O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 17 de abril de 2014

Gabriel, único

Fonte imaxe >>
Carlos F. | Hoxe, 17 de abril de 2014, deixounos o que, sen dúbida, pode considerarse o mellor novelista hispanoamericano de todos o tempos, e o pai do chamado "boom" da narrativa hispanoamericana, que elevou as letras de América Latina a unha cota inigualable de lectores e seguidores nas décadas de 1970 e 1980. 

Coa súa cidade literaria de Macondo, territorio da obra mestra Cien años de soledad, establece un espazo para a utopía que queda como símbolo da maxia, o soño e a liberdade. Outras novelas como El amor en los tiempos del cólera, que no seu ano de publicación vendeu en EEUU máis exemplares que ningunha outra obra de autor norteamericano, o El coronel no tiene quien le escriba, sitúanse no máximo exponente da narrativa en castelá do século XX.

Pasarán moitos anos para que alguén ocupe o seu espazo nas letras hispánicas. Non podo terminar este recordo sen unha reflexión persoal emocionada. Se hoxe me adico a ensinar literatura, ten moito que ver a lectura de Cien años de soledad nun verán de hai xa moitos anos. Ata sempre, Gabo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario