Noemí O. | Os pasados días 24 e 25 de Abril, acompañadas por dúas das profesoras do noso centro, Monse e Uxía, asistimos a Santiago de Compostela co motivo do segundo encontro de mediadores. Unha convivencia na que coincidiamos un total de 22 centros de ensinanza secundaria de varios puntos de Galiza.
|
Nerea, Monse, Noemí e Uxía |
Ao chegar, tras a recollida do material, asistimos á presentación e á benvida a este encontro, no que se nos presentaron moitas oportunidades nas que enriquecernos como mediadores/as. De seguido, elaborouse un espazo aberto cun total de dez grupos nos que os temas eran totalmente diferentes, falando de cómo contribuiriamos nós dende o noso centro para unha convivencia positiva. Un tipo de talleres, nos que a comunicación entre alumnos, profesores e pais/nais se fomentou e tratou de reforzar, expoñendo os nosos puntos de vista e chegando a unhas conclusións. Tras este espazo, tocoulle o turno aos xogos, a poñer en práctica a nosa cooperación e a quitar a vergoña, tratando de sacar o máximo partido ao encontro e a interactuar cos demais.
Tras a cea e a repartición de habitacións, chegou a hora da noite, no que acompañados de xogos, música e bailes, pasamos un rato increíble xunto con todos.
O Venres, desprazámonos ao IES Antonio Fraguas no que disfrutamos de tres tipos de obradoiros, relacionados co acoso e temas de mediación e discriminación. Un dos talleres, trataba sobre a prevención do acoso, o que foi realmente interesante, adquirindo valores e coñecementos. Neste taller escribimos mensaxes (entre outras actividades) que serían enviadas a nenos/as que sufrían acoso. Outro deles, relacionado co teatro, no que o grupo deste centro nos representou unha obra que nos mostraba a discriminación, e a continuación un debate sobre esa mesma. O último dos talleres era de radio, no que tivemos que realizar unha serie de anuncios sobre diferentes temas.
Finalmente, tras a despedida, a entrega de diplomas e as fotos grupais tomamos camiño a Viana, levando connosco unha experiencia única, na que os nosos coñecementos se ampliaron considerablemente.
Tomo o momento para animar a todas aquelas persoas do centro que non son mediadores/as a realizar esta formación e poder asistir a este tipo de encontros nos que poder pasalo ben, á vez que aprendemos aspectos de moito interese na vida actual. Facendo todo isto, coa esperanza de axudar a quen o necesite, así como ser mellores persoas.