O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

mércores, 26 de outubro de 2011

Doazón de órganos

Jéssica Muriel Cortés, Viana do Bolo. O pasado 24 de outubro, o Dr. Juan Cortés (Coordinación de Trasplantes da provincia de Ourense SERGAS e médico de cuidados intensivos do Hospital de Ourense) e David Gulías (Asociación ALCER, e trasplantado de ril e fígado) viñeron darnos unha charla sobre as doazóns. O Dr. Cortés, entre outras cousas, falounos dos órganos que se poden doar e das taxas de doazón no mundo. David Gulías, pola súa parte, contounos algo importante da súa vida, contounos o que el pasou, pois tivérono que trasplantar dúas veces, unha de ril e outra de fígado. Aprendemos moito: que ao doar un órgano pódense salvar moitas vidas, como ser doantes, a saber o que é a vida dunha persoa trasplantada...


A continuación podemos ler as valoracións de parte do público asistente.

"Os nosos órganos teñen moito valor" (Andrea Pérez)
"Eu aprendín unha cousa do Sr. David: se a un órgano non lle chega o sangue pode parar de funcionar para sempre" (Roberto Blanco)
"O fígado é un órgano moi xeneroso pola súa capacidade de rexeneración" (Jonathan Vega)
"Esta é unha boa oportunidade de coñecer a existencia e xestión das listas de espera e a necesidade de doar órganos" (José M. Martínez)
"Esta charla pareceume moi interesante para poder coñecer, entre outros datos, a taxa de doantes en España, que é a máis alta do mundo" (Alejandro Villasante)
"Unha marabillosa ocasión de amosar xenerosidade" (Ovidio Villar)

Ningún comentario:

Publicar un comentario