistente en representar, mediante botellas de auga, a distribución deste recurso no planeta. Nun gran exemplo de aprendizaxe colaborativo, foron os alumnos de 3º A (Diversificación Curricular) os que explicaron aos seus compañeiros de 3º B a tarefa que ían realizar e como realizala.
luns, 19 de marzo de 2012
Mediadores e mediadoras do IES Agra do Orzán
Premiére de cinema no IES Carlos Casares.
Carlos Ferreiro. As cinéfilas e cinéfilos do IES Carlos Casares estiveron esta mañá de noraboa. Como xa sucederá hai tres anos, co preestreo de Pradolongo, o elenco formado polo director Ignacio Vilar, e os actores Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez, visitaron a “alfombra vermella” do noso instituto para presentar o trailer de Vilamor , filme rodado en exteriores do Caurel, Piornedo e Grandas de salime, e situado na Galiza rural da década dos setenta, e focalizado nos adolescentes e xóvenes que creían que un mundo mellor era posible. A producción ten un orzamento de 1.700.000 euros, cantidade cualificada por Vilar como “desmesurada no ámbito galego, pero de baixo custo no contexto do cinema europeo”. O mundo da post-dictadura franquista, e as mostras dunha modernidade que xa invade Galicia nos finais dos 70, conviven pois, coas ilusións dun paraíso rural que soña con permanecer incólume no tempo. Moitas grazas, pois, á productora, por obsequiarnos con esta primicia, e so compre animarvos a todas e todos a asistir ao estreo comercial de Vilamor...
.
.
.
| Presentación do filme "Vilamor" por Sabela Arán |
venres, 16 de marzo de 2012
O CEIDA achéganos o mar ao IES Carlos Casares
David Ponte. Do 15 ao 30 de marzo, o noso instituto acollerá a exposición "Áreas mariñas protexidas" do CEIDA (Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia). A exposición conta con numerosos paneis informativos, situados na primeira planta do centro, e un vídeo que se pasará durante os recreos no recibidor do instituto.
O evento estará aberto á participación de toda a comunidade educativa así como a calquera que queira desfrutar da enorme diversidade das nosas costas.
O evento estará aberto á participación de toda a comunidade educativa así como a calquera que queira desfrutar da enorme diversidade das nosas costas.
martes, 13 de marzo de 2012
Coeducación 3º ESO
Carlos Ferreiro. Hoxe, 13 de marzo, as Compañeiras Paz e Amalia, de Inter-Ed impartiron durante dúas horas un Obradoiro de Igualdade de Xénero, destinado ao alumnado de 3º de ESO. Como colofón aos actos do Día Internacional da Muller, e como actividade integrada no Grupo de Traballo de Educación en Igualdade do noso centro, se fixeron xogos cooperativos, se incidiu nas diferencias entre sexo e xénero e na necesidade de debotar os prexuízos en procura dunha sociedade xusta e equitativa... A afectividade, e o autorecoñecemmento da necesidade dos sentimentos foron tamén materia de reflexión. O obradoiro terá continuidade no mes de abril.
Xogos tradicionais
Desde a mañá de onte, 12 de marzo, o patio énchese de xogos tradicionais, nunha exposición que xa ten circulado por varios centros da provincia, e que nestes días percorre o CEIP Bibei e o IES Carlos Casares de Viana do Bolo. Chave, aros, diversos carteis explicativos, danlle cor aos recreos do centro. Ademais, tamén onte comezou o campeonato de rá, con parellas mixtas masculinas e femeninas, e formadas por alumnado, profesorado e persoal non docente. Houbo emoción e xogadas interesantes, pero na foto inaugural gañouse un espazo destacado a nosa Hortensia, a única en lograr embocar un pello e anotarse 50 puntos. Noraboa!
.
.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


