O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

sábado, 20 de abril de 2013

Hipertensión non, grazas

David P. | Como xa sabedes, o pasado luns 8 de abril celebramos o Día Mundial da Saúde, adicado, neste ano, á hipertensión arterial (HTA).

Con motivo desta conmemoración, os compañeiros de 3º de ESO tomaron a tensión arterial a alumnos, profesores e persoal do centro. Tras realizar un estudo estatístico dos valores obtidos, presentámosvos os resultados:




En xeral, podemos afirmar que, no tocante á tensión arterial, o estado de saúde do noso centro é relativamente bo. Eso si, non esquezades realizar unha dieta saudable e exercicio físico de forma habitual para seguir así de estupendos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario