Betty N. | O pasado 26 de decembro, o alumnado de francés do IES Carlos Casares representou diferentes obras teatrais na Casa da Cultura de Viana do Bolo. A finalidade, recadar fondos para a súa viaxe a Bélxica no vindeiro mes de abril.
O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
mércores, 31 de decembro de 2014
domingo, 28 de decembro de 2014
Estamos na rede
Boas!
A partires
de agora, podes atoparnos na nosa canle de Youtube, en Facebook, a
través do Skype ou suscribirte ás novas mediante o fedd rss. Poderás
facelo dende os enlaces da esquina superior dereita deste blog. Non
deixes de visitarnos!
https://www.youtube.com/ochoupin |
https://www.ochoupindixital.blogspot.com/feeds/posts/default |
https://www.facebook.com/ochoupin |
voluntariadocasares |
Festival de Teatro Talía na Casa da Cultura
Ovidio V.
| O alumnado do Grupo de Teatro Talía, do IES Carlos Casares, levou a
cabo unha memorable atuación na Casa da Cultura de Viana do Bolo. Nun
formato moi dinámico que incluía coreografías, imitacións, pequenas
obras de teatro e monólogos, o público acabou entregado ante o
entusiasmo destes mozos e mozas que, nun guiño á súa inesquecible María,
pecharon de forma sensacional este último trimestre de 2014.
Galería completa de imaxes
Galería completa de imaxes
xoves, 25 de decembro de 2014
venres, 19 de decembro de 2014
Un Nadal diferente
Ovidio V. | Hai días que esta iniciativa de "Agasallos para todos" se colou nas nosas vidas xa non só como algo bonito ou necesario, senón como lóxico e de xustiza. A idea, nacida no seo do Equipo de Normalización Lingüística do noso centro, levounos, xunto co IES Xermán Ancochea Quevedo de Trives, a recoller centos de xoguetes usados e en bo estado, que serán distribuídos entre aquelas familias máis desfavorecidas da montaña ourensá.
Carlos Ferreiro, Director, e Loli García, Coordinadora do ENDL, agradecen ao alumnado do IES Carlos Casares a súa fenomenal implicación nesta proposta. |
Á volta do Nadal, ambos centros educativos levaremos a cabo unha videoconferencia para valorar a repercusión desta iniciativa sostible e de xustiza social.
Taller de recortes
Ovidio V. | A través dunha interesante iniciativa do MAC (Museo de Arte Contemporánea da Coruña), onte 18 de decembro visitounos o artista ourensán Rosendo Cid, quen desenvolveu un divertido taller de collage co alumnado de 1º e 2º de ESO. Logo de explicar con detalle as técnicas máis utilizadas nesta forma de crear arte, Rosendo animou a rapaces e rapazas a crear as súas propias obras de arte.
xoves, 18 de decembro de 2014
Hábitos de Alimentación (II)
Ovidio V. | Baixo este título tivo hoxe lugar a segunda parte do taller levado a cabo pola Cruz Vermella entre o alumnado de 4º de ESO. A continuación podedes ver algún dos traballos creados neste obradoiro.
Navegando polo mundo antigo
Ovidio V. | A semana pasada convidáronme a presenciar a exposición de diferentes traballos sobre Roma e Grecia clásica: mitoloxía, hábitos de vida... Un marabilloso traballo levado a cabo polos rapaces e rapazas que cursan Latín e Grego en 1º de Bacharelato. Se me avisades de novo, volvo encantado. Parabéns polo voso traballo!
mércores, 17 de decembro de 2014
Congreso en Madrid
O IES Carlos Casares, por medio do seu director, Carlos Ferreiro, estivo
representado o 15 e 16 deste mes en Madrid, na Comisión de
Planificación da Rede "Docentes para el Desarrollo", que se celebrou na
Agencia Española de Cooperación Internacional Para el Desarrollo.
O
objectivo básico era organizar durante o 2015 o V Encontro nacional de
docentes en educación para o desenvolvemento e, por parte do noso centro,
aportamos a idea da necesidade de reflectir a educación para o
desenvolvemento, a solidariedade e a cooperación dentro das señas de
identidade dos centros, especialmente de institutos como o IES Carlos
Casares, onde esa prioridade leva tempo a ser traballada. Introducir
tarefas que implican atención ás desigualdades de todo tipo debe ser un
desafío que vaia dende o PEC ás programacións de Departamento, ate e
sobre todo, ás programacións de aula, para que o alumnado asuma unha
forma de aprender reflexiva, crítica e solidaria. Foi de novo un placer
reunirnos cos nosos compañeiros e compañeiras premiados das diferentes
edicións do "Premio Vicente Ferrer de Educación para el Desarrollo".
Grazas a tod@s.
martes, 16 de decembro de 2014
Quérote máis
Acaban de comezar as actividades programadas para este curso en colaboración co programa Quérote máis da Consellería de Traballo e Benestar. O alumnado de 3º de ESO beneficiarase desta iniciativa integrada no Plan Proxecta e que traballa temas tan interesantes coma a autoestima, a sexualidade ou as relacións sociais.
venres, 12 de decembro de 2014
VOTA!!!
Vota, ou re-vota!!!
O vídeo "Nun recuncho de Galicia..." precísate. Están a chegar votos emitidos no lugar equivocado. Vota a través deste enlace:
O vídeo "Nun recuncho de Galicia..." precísate. Están a chegar votos emitidos no lugar equivocado. Vota a través deste enlace:
xoves, 11 de decembro de 2014
Estatuto de Autonomía de Galicia
Nestas datas conmemoramos o nacemento do Estatuto de Autonomía de Galicia, no ano 1981. Trinta e tres anos da historia máis recente da nosa comunidade, que hoxe se están a analizar e valorar nas aulas do noso instituto.
