O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 16 de decembro de 2010

Foro pola integración cultural

O IES CARLOS CASARES DE VIANA INVITADO POLA OEI A PARTICIPAR IV XORNADAS IBEROAMERICANAS INTEGRANDO CULTURAS

Os días 14 e 15 de decembro de 2010, o IES Carlos Casares de Viana do Bolo, participou, como invitado, nas “IV Xornadas Iberoamericanas Integrando Culturas” celebradas na Casa de América de Madrid e organizadas pola Organización de Estados Iberoamericanos (OEI).

O ano anterior participamos neste foro compartindo a experiencia de educación para o desenvolvemento, do irmandamento do noso instituto coa UE Timoteo
 
Rondales de Bermejo (Bolivia), mediada pola ONG “Escuelas de la Tierra”. Nesa ocasión nos acompañara a colega boliviana, Yaneth Rivero. Este ano dúas novas experiencias, con Ecuador e Arxetina, amplian o horizonte común de escola iberoamericana.


Na sesión, Alvaro Marchesi explicou os acordos recentes da cumbre iberoamericana de xefes de estado e de goberno, en relación, as Metas Educativas 2021. Mesas redondas, de políticas educativas, prácticas educativas e acción municipal de integración da inmigración completaron estas xornadas de tanto interés para a educación, o desenvolvemento e a integración.

Un profesor do instituto de Viana presentou a membros da OEI a unidade didáctica “Consumiendo en un Mundo Desigual”, realizada conxuntamente por profesorado de Viana do Bolo, Moscú e Bermejo (Bolivia), que acaba de recibir o primeiro premio de educación ao consumidor da Escola Galega de Consumo da Xunta de Galicia.

Por Luis Fernández López

Ningún comentario:

Publicar un comentario