O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 7 de febreiro de 2014

Día da Paz 2014

Ovidio V. | Ollando ao noso arredor, vemos que segue a haber guerras, maltrato, exclusión social... Seguimos a ter un mundo que adoece dunha das enfermidades máis vellas que poden existir: a violencia. Sen embargo, hai pequenas accións que poden mover o mundo. Son pequenos xestos que nos fan pensar no que nos rodea, que nos fan ver a realidade doutra forma e que nos fan, en definitiva, ser máis conscientes dos problemas que a sociedade está a ter.

Golosinas con mensaxes de paz durante unha das representacións do Grupo de Teatro Talía (Foto: José F.)

Un caramelo con mensaxe no envoltorio, un escenario pleno de rapaces e rapazas que se saben facer escoitar sen dar un so berro, o diálogo como ferramenta mediadora en conflitos...

O alumnado do Grupo de Mediación Escolar explicando polas aulas a importancia do diálogo (Foto: José F.)



 En definitiva, a palabra como medio de expresión contra todo tipo de armas e ideas belicistas. Esta é a idea que o noso alumnado comunicou ao mundo dende este pequeno recuncho o pasado 30 de xaneiro.

Nunca nos deixedes de sorprender!

Ningún comentario:

Publicar un comentario