O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 27 de outubro de 2011

III Xuntanza de Alumnado Mediador

Susana Fernández, Viana do Bolo. Os días 11 e 12 de novembro as alumnas de 2º de ESO Ana Martínez, Laura Martínez e Tania Yáñez e o alumno Samuel Balboa, de 4º de ESO, acompañados pola cooordinadora de equipo de mediación,  desprazaranse a Lugo para participar na III Xuntanza de Alumnado Mediador. O obxectivo deste encontro é intercambiar experiencias e profundar nos coñecementos sobre mediación escolar.

O programa desta xuntanza pode consultarse no seguinte enlace.

mércores, 26 de outubro de 2011

Doazón de órganos

Jéssica Muriel Cortés, Viana do Bolo. O pasado 24 de outubro, o Dr. Juan Cortés (Coordinación de Trasplantes da provincia de Ourense SERGAS e médico de cuidados intensivos do Hospital de Ourense) e David Gulías (Asociación ALCER, e trasplantado de ril e fígado) viñeron darnos unha charla sobre as doazóns. O Dr. Cortés, entre outras cousas, falounos dos órganos que se poden doar e das taxas de doazón no mundo. David Gulías, pola súa parte, contounos algo importante da súa vida, contounos o que el pasou, pois tivérono que trasplantar dúas veces, unha de ril e outra de fígado. Aprendemos moito: que ao doar un órgano pódense salvar moitas vidas, como ser doantes, a saber o que é a vida dunha persoa trasplantada...


A continuación podemos ler as valoracións de parte do público asistente.

"Os nosos órganos teñen moito valor" (Andrea Pérez)
"Eu aprendín unha cousa do Sr. David: se a un órgano non lle chega o sangue pode parar de funcionar para sempre" (Roberto Blanco)
"O fígado é un órgano moi xeneroso pola súa capacidade de rexeneración" (Jonathan Vega)
"Esta é unha boa oportunidade de coñecer a existencia e xestión das listas de espera e a necesidade de doar órganos" (José M. Martínez)
"Esta charla pareceume moi interesante para poder coñecer, entre outros datos, a taxa de doantes en España, que é a máis alta do mundo" (Alejandro Villasante)
"Unha marabillosa ocasión de amosar xenerosidade" (Ovidio Villar)

Que pasta é mellor?

Luis Fernández, Viana do Bolo. O luns 24 de outubro, desenvolveuse no laboratorio de Química do IES Carlos Casares de Viana do Bolo un interesante obradoiro de ciencia ofrecido polo Departamento de Ciencias Experimentais da Universidade de Santiago de Compostela.

Beatriz Crujeiras, do equipo de investigación de María Pilar Jiménez Aleixandre, permitiu aos 20 alumnos e alumnas de 3º de ESO, durante as dúas primeiras horas da mañá, deseñar e desenvolver unha pequena investigación que pretendía saber de entre dúas pastas de dentes cal era a máis protectora para os dentes. Utilizamos cunchas como se fosen dentes, ácido clorhídrico como se fose o ácido da boca e tubos de ensaio para simular a cavidade oral. Detectamos que a pasta con máis fluor era a que ofrecía maior protección.

Galería de imaxes

domingo, 23 de outubro de 2011

Novo laboratorio na UE Timoteo Rondales

O centro educativo de Bermejo ultima os preparativos

Case na fase final para a estrea do novo laboratorio, o profesorado da escola boliviana xa está a formarse. Esta dotación é o resultado dun convenio entre Escuelas de la Tierra e o concello de O Barco de Valdeorras (Ourense).

sábado, 22 de outubro de 2011

Formado mediadores e mediadoras na Coruña

Carlos Ferreiro - Luis Fernández, A Coruña. Os días 21 e 22 de outubro dous profesores do equipo de mediación do IES Carlos Casares de Viana teñen formado a un grupo de 15 alumnos e alumnas de ESO como mediadores escolares no IES Rafael Puga Ramón de A Coruña. Este centro leva tres anos introducindo a mediación escolar como forma habitual de resolución pacífica de conflitos. Tamén participou no curso Emilio García, vello amigo do noso instituto, e actualmente xefe de estudos do IES Agra do Orzán de A Coruña.

venres, 14 de outubro de 2011

Esixe pobreza cero!

Ovidio Villar, Viana do Bolo. Onte xoves 13 de outubro, tivo lugar en Viana un acto público no que se esixiu pobreza cero! Ao abeiro do correr da auga na fonte da Praza, escenificáronse dúas obras de teatro: "La virgen de la cueva", de Plácido Blanco, e "Mujer de papel", de Estela López. Clausurou este acto a lectura dun manifesto no que se lembrou ás autoridades o seu compromiso na loita pola erradicación da pobreza no mundo. Esixe pobreza cero!



Galería de imaxes (Ana M. García - Pepe Fouz)

domingo, 9 de outubro de 2011

Intercultural

Luis Fernández, Verín. "Unha boa conclusión é que, se cadra, un plan de integración debería comezar sentando nunha mesa á maioría de sectores dunha poboación e aos propios inmigrantes para que, en cooperación, definan un plan que sexa asumido por todos e todas". Esta é unha das conclusións ás que se está a chegar no curso “Mediación e resolución de conflictos interxeneracionais“, que se está a desenvolver en Verín dende o pasado día 7, organizado por la Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

venres, 7 de outubro de 2011

Semana de acción contra a pobreza

Viana do Bolo centra por terceiro ano o acto principal e único na provincia de Ourense

Luis Fernández - Ana M. García, Viana do Bolo. Millóns de persoas maniféstanse esta semana en todo o mundo contra a pobreza. A Alianza Española Contra a Pobreza forma parte deste movemento global que reclama un mundo no que a pobreza non exista. Galicia únese a este chamamento global e a a vindeira semana, do 10 ao 16 de outubro terán lugar na nosa comunidade as movilizacións contra a pobreza, nas catro provincias galegas. Entre ellas, Ourense estará representada polos actos que organiza o IES Carlos Casares de Viana do Bolo a través do seu grupo de voluntariado local, en colaboración coa Coordinadora Galega de ONGD.

