O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 17 de outubro de 2013

Con coidados

Carlos F. | No día de hoxe, 17 de outubro, Paz Caínzos, de Intered, presentou co grupo de alumnas e alumnos de 4º da ESO os contidos da campaña Actúa con Coidados: transforma a realidade, de cara a iniciar un proceso de incidencia na comunidade educativa do IES Carlos Casares de viana do Bolo. Nesta primeira sesión, afianzáronse algúns conceptos e tratáronse de definir os pasos a seguir nun eido de traballo que partirá de analizar a crise de coidados e a crise ecolóxica que se dá nos seus fogares, no centro educativo e na súa contorna.


No traballo posterior que comezará a realizar o alumnado, traerán unha serie de fotografías que ilustren esta crise que poden constatar ao seu carón, e analaizarán as causas e consecuencias da mesma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario