O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

sábado, 30 de abril de 2016

Convivencia en Pontedeume

C. Cabana | En esta convivencia en Pontedeume realizamos cursos de gestión de emociones, aprendimos a mirar dentro de nosotros y a distinguir las emociones de los pensamientos.







Discutimos de temas actuales y, lo que yo considero también muy importante, conocimos a gente muy especial, muy buenas personas... y aunque haya sido efímero, no se pueden olvidar, porque en poco mas de 24 horas se han hecho un hueco en nosotros. ¡¡¡¡OS ECHAREMOS DE MENOS!!!!

venres, 29 de abril de 2016

IV encontros para unha convivencia positiva

Preto de 20 centros educativos nos xuntamos durante dúas festivas xornadas en Pontedeume. O obxectivo, afianzar a conciencia de grupo a favor dunha convivencia positiva.



Esta é a cuarta edición dunha cita anual que ten un oco fixo no noso calendario. Desta volta estamos a traballar a xestión das emocións, algo vital para as persoas. Onte 28, logo dun produtivo openspace entre alumnado, profesorado e familias, puidemos tamén coñecernos a nós mesmos un pouco máis, intercambiar experiencias en xogos e dinámicas de grupo e profundar na galaxia das emocións da man de Rafael Bisquerra.

Acabamos de espertar... Que nos deparará a xornada de hoxe?

mércores, 27 de abril de 2016

Obradoiro de sexualidade

Hoxe acompáñanos Laura, do centro Quérote+ de Ourense, para realizar a terceira e última sesión con 3º de ESO para este curso, concretamente está nestes intres a traballar a sexualidade. Na imaxe podedes ver ao alumnado xogando ao tabú, un xogo no que hai que adiviñar unha palabra descrita sen poder utilizar determinados vocablos...



Sexualidade e igualdade

Hoxe levouse a cabo a actividade "8M: sexualidade e igualdade", un obradoiro para 4° de ESO impartido por Xacobe, Alba e Brais, a quen agradecemos esta interesante proposta que afonda tanto no coñecemento da linguaxe coma nos roles de xénero.


martes, 26 de abril de 2016

Cantautores

Onte acompañounos Isaac, amigo do centro dende hai tempo, nun magnífico recital seu que serviu para coñecer de preto diferéntes épocas da nosa historia máis recente a través de cantautores como Horacio Guaraní, José Feliciano, Víctor Manuel ou Joaquín Sabina. Grazas por esta fermosura!


Podes ver diferentes temas interpretados na nosa canle de Youtube e no Facebook

luns, 25 de abril de 2016

Sen deixar ninguén atrás...

Os profesores do noso centro Carlos Ferreiro e Luis Crende tivemos a honra de asistir nesta fin de semana do 22 ao 24 de abril a VI  Encuentro Nacional de Docentes en Educación para el Desarrollo "Creando Redes", que tivo lugar en Guadarrama (Madrid).


O lema de esta edición foi "As persoas no centro, sen deixar a ninguen atrás". Tres días de traballo en torno a solidariedade e  a xustiza social na educación, e na que ademais, África foi a protagonista. Ali tivemos tempo  a intercambiar experiencias, comparar a conexión entre la proxectos en África co noso irmanamento con Bermejo-Bolivia, e debatir sobre o futuro de estas actividades que tanto contribuen a construir unha cidadania crítica e autónoma.

Máis información: http://docentesparaeldesarrollo.blogspot.com.es/

martes, 5 de abril de 2016

Visita cultural a Ponferrada

Recentemente o alumnado do segundo ciclo da ESO vén de visitar en Ponferrada o Museo da Enerxía, o da Radio e a Aula Arqueolóxica das Médulas. Esta saída, levada xa a cabo hai dous cursos con notable éxito, non defraudou tampouco desta vez, e o alumnado amosouse satisfeito coa planificación desta viaxe cultural.





Iago Vidueira comentábanos:

"A mi el museo de la radio me pareció muy interesante, no tanto la parte del museo, si no más la parte del estudio de radio, donde los de tercero grabamos un programa de radio de 7 min, que tardamos en grabar casi una hora.
En la parte del museo vimos la evolución de la radio en España desde el 1920 hasta 1990 y los premios ganados por Luis Del Olmo."