A Campaña Pobreza Cero aboga por un mundo no que os gobernos cumplan as súas obligacións relativas á loita contra a pobreza, e que as persoas teñan as mesmas oportunidades independientemente de onde nazcan ou vivan. Cremos nun mundo xusto no que se respeten os dereitos humanos; as mulleres teñan as mesmas oportunidades que os homes; as persoas traballen en condicións dignas; se respete o medio ambiente e no que as relacións comerciais entre países sexan xustas.

Premio IES Carlos Casares - Fundación ENDESA

Convocada la edición 2011-12 de este galardón

 
"Ya está convocada la IV Edición del Premio IES Carlos Casares-Fundación Endesa de redacción científica sobre energías limpias y/o ahorro energético. Para cualquier duda, los participantes pueden dirigirse al profesor José María Pérez López a través del teléfono del centro (988340086) o bien a través de la dirección de correo electrónico josemariaperezlopez@edu.xunta.es. ¡Suerte a todos!."
 

xoves, 6 de outubro de 2011

Reunión de voluntariado

Os alumnos e alumnas de Bacharelato e Ciclo Formativo interesados/as en participar no voluntariado do IES Carlos Casares no curso 2011-12, quedades convocados/as a unha reunión o vindeiro luns 10 de outubro, ás 15:45 horas, na Aula de 1º de Bacharelato.



Requisitos:
- Cumprir 16 anos ao longo deste curso ou telos xa cumplidos.
- Ser alumnos/as ou familias do IES Carlos Casares

Ofrécese:
- Colaborar nos programas de mediación escolar, novas tecnoloxías, educación ao consumidor, cooperación con Bolivia, inspección ambiental no centro, biblioteca e outras suxerencias.
- Certificación da actividade realizada e das horas prestadas, no contexto do Voluntariado Galego. 
- Axudarche a mellorar como persoa.

Perfil da voluntaria ou voluntario:
Toda persoa con interese en participar na sociedade na que vive e colaborar activamente na mellora da comunidade próxima e allea.

mércores, 5 de outubro de 2011

Ata pronto

Desde que cheguei ás terras da Gudiña e Viana, xa fai un ano, sentinme acollida. E pouco a pouco, cada vez máis feliz e orgullosa de pertencer a uns centros coma o Carlos Casares e o Laureano Prieto.
Foi un privilexio estar con tod@s vós o curso pasado, sodes incribles e especiais. Un equipo de profesorado e de persoal do centro que realmente ama a súa profesión, convertindo o Instituto nun lugar inesquecible. E vós, rapaces, pequen@s tol@s, grande xente da que tanto apredín. Vouvos botar de menos.

Gracias por toda a vosa entrega, por toda a colaboración, a axuda e os bos ratos, por crear ese ambiente xenial que se respira aí. Gracias por estar no coro, os grupos de baile, o teatro e a música, a danza, por todo.

Este curso non vai ser posible que repita a experiencia, pero sei que, dalgún xeito, vos levo comigo, alá onde vaia. E algo de min fica aí para sempre.

As palabras non sempre poden expresar realmente o que un sinte. Aquí queda esta canción.


E non deixedes de tocar, bailar, cantar! Expresade toda esa arte que agroma en vós cada día.

Unha aperta moi grande e ata pronto.

Ilda

martes, 4 de outubro de 2011

Avaliación de competencias

Na tarde de hoxe, 4 de outubro, tiveron lugar as sesións de Avaliación inicial de competencias para toda a ESO no IES Carlos Casares. Neste curso 2011-2012, as competencias que se están a valorar son 5: matemática, lingüística e comunicativa, interacción co medio físico, dixital e social e cidadá.


Como feito máis reseñable compre destacar que o profesorado de 1º de ESO adicou unha sesión máis longa do habitual, que ademais de medir as competencias, se coordinou cos titores de 6º de Primaria dos centros adscritos ao noso instituto, o CEIP Bibei de Viana do Bolo, o CEIP San Martiño, de Vilariño de Conso e o CEIP Ávila Bustillo, de A Veiga. É un xeito mais de unificar criterios e amosar que o proceso educativo ten que contemplarse non como unha serie de compartimentos inconexos, senón como un continuo coherente e perfectible.

Inmersión lingüística

Desde o pasado domingo 2 ate o vindeiro sábado 8 de outubro, 23 alumnas e alumnos de 1º e 2º de ESO do noso centro participan no Programa Inmersión Lingüística de Otoño en Inglés, organizado polo Ministerio de Educación.



Este programa, de nova implantación, trata de mellorar a competencia comunicativa en lingua inglesa, ademais de combinar esa aprendizaxe co desenvolvemento de actividades de educacion ambiental, en concreto reciclaxe, sostenibilidade, elaboración de compost, etc, e tamén de tipo patrimonial e cultural. O Programa ten lugar na localidade madrileña de San Mamés- Navarredonda, en plena serra, e culminará o venres coa visita ao Museo Picasso de Buitrago de Lozoya. Como sempre, quizáis o máis destacado desta semana sexa a convivencia con 25 compañeiras e compañeiros doutra comunidade autónoma, neste caso do IES Guasa de Tenerife.