O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

martes, 23 de marzo de 2010

Entrevista a Eduardo García-Rodeja, catedrático de Edafoloxía en Santiago

A composición ideal do solo non existe

- ¿Qué é a edafoloxía?

- A edafoloxía é unha rama da ciencia que estuda a composición e natureza do solo e a súa relación coas plantas e o entorno que as rodea. Podemos encontrar dentro da edafoloxía unha relación entre esta, a física e a química.

-¿Qué tivo que estudar para chegar a ser catedrático do departamento de edafoloxía e química da U.S.C ?

- Primeiro saquei o graduado escolar e o bacharelato, despois entrei na universidade, estudei bioloxía, e comezo a facer unha tese mentres facía a tese, exercín como profesor axudante ata que mais adiante xa exercín como profesor.

- ¿Como podemos diferenciar uns solos doutros?

- Os solos cambian moito dun lugar a outro, presentan diferenzas na súa composición química e a súa estrutura física, ademais os diferentes tipos de solo están determinados polo tipo de material xeolóxico do que se orixinan, pola súa parte vexetal e pola cantidade de tempo en que actuou a meteorización.

- ¿O solo de Galicia podería rematar como o de Andalucía co paso do tempo?

- Non , porque non depende do solo senón do tipo de clima de cada , o clima de Andalucía, por exemplo, é moito máis seco que o de Galicia, mentres que este último pola contra é máis húmido.

- ¿Cal é a función ou o lugar que ocupan os microorganismos que conten o solo ?

-Hai moitas funcións pero agora mesmo a que primeiro se me ven a cabeza é que achegan materia orgánica contribuíndo ao desenvolvemento do solo.

- ¿Cal sería a composición ideal do solo?

-É una pregunta difícil de responder: a composición ideal do solo non existe, depende da utilidade que se lle queira dar, por exemplo si o que queremos son solos fértiles o ideal serían os solos de tipo volcánico.

- ¿Que problemas derivan da perda de solo?

- Moitos, pero entre eles podemos destacar un dos máis importante que é a perda de diversidade.

- ¿ Qué medidas podemos tomar para evitar a perda de solo?

- Repoboar con especies axeitadas, repoboar os terreos deforestados e incluso promover a idea de que non se abandonen os solos agrícolas, estas serían boas medidas.

O Doutor Eduardo García-Rodeja Gayoso, é catedrático do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais de exercer como profesor é autor de varios libros e publicacións internacionais, entre elas, “Componentes no cristalinos en suelos de Galicia: distribución, naturaleza y propiedades”. O Profesor Eduardo García-Rodeja é un dos investigadores do solo de máis recoñecido prestixio en España e a nivel internacional.

Entrevista realizada por: Kevin Estévez Rodríguez, Brais González Guerra, Andrea Hervella Vicente, Miguel Ángel Oliveira Teixeira e Cristina Rodríguez Prieto. Alumnos e alumnas de Ciencias para o Mundo Contemporáneo de 1ºBachillerato, do IES Carlos Casares de Viana do Bolo. Febreiro de 2010.

Ningún comentario:

Publicar un comentario