VII Semana da Orientación

O. Villar | Onte celebrouse a VII Semana da Orientación no IES Carlos Casares. A xornada, inaugurada pola Xefa Territorial de Educación Mercedes Gallego, foi valorada como moi positiva por parte dos asistentes. O alumnado de 3º ESO, 4º ESO e Bacharelato coñeceu de primeira man o funcionamento das universidades galegas, entre outras, e os aspectos máis relevantes dos ciclos formativos que se poden cursar, entre outros lugares, na Pobra de Trives ou no Barco.







Durante a mañá visitáronnos as Universidades de Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, León e Chaves. Xa pola tarde, leváronse a cabo tres talleres informativos: o de infantería de marina, o de electricidade e o de mecánica. Roberto Cid, inspector de educación, valorou este tipo de iniciativas como útiles, vitais e de necesaria conexión coa realidade.

luns, 4 de abril de 2016

Novas imaxes da viaxe a Lisboa

A. Rodríguez de Zugasti | O museo Calouste Gulbekian é un dos museos máis importantes de toda Europa. O seu nome procede do home de negocios, de nacionalidade armenia, Calouste Sarkis Gulbekian. O museo conta cunhas 6.000 pezas pertencentes ás distintas épocas dende a arte exipcia  ata  a Arte Nova  pasando por pezas gregas tales como moedas; mesopotámicas, chinesas, pinturas e mobles do século XVIII...






Ademais da gran diversidade de pezas coas que conta o museo , as características destes son,  que como motivo decorativo, en moitas delas , son elementos da Natureza. Tamén debemos destacar  que para Gulbekian , moitos dos obxectos da súa colección tiñan unha función máis alá da decorativa, pois usaban os mobles etc. que compraba.
 
Gulbenkian caracterizouse por ser unha persoa que quixo que tras a súa morte  todas as pezas da súa colección  permanecesen baixo un mesmo teito, desta maneira nacía o museo Calouste Gulbekian.
Desta forma pasamos a mañá inmersos  nun mar de culturas e sabiduría  en soamente 16 salas.

venres, 1 de abril de 2016

Aprendendo a aprender

O alumnado de matemáticas de 1º de ESO vén de exercer de docente nunha actividade intercentros na que tamén participou o alumnado de 5º e 6º do CEIP Bibei. Unha interesante iniciativa emprendida polos departamentos de Debuxo e Matemáticas que profunda nas unidades de medida e os sistemas de conversión.

Video: J. Fouz

Visita a ANDREA, San Salvador dos Penedos (Allariz)


O día 8 de Marzo, as alumnas do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (IES CARLOS CASARES, Viana do Bolo) visitamos as instalacións da Asociación ANDREA. Ademais da conservación da raza asnal en Galicia, realizan terapia Asistida con Asnos para persoas en desvantaxe física, psíquica ou social.


Contáronnos que tamén fan xabrón co leite das burras e con diferentes aromas, que teñen á venta como forma de financiar o centro e actividade. A experiencia que tivemos foi moi bonita, estivemos no medio da manada de uns 20 exemplares, aprendemos a tratar con burros, e aprendemos que moitas persoas poden mellorar as súas habilidades de todo tipo coa axuda destes animais

Visita ao Palacio da Pena (Sintra)

A. M. Alonso, R. Jiménez | Esta visita tivo lugar no segundo día da saída a Lisboa de Bacharelato. Hai que dicir que tivemos un contratempo, pois pensabamos que o percorrido para chegar ao palacion só duraba cinco minutos a pé, e a nosa sorpresa chegou cando nos comunicou un paisano portugués que o camiño sería de 45 minutos a pé!


Logo dun longo e duro camiño costa arriba chegamos ao fermoso Palacio da Pena, onde puidemos desfrutar libremente das vistas e das instalacións do museo do palacio. Hai que admitir que mereceu a pena o esforzo que fixemos para chegar.