Luis Crende e Carlos Ferreiro, profesores do IES Carlos Casares tivemos a  fortuna de poder representar ao noso centro no Congreso Estatal de  Convivencia Escolar, que se celebra en Jaén  os días 15, 16 e 17 de  decembro. Neste Congreso estanse a debater e presentar experiencias de  toda España con respecto a temáticas como a Educación para a Paz, a  Cooperación para o Desenvolvemento, a Mediación Escolar, o Voluntariado,  etc. A nosa aportación consiste nunha comunicación que figurará nas  Actas do Congreso titulada "La senda de la convivencia del IES Carlos  Casares", asinada polos catro membros do actual equipo directivo, que  recollen ademais o sentir, o esforzo e o traballo de moitos compañeiros  do instituto actuais e pasados. Todos estades pois, representados en  Jaén.
|  | 
| L. Crende e C. Ferreiro con Manuel Dios, Presidente do Seminario Galego de Educación pola Paz | 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario