O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 23 de xuño de 2014

Carreira contra a violencia

O pasado xoves 19 de xuño tivo lugar na Praza Maior de Viana do Bolo a I Carreira Contra a Violencia de Xénero. Organizada conxuntamente pola ong InterEd e polo IES Carlos Casares, foi un bonito broche a todo un traballo anual no eido da campaña Actúa con Coidados. Hai que facer unha mención especial ao alumnado de 4º da ESO do IES Carlos Casares, quen levou o peso da organización desta carreira.

Instantes antes da saída (ver aquí galería completa)

Ningún comentario:

Publicar un comentario