O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

sábado, 11 de febreiro de 2012

O pobo saharahuí en Viana

Carlos Ferreiro. Hoxe 10 de febreiro, acompañaronnos durante a mañá a Presidenta da Asociación Galega de Solidaridade co Pobo Saharauí, Maite Isla, e Ahmed Mojtar, Delegado en Galicia do Goberno da República Árabe Saharauí Democrática. Nunha charla dirixida ao alumnado de 4º da ESO e Bacharelato, Ahmed explicounos os desgrazados avatares do seu pobo, tras o abandono por parte de España en novembro de 1975, da que fora a provincia número 53 do noso territorio.



Tras a invasión militar por parte de Marrocos, actualmente o pobo saharauí atópase nun limbo legal, que trae como consecuencia a existencia dun muro de 2800 km de longo que divide familias e amigos, e que produce, na zona controlada por Marrocos, todo tipo de restriccións nas libertades e a violación sistemática dos dereitos humanos. Mentres, o pobo saharauí agarda, como nos confesou Ahmed, asistidos pola razón e a xustiza, o cumprimento da Resolución da ONU que insta a un referendeum de autodeterminación. Grazas a Ahmed e Maite polo seu testemuño, e por facer que esta causa non caia no esquecemento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario