O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

sábado, 31 de maio de 2014

O Agra do Orzán visita Viana

Ovidio V. | Os pasados 22 e 23 de maio recibimos a agardada visita do alumnado do Agra do Orzán (A Coruña) como parte dun proxecto de inmersión lingüística. Esta aventura, que xa comezou hai anos, tivo continuidade este ano con esta visita e coa que o alumnado do IES Carlos Casares realizou tamén a comezos deste mesmo mes (ver noticia nesta revista). 

O grupo ao pe da morrena glaciar de Chaguazoso (Galería completa de imaxes)

O alumnado que compartiu experiencias desta volta foi o de 1º da ESO, de ambos centros, e no marco dunha fenomenal convivencia de dous días visitaron o museo etnográfico de Vilariño de Conso, a morrena de glaciar de Chaguazoso e a Torre do Castelo de Viana do Bolo. Tamén houbo tempo para unha agradable ruta de castiñeiros e rebolos preto de Viana.

Unha imaxe perfecta de convivencia

Día de Europa

Nos corredores do IES poden verse os carteis conmemorativos do Día de Europa, adicado este ano ás Illas Británicas. O departamento de Inglés vén de levar a cabo esta actividade co alumnado de 4º de ESO.


venres, 30 de maio de 2014

Fallo del VI Premio IES Carlos Casares - Fundación ENDESA

José Mª P. | El jurado acaba de fallar el Premio IES Carlos Casares – Fundación Endesa, en su sexta edición. El trabajo ganador es La Tecnología LED, realizado por Moisés Carral Ortiz, del IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa.

La entrega del premio tendrá lugar el viernes 6 de junio a las 13:00 horas en el Aula Magna Xesús R. Jares del IES Carlos Casares de Viana do Bolo. A este acto tienen prevista su asistencia el Director de la UPH Noroeste de Endesa, don Ramón Laguna Blasco, además de otros representantes de Endesa.

Felicidades a todos los participantes, en especial a Moisés, a la profesora Susana Oubiña y a todos los miembros del instituto Castro Alobre.

xoves, 29 de maio de 2014

Clausura da V Semana da Orientación

Plácido B. | O día 14 de maio o Profesor titular da Universdidade de Vigo Dr. D.Camilo Ocampo Gómez  achegou a problemática -sempre interesante e nova da educación- ás familias dos nosos alumnos. Clausurábase deste xeito a V Semana da Orientación.


A asistencia de nais e pais foi masiva e contáronse unha 200 personas. Tocou temas dun alto interese tanto para as familias como para a propia Universidade  xa que brindou unha visión renovada da propia Orientación. As familias agradeceron a súa intervención sabia e desinteresada.

mércores, 21 de maio de 2014

GaliSENIOR 2014

Rubén D. | O noso alumnado do Ciclo Formativo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia visitou o pasado xoves á novena edición de GaliSENIOR, salón adicado ás persoas maiores galegas, ás súas familias e a profesionais que prestan servizos neste sector da poboación. 


Pola mañá as alumnas e alumnos do Carlos Casares asistiron a diferentes conferencias de Xornadas Técnicas, resultando de moito interese a de Atención no Medio Rural. Visitaron tamén varios stands, como o da Cruz Vermella. Xa pola tarde, participaron de forma exitosa nun taller de risoterapia. A xulgar polos sorrisos, coidamos que esta viaxe foi todo un éxito.


EPD no Escorial

Na de semana do 9, 10 e 11 de maio tivo lugar en San Lorenzo del Escorial, (Madrid) o IV Encuentro Nacional de Docentes en Educación para el Desarrollo "Creando Redes". O noso instituto estivo representado polo director, Carlos Ferreiro, e a xuntanza serviu para reunir a todos os centros gañadores do Premio Vicente Ferrer en Educación para o Desenvolvemento (como foi o noso en 2009 gracias ao Irmanamento coa U.E.Timoteo Rondales de Bermejo-Bolivia).


