O Director Xeral de Educación da Xunta de Galicia ten comunicado ao  instituto que Iván Borges Rodríguez, alumno de 1º de Bacharelato do IES  Carlos Casares de Viana ten acadado o premio extraordinario de educación  secundaria ao esforzo e superación persoal do ano 2011. O premio xa foi  publicado no Diario Oficial de Galicia e será entregado en datas  próximas. 
O instituto felicitou por carta á familia de Iván. O centro quere  destacar a gran valía de Iván, merecedor do premio e a súa implicación  na vida do instituto a través do voluntariado. Noraboa.
|  | 
| Iván (cuarto pola esquerda) logo de recibir as felicitacións do equipo docente e compañeir@s | 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario