O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

domingo, 28 de decembro de 2014

Festival de Teatro Talía na Casa da Cultura

Ovidio V. | O alumnado do Grupo de Teatro Talía, do IES Carlos Casares, levou a cabo unha memorable atuación na Casa da Cultura de Viana do Bolo. Nun formato moi dinámico que incluía coreografías, imitacións, pequenas obras de teatro e monólogos, o público acabou entregado ante o entusiasmo destes mozos e mozas que, nun guiño á súa inesquecible María, pecharon de forma sensacional este último trimestre de 2014.


 Galería completa de imaxes

Ningún comentario:

Publicar un comentario