No encontro, profesorado de todo o país intercambiou impresións sobre o que debe ser o futuro dunha educación solidaria, e que fomente o traballo en competencias básicas (especialmente a Social e Cidadá): as dúas liñas que proporcionan esa mellora son a Aprendizaxe-Servizo e o Traballo por Proxectos. No noso instituto podemos dar mostras de ambas liñas, pondo como exemplo os diferentes ámbitos de voluntariado, ou moitas das actuacións do Plan Proxecta (Clases sen Fume, Cooperación Galega, Rede de Centros Solidarios, Meteoescolas, Xogade, etc), e no plano do traballo por Proxectos, moitas colaboracións entre diferentes Departamentos (Inglés, Bioloxía durante a estadía en Salduero)

Recibimos moitas ideas novas e orixinais nesta fin de semana e, xa que logo, un pulo de optimismo para levalas á práctica. É preciso, pois, agradecer ao MECD e a AECID(Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo), o feito de manter cada ano estes simposios onde cada quen aporta parte da súa experiencia, cos seus acertos e erros, na procura dunha mellor calidade da educación pública, e o carácter máis social e solidario da mesma.

Día Internacional do Consumidor

Ovidio V. | Con dous meses de retraso ven a luz os carteis conmemorativos do 15 de marzo (Día Internacional do Consumidor). O alumnado de "Matemáticas Aplicadas ás CCSS I" leva tempo traballando nun proxecto no que se pretenden estudar obxectivamente as campañas de anuncios de xoguetes: tipos de xoguete, público ao que van destinadas, quen as narra... Agora por fin teñen as ferramentas necesarias para un completo estudo estadístico, así que neste intre comezan a saír á luz as primeiras conclusións, tiradas da análise duns 200 spots televisivos e de internet observados no pasado Nadal. As principais conclusións amósanse a continuación.

Cartel alusivo ao público ao que se publicitan determinados xoguetes (Ángel, Aarón e Diego)

Estudo feito sobre se hai máis narradores ou narradoras (Victoria e Bruno)

Estudo realizado para comparar as porcentaxes de xoguetes estáticos e dinámicos (Miguel e Idoya)
Parabéns ao alumnado participante neste proxecto, porque están a realizar un traballo serio, rigoroso e, francamente, necesario. Este traballo, enmarcado no programa Galicons-net (Plan Proxecta) presentarase ao resto do alumnado de 1º de Bacharelato en breve, incluíndo estas e outras interesantes conclusións que os datos vaian desprendendo.

martes, 20 de maio de 2014

Adicións III: consumo de drogas

link ao programa
Na xornada de hoxe 20 de maio acompañounos Pilar Trabazo para completar a terna que dende o SERGAS nos propoñen para traballar nos centros o mundo das adicións. Logo de ter falado das adicións sociais e o tabaco, hoxe foi o turno para o alcol e outras drogas, fundamentalmente heroína, cocaína e cannabis. As orixes, o comercio, o consumo e as consecuencias. Unha lección precisa para un submundo no que se entra a idades cada vez máis temperás e do que é moi complicado saír.

Dende o noso centro agradecemos o apoio que se nos está a ofrecer a través de campañas coma esta. 

Blogs do alumnado de TIC

O alumnado de TIC, de 1º de Bacharelato", vén de crear unha serie de blogs de temática diversa, como parte do traballo levado a cabo en dita asignatura. Aquí vos deixamos os enlaces:

Blog de David e Aarón
Blog de Miguel, Lorena e Idoya
Blog de Ángel e Diego
Blog de Marta e Bruno
Blog de Alicia e Lucía

Mediación na Pobra de San Xiao

Durante as últimas catro semanas, Os profesores do IES Carlos Casares Monserrat Ulloa, Uxía Bermúdez e Carlos Ferreiro impartriron unhas xornadas de formación en Mediación Escolar e Convivencia no CPI Ramón Piñeiro de A Pobra de San Xiao, (Láncara-Lugo). Gracias a invitación do CEFORE de Lugo, tivemos a oportunidade de intercambiar experiencias e difundir os nosos proxectos neste centro lucense, dun perfil rural semellante ao noso e que conta cun profesorado dinámico e activo. 

