Esta tarde, os compañeiros María Lobo e Roi Guitián, de AGARESO 
(Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) desprazáronse ata Viana do 
Bolo dende Vigo para impartir o primeiro obradoiro dunha serie de 
actividades sobre Eduacación para o Desenvolvemento que esta ONG 
traballará ao longo do curso 2015-16 co alumnado do noso centro, 
concretamente de 1º e 2º de ESO.
Esta primeira actividade centrouse no uso correcto e responsable da 
linguaxe no ámbito xornalístico, especialmente na idea de evitar os 
prexuízos, os termos pexorativos que exclúan a unha etnia, nacionalidade
 ou grupo social, e resaltaron a necesidade de buscar sempre a 
obxectividade e o respecto ás persoas por riba do sensacionalismo.
Este proxecto, pioneiro en Galicia, fórmano cinco institutos galegos: Viana do Bolo, Navia de Suarna, A Sangriña (A Guarda), A Cachada (Boiro) e Milladoiro (Santiago), e un centro de secundaria de El Salvador. A vindeira sesión terá lugar o luns 16 de novembro. Estaremos encantados de recibir de novo a María e Roi.

Ningún comentario:
Publicar un comentario