O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

sábado, 31 de maio de 2014

O Agra do Orzán visita Viana

Ovidio V. | Os pasados 22 e 23 de maio recibimos a agardada visita do alumnado do Agra do Orzán (A Coruña) como parte dun proxecto de inmersión lingüística. Esta aventura, que xa comezou hai anos, tivo continuidade este ano con esta visita e coa que o alumnado do IES Carlos Casares realizou tamén a comezos deste mesmo mes (ver noticia nesta revista). 

O grupo ao pe da morrena glaciar de Chaguazoso (Galería completa de imaxes)

O alumnado que compartiu experiencias desta volta foi o de 1º da ESO, de ambos centros, e no marco dunha fenomenal convivencia de dous días visitaron o museo etnográfico de Vilariño de Conso, a morrena de glaciar de Chaguazoso e a Torre do Castelo de Viana do Bolo. Tamén houbo tempo para unha agradable ruta de castiñeiros e rebolos preto de Viana.

Unha imaxe perfecta de convivencia

Ningún comentario:

Publicar un comentario