Os tres profesores invitados queremos agradecer o ambiente familiar, e o impresionante trato humano que nos facilitaron no CPI Ramón Piñeiro, no que por riba de ser relatores, obtivemos tamén unha aprendizaxe moi valiosa para o noso traballo cotiá. Grazas e seguimos en contacto.

Sexualidade

Juan B., Miguel P. | Onte día 19, tivemos una charla sobre a sexualidade. A charla, dada pola Cruz Vermella, estivo moi ben para aprender moitas cousas sobre a sexualidade que non sabiamos.

Nati e Alba, da Cruz Vermella, durante un momento da charla de onte

Explicáronnos que a sexualidade non é só sexo, senón que tamén inflúen os sentimentos de cada persoa. Outra das cousas que nos ensinaron foron as partes dos aparellos reprodutores de cada sexo. Ao final estiveronnos explicando como se podían previr as enfermidades nunha relación.

venres, 16 de maio de 2014

Día do Libro e Semana das Letras Galegas

Para festexar ambas conmemoracións, os Departamentos de Latín e Grego, de Actividades Complementarias e Extraescolares, de Normalización e de Lingua Galega veñen de organizar dúas interesantes actividades.



A primeira delas, a presenza no noso centro do contacontos "Fran", que xa ten estado no noso centro e que mantivo a atención do público coas súas hitorias e a súa música. A segunda foi a asistencia á representación teatral da obra "Memorias dun neno labrego", nunha actuación compartida co CEIP San Martiño (Vilariño de Conso) e co CEIP Bibei (Viana do Bolo). En ambos casos, a valoración por parte do público foi moi positiva. Pola súa banda, o Departamento de Normalización decidiu aproveitar esta celebración para dotar de fondos a biblioteca do centro aproveitando as achegas da Consellería ao proxecto que se está a desenvolver.

Spot voluntario

Ovidio V. | No marco do programa "Rede de Centros Escolares Solidarios" (Plan Proxecta) visitounos esta semana Ramón Molina, coordinador desta interesante proposta para unha ducia de centros educativos galegos.

Ramón Molina escoltado por dous dos voluntarios máis veteranos Samuel e Lois

Na súa visita ao noso IES reuniuse co alumnado que integra os diferentes plans de acción voluntaria do centro coa finalidade de rodar un spot sobre a mesma. No anuncio reflectiranse aqueles eidos nos que ten lugar o voluntariado no noso instituto: biblioteca, TIC, mediación, cooperación, eventos deportivos e ecoloxía.

xoves, 15 de maio de 2014

Visita ao Parque do Invernadoiro

Pouco hai que contar cando as imaxes falan por si soas. Desfrutade desta montaxe de José F. para o Choupín da actividade que se desenvolveu os pasados 7, 8 e 9 de maio.

luns, 12 de maio de 2014

Viaxamos á Coruña

Remedios J. e Ana Mª A. | O alumnado de 3º e 4º de ESO do Ies Carlos Casares realizamos unha saída á Coruña os días 7, 8 e 9 de maio. Nela desenvolvemos distintas actividades, como a visitas a distintos museos: o museo nacional da ciencia e tecnoloxía MUNCYT, o museo de belas artes e o museo militar.

Foto de grupo do alumnado dos dous centros, Carlos Casares e Agra do Orzán (galería completa)

Tamén visitamos o intituto IES Agra do Orzán onde alumnas e alumos nos amosaron o seu centro e as diferentes actividades extraescolares que eles levan a cabo (como o Parkour). Tamén visitamos a torre de Hércules e Betanzos.