O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

martes, 31 de xaneiro de 2012

Día da Paz

Ver galería completa do día
Carlos Ferreiro, Viana do Bolo. Nesta xornada do 30 de decembro, en conmemoración do Día da Paz recibimos no IES Carlos Casares a visita de varios alumnos de Xinzo de Limia, que nos viñeron a dar testemuño da experiencia da inmigración, a adaptación á vida noutro país, co seu enriquecemento e tamén as dificultades da viaxe, e por suposto nos falaron da súa cultura, costumes, gastronomía, etc. Os nosos convidados foron Randy Trinidad Díaz (EPA), Ayoub Nagihi (3º ESO), Abdenabi Erraihani (PCPI electrónica), Khadija Bechiki (PCPI cociña), Fatima Ezzahara Aboufaris (4º ESO). Todos eles foron coordinados por Xosé e Conchi, educadores sociais do Concello de Xinzo de Limia. A Paz non é posible sen a convivencia, e esta vai moito máis alá da chamada “tolerancia”. É preciso o desexo de coñecer ao diferente, desfrutar das súas aportacións a nosa vida, a partir da idea de que as mínimas diferencias entre os seres humanos son irrelevantes ao lado de todo o que nos une. Asistiron á charla todas as alumnas e alumnos da ESO e o debate foi áxil e moi participativo.


Xa pola tarde o grupo de teatro Talía, dirixido por María del Carmen Varela representou para todo o centro na Casa da Cultura a obra O xeneral e as bombas , alegato contra o sinsentido de todas as guerras, e para rematar, un macrogrupo de 58 alumnas e alumnos, coordinados polo profesor Pablo Cuervo, de Educación Física representou unha coreografía a partires dun tema orixinal de Michael Jackson. Foi, polo tanto, un excelente fin de festa para un dos días máis especiais do ano no noso instituto. Grazas a toda a comunidade educativo por ternos apoiado e participado.

A nova en "lavozdegalicia.es"

luns, 30 de xaneiro de 2012

8.12 FM

Convocado premio internacional de Fotografía Matemática

Bases en CASTELLANO
se recomienda descargar la imagen
para mejor visualización
Bases en GALEGO
recoméndase descargar a imaxe
para unha mellor visualización

domingo, 29 de xaneiro de 2012

Punto de acceso a Internet

Ovidio Villar, Viana do Bolo. Dende este curso, o IES Carlos Casares de Viana ofrece a todos os membros da comunidade educativa un punto de acceso rápido a Iternet. Dende este ordenador é posible acceder á información na rede, correo electrónico, crear e editar todo tipo de documentos e mesmo imprimilos. Este equipo, situado no corredor contiguo á entrada principal, é unha parte máis da dinamización das TIC no centro.


mércores, 25 de xaneiro de 2012

Con dereitos dende o comezo

Imaxe de Plácido B. Bembibre
clic sobre ela para ampliar
O IES Carlos Casares de Viana do Bolo vén de participar na organización da SAME (semana de acción mundial pola educación), a través dun dos membros do equipo directivo. O encontro, celebrado en Madrid, tivo lugar baixo a idea de que a educación de calidade debe ter lugar na primeira etapa da vida.

Ver noticia completa en BermejoViana

CROSS DE TINTORES

O pasado venres, 17 de xaneiro, celebreuse en Tintores (Verín) a fase comarcal de campo a través, onde o noso alumnado quedou clasificado en segundo  posto nas categorías infantil masculino e cadete masculino. Na primera categoría, Juan Bembibre obtivo o ouro. Na categoría de cadete feminino, Nerea Pérez e Noemí  Ortiz clasificáronse para a fase provincial e na categoría cadete masculino Adrián Anta obtivo o ouro e Marcos García o bronce. Así mesmo clasificouse tamén Bruno López para a fase provincial. O profesor de educación física xunto co demáis profesorado do centro dálle os parabéns ós mesmos e anímaos a seguir entrenando de cara a mellorar ou amosar resultados similares no seguinte campionato.

III Semana da Orientación

Terceira edición dunha cita xa consolidada

Ovidio Villar, Viana do Bolo. Non se lerá o futuro, pero aconsellarase para poder escribilo ao gusto; 6 e 7 de febreiro, e xornadas en abril e maio, no Carlos Casares de Viana do Bolo.

luns, 23 de xaneiro de 2012

III Certame de Conto Matemático

O Departamento de Matemáticas do Carlos Casares de Viana vén de convocar a terceira edición deste consolidado certame

Logo de dúas fenomenais edicións, cargadas de números e de boa literatura, sae unha nova convocatoria do Certame de Conto Matemático IES Carlos Casares. O alumnado do instituto vianés pode gañar un lector de libros dixitais sen máis que compoñer unha historia que dalgún xeito faga referencia ás matemáticas. Pódense consultar as bases facendo clic no seguinte vínculo:

martes, 17 de xaneiro de 2012

Agradecemento ao voluntariado do Carlos Casares

Arcil Arroyo, director da UE T. Rondales
A UE Timoteo Rondales de Bermejo vén de manifestar, a través do seu director Arcil Arroyo, palabras de agradecemento e bo ánimo á comunidade educativa do Carlos Casares de Viana do Bolo logo da venda de case 70 exemplares de "En el envés de la luna".

