Jose M. Pérez | Os alumnos de tecnoloxía de 4ºB remataron o curso coa construcción dunha incubadora que consta de tres partes:
- una caixa de madeira e unha estrutura de contrachapado xiratoria con manivela, onde se colocan os ovos suxeitos ós ocos mediante a forza elástica dunhas pinzas.
- un sistema eléctrico de con dous ventiladores reciclados de computadoras vellas alimentados a 12 voltios de corrente continua, procurando a maior transmisión da calor por convección forzada e a homoxeneidade de temperaturas no interior da caixa.
- un sistema de control con cableado alimentado a 12 voltios. Consta dun sensor de temperatura, un dispositivo de transducción para referencia (37ºC desexados), un comparador, un regulador (neste caso un relé, que fai un control todo-nada) e un actuador que consiste nunha bombilla de infrarroxos de 250 watios.
Os alumnos quixeron demostrar a eficacia do artello, e quince ovos galeados (fecundados) colocáronse no dispositivo