Luis Fernández | Dous grupos de 3º de ESO do IES Carlos Casares de Viana son finalistas do XIV Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares, convocados polos Museos Científicos Coruñeses. A final terá lugar, no Domus (Casa do Home) da cidade da Coruña, o vindeiro sábado 9 de xuño de 2012, ás 11:00 horas, nun acto aberto a todas as persoas interesadas. Alí, cada grupo terá 15 minutos para expoñer publicamente a investigación realizada e deberá responder as preguntas do xurado.
Os dous grupos finalistas do Luis Freire 2012 |
Un dos traballos leva por título: Que monte se desertiza antes, un queimado ou un sem queimar?, e foi realizado por Alicia Blanco Parada, Lucia Estévez Mato, Marcos García Pérez e Daniel Seoane Rodríguez.
O outro traballo finalista, leva por título: Como inflúe o tipo de música ou silencio na memoria humana? e foi realizado por Damián Anta Fernández, Víctor Fernández Fernández, Marta Fernández Guerra e Paula Núñez Páez.
Link: https://docs.google.com/file/d/0B70h_8lfvvcvczZ2blp3UWdhNVU/edit?pli=1
LaRegión: http://www.laregion.es/noticia/211751/viana/institutocarloscasares/