Nas imaxes, podedes ver ao alumnado de 4º A nunha sesión do Ámbito Socio-Lingüístico pescudando non só sobre o Estatuto actual, senón tamén sobre o seu precedente de 1936.
Dereitos Humanos
Onte 10 de decembro conmemorouse o Día Internacional dos Dereitos Humanos. O alumnado de Educación para a Cidadanía de 2º da ESO organizou unha interesante exposición de carteis alusivos á reivindicación dos dereitos básicos, e pemanecerá aberta ao público durante o mes de decembro.
mércores, 10 de decembro de 2014
Nun recuncho de Galicia...
José F. | Preseleccionada no concurso de axenda dixital 2020 a nosa curta "Nun recuncho de Galicia 2021" realizado por 5 alumn@s de 1BAC do IES Carlos Casares de Viana do Bolo. Por favor, dar a ME GUSTA e reenvialo aos amig@s. Cantos máis mellor.
sábado, 6 de decembro de 2014
Día Internacional do Voluntariado
Onte 5 de decembro conmemorouse o día internacional do Voluntariado. A primeira actividade no noso IES foi un Skype con outro centros galegos participantes na Rede de Centros Escolares Solidarios e a Dirección Xeral de Voluntariado. O alumnado voluntario vianés intercambiou ideas sobre que significa ser voluntario ou voluntaria e mesmo compartiu información referente á labor voluntaria no Carlos Casares.
En breve teredes máis información sobre a segunda actividade, Pulseiras e Abrazos.
Construindo as pulseiras |
Skype a cinco bandas |
Skype, detalle do monitor |
Antes de partir cara á Praza Maior |
Pulseiras e Abrazos |
Pulseiras e Abrazos |
Pulseiras e Abrazos |
Pulseiras e Abrazos |
venres, 5 de decembro de 2014
Cooperación Galega, presentando o proxecto
Ovidio V. | Hoxe presentouse no IES Carlos Casares de Viana o programa "Cooperación Galega: o mundo que queremos". Enmarcado no Plan Proxecta, este programa pretende promover o pensamento e o debate sobre as grandes desigualdades existentes arredor do planeta, especialmente ao longo do eixo Norte-Sur. O noso centro afronta co ilusións renovadas a súa segunda participación nesta actividade, desta volta con 2° e 4° de ESO.
Link á nova en www.osil.info
Link á nova en www.osil.info
Carlos e Paula, ao comezo do taller de 1° de ESO |
Dinámica de grupo |
Reparto desigual: nenos son persoas de diferentes continentes e sillas riqueza |
mércores, 3 de decembro de 2014
Un Nadal diferente
O IES Carlos Casares de Viana do Bolo e o IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives están a levar a cabo conxuntamente unha campaña de recollida de xoguetes. Esta interesante iniciativa, que parte do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro vianés, pretende favorecer un Nadal diferente, onde todas e todos os nenos teñan o seu agasallo. Ata o 18 de decembro recollemos xoguetes. Animádevos a participar!!
Constitución, preparativos...
O vindeiro 6 de decembro a Constitución Española cumpre 36 anos. Para conmemorar este feito o alumnado de 3º A vén de deseñar, a través do Ámbito Socio-Lingüístico, uns chamativos carteis que vos convidamos a vir ver.
Gañando terreo ao VIH
Este pasado 1 de decembro conmemorouse o Día Internacional da loita contra a SIDA. Esta enfermidade, que sofre unha considerable parte da poboación, parece estar preto do tránsito de mortal a crónica. Aínda así, son moitas as lagoas que aínda quedan por cruzar, e unha das máis importantes é a tolerancia, respecto e comprensión para quen a sofre. Este foi o traballo que desenvolveu Natalia, voluntaria da Cruz Vermella, nun intenso obradoiro con 3º de ESO.
martes, 2 de decembro de 2014
O mellor consello...
Instantes antes de saír cara Verín para participar no "Campo a través", o profesor de Educación Física transmite ánimo e ilusión a rapaces e rapazas que consideran o deporte como un verdadeiro medio de expresión. Citando palabras textuais, "o principal é que vaiades a pasalo ben e desfrutedes da xornada".
Plan de convivencia en centros
Como cada ano, o noso IES acóllese ao Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nas súas Contornas, unha moi boa iniciativa promovida pola Delegación do Gobernos en Galicia. Desta vez, tiveron lugar dúas máis que necesarias ponencias: "Perigos das novas tecnoloxías" para 1º de ESO e "Violencia de xénero" para 2º de ESO. Agradecemos, neste caso á Garda Civil como representantes deste proxecto de cara ao noso centro, o seu esforzo na procura de dous obradoiros tan importantes como amenos e participativos.
luns, 1 de decembro de 2014
Cinefórum contra a violencia de xénero
Dentro das actividades programadas con InterEd para este curso, o pasado 25 N, día Internacional contra a violencia de xénero, tivo lugar na aula Xesús R. Jares un interesante Cinefórum e posta en común para analizar a repercusión social da violencia e as posibles formas de traballar en favor da igualdade de xénero. Agradecemos a presenza de Paz e Ángel no desenvolvemento desta actividade para o primeiro ciclo da ESO.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)