Ler o manifesto

sábado, 14 de xaneiro de 2012

"En el envés de la Luna"

Voluntiarias e voluntarios da Biblioteca do IES Carlos Casares de Viana do Bolo na feira do 13. Todo por unha boa causa. A temperatura, -2ºC, non foi obstáculo para a venda de exemplares do libro "En el envés de la Luna".

Foron moitas as persoas que se interesaron por esta iniciativa
Accede a toda a información aquí.

Na capital

Tres futuros enxeñeiros estudando en Madrid, máis outro que alá estudou; tres titorandos e o seu titor na etapa 2005-2011; un feliz encontro na capital de España entre Adrián, Javier, Pablo e Jose para charlar sobre as dificultades destas carreiras.

De esquerda a dereita: Jose, Adrián, Javier e Pablo

luns, 9 de xaneiro de 2012

Premio ao esforzo e á superación persoal

O Director Xeral de Educación da Xunta de Galicia ten comunicado ao instituto que Iván Borges Rodríguez, alumno de 1º de Bacharelato do IES Carlos Casares de Viana ten acadado o premio extraordinario de educación secundaria ao esforzo e superación persoal do ano 2011. O premio xa foi publicado no Diario Oficial de Galicia e será entregado en datas próximas.
O instituto felicitou por carta á familia de Iván. O centro quere destacar a gran valía de Iván, merecedor do premio e a súa implicación na vida do instituto a través do voluntariado. Noraboa.

Iván (cuarto pola esquerda) logo de recibir as felicitacións do equipo docente e compañeir@s

Un ERASMUS vianés no Carlos Casares

No primeiro día de clase de 2012 tivemos unha grata visita. Un antigo aluno do centro, Jorge López Carracedo, estivo co alumnado de 3º de ESO B falando dos incendios forestais, das súas causas e das consecuencias que teñen para a economía, o medio natural, a paisaxe e as vidas humanas de bisbarras tan afectadas como a nosa, que o pasado outono estivo fortemente castigadas por incendios, a maioría orixinados por humanos que practican condutas bastante alonxadas da intelixencia que debería de caracterizar á nosa especie. O alumnado fixo diferentes preguntas e, neste mesmo curso, realizará diferentes actividades coa axuda deste vianés, actualmente alumno da Universidade de Brno (Chequia).

Jorge López foi aluno do IES Carlos Casares de Viana do Bolo. Xustamente en 3º de ESO, alá polo ano 2001, gañou o Primeiro Premio de Investigación Científica para Escolares da Casa das Ciencias de A Coruña, pola investigación sobre os motivos que levaban a que o pan bendito na festa do Pai Eterno de Quintela de Humoso (Viana do Bolo) non se estragase. Estuda Enxeñaría de Montes no campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, estudos que remata ahora en Chequía cunha bolsa ERASMUS.

luns, 2 de xaneiro de 2012

Festival de Nadal 2011

Un lobo moi especial
Galería de imaxes (J. Fouz)
María C. Varela, Viana do Bolo. O 21 de Decembro do 2011 celebrouse o Festival de Nadal do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, na Casa da Cultura da mesma localidade. Comezamos ás 11:30 horas coa obra titulada COMUNICADOS?, representada por alumnos de 2º da ESO (Tania, Ana Martínez, Ana Alonso, Ana Mancebo, Vanessa  Ballesteros, Laura e Noelia). Mellorou a nosa vida co uso dos teléfonos? Acercounos a teléfonía móbil máis ós nosos?

Na obra A outra Carapuchiña vermella, representada por alumnos de 2º da ESO (Tania, Noemí, Rebeca, Laura, Óscar, Ana Alonso Vanessa, Ana Mancebo,  Alberto, Rebeca, e Noelia) fixéronnos dubidar de que o conto que nos contaron os nosos pais fora verdade.

Ás doce do mediodía fixemos o sorteo das dúas cestas de Nadal e os agraciados foron dous familiares dos rapaces que venderon as rifas: Concepción Asencio, nai de Alberto Borrajo, de 2º da ESO, e Kin, familiar de Nuria Basteiro, de 4º ESO. Grazas a todos os que participaron comprando a súa rifa. Invertiremos os cartos no Grupo de